Ein deutsches Requiem
Ein deutsches Requiem, Op. 45 (en galego Un Requiem alemán) é unha grande obra de Johannes Brahms para orquestra, coro e solistas, composta entre 1865 e 1868. Está composta de sete partes e ten unha duración de entre 65 e 80 minutos, o que a converten na obra máis longa do compositor alemán. Ein deutsches Requiem é unha obra sacra, mais non litúrxica, e a diferenza da longa tradición de Réquiems escritos en latín, Ein deutsches Requiem está escrito en lingua alemá.
Historia
[editar | editar a fonte]No seu propio catálogo, Brahms indica unha única etapa de composición do seu Requiem: «Verán de 1866, Zuric e Baden-Baden»[1]. Non obstante, a xénese da obra foi longa, prolongándose dende 1854 ata 1868.
A nai de Brahms morreu en febreiro de 1865, unha perda que provocou nel moita dor e ben puido ter inspirado Ein deutsches Requiem. Os prolongados sentimentos despois da morte de Robert Schumann en xullo de 1856 puideron ser tamén motivacións, aínda que a súa reticencia sobre estes feitos faino incerto.[2]
A súa idea orixinal era a dunha obra de seis movementos; de acordo cos seus lugares eventuais na versión final, estes eran os movementos 1–4 e 6–7.[3] A finais de abril de 1865, Brahms rematara xa o primeiro, segundo e cuarto movementos. O segundo movemento empregaba algo de material musical abandonado que escribira en 1854, o ano do colapso mental e intento de suicidio de Schumann, e o traslado de Brahms a Düsseldorf para axudar a Clara Schumann e os seus fillos pequenos.[2]
Brahms rematou toda a obra agás o que agora é a quinta parte en agosto de 1866.[4] Johann Herbeck dirixiu os tres primeiros movementos en Viena o 1 de decembro de 1867. Esta estrea parcial foi mal dibido a un malentendido coa puntuación da partitura de timbal. As seccións marcadas como pf foron tocadas como f ou ff, afogando ao resto da orquestra na sección fugada do terceiro movemento.[5] A primeira interpretación dos seis movementos foi estreada na Catedral de Bremen seis meses despois no Venres Santo, o 10 de abril de 1868, baixo a dirección do propio compositor e con Julius Stockhausen como barítono solista.[4] A interpretación foi un grande éxito e marcou un punto de inflexión na súa carreira.[2]
En maio de 1868 Brahms compuxo un movemento adicional, que se convertería no quinto movemento na versión final. O novo movemento, que foi escrito para soprano solista e coro, foi cantado por primeira vez o 12 de setembro de 1868 en Zürich por Ida Suter-Weber, baixo a batuta de Friedrich Hegar á fronte da Tonhalle Orchester Zürich. A versión final de sete movementos de Ein deutsches Requiem foi estreada en Leipzig o 18 de febreiro de 1869 pola Gewandhausorchester Leipzig e coro, dirixidos por Carl Reinecke e con Emilie Bellingrath-Wagner e Franz Krükl como solistas.[4] Posteriormente interpretouse por toda Europa, e Brahms comezou a ser considerado como un compositor de importancia.[6]
A partitura foi publicada por Rieter-Biedermann en Leipzig en novembro de 1868.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dun híbrido entre a cantata e o oratorio, onde a sensibilidade está moi próxima á misericordia, a compaixón e o optimismo,[7] o que a afasta do réquiem no sentido litúrxico, así como da Misa de defuntos ou dunha intencionalidade sacra. Neste sentido, Brahms afástase da tradición católica, e se sitúa na órbita das ensinanzas do luteranismo ao seleccionar textos bíblicos que eluden referencias á vida eterna, ao xuízo final ou a un Deus castigador.
Instrumentación
[editar | editar a fonte]Ademais da utilización de coro e soprano e barítono solistas, a partitura de Brahms require da utilización de:
Instrumentación de Ein deutsches Requiem |
Madeiras |
2 frautas, piccolo, 2 óboes,2 clarinetes, 2 fagots e contrafagot (contrafagot ad libitum). |
Metais |
4 trompas, 2 trompetas, 3 trombóns e tuba. |
Percusión |
Timbais. |
Cordas |
16 violíns primeiros, 16 violíns segundos, 12 violas, 12 violonchelos e 8 contrabaixos
arpa (unha parte, preferiblemente dobrada) |
Teclado |
Órgano |
Partes
[editar | editar a fonte]Gravacións de The Holden Consort Orchestra and Choir.
Título | Solo | Tonalidade | Tempo | Compás | Fonte | Tradución |
---|---|---|---|---|---|---|
I | ||||||
Selig sind, die da Leid tragen | Fa Maior | Ziemlich langsam und mit Ausdruck (Moi lento e expresivo) |
Matthew 5:4 | Benaventurados os que soportan o sufrimento | ||
Die mit Tränen säen, werden mit Freuden ernten | D-flat major | Psalm 126:5–6 | Os que sementaron con bágoas, con alegría segarán | |||
Selig sind, die da Leid tragen | Fa Maior | Benaventurados os que soportan o sufrimento | ||||
II | ||||||
Denn alles Fleisch, es ist wie Gras | Si bemol menor | Langsam, marschmäßig (Lento, como unha marcha) | 3/4 | 1 Peter 1:24 | Para toda carne, é como a herba | |
So seid nun geduldig | Sol bemol Maior | Etwas bewegter (Un pouco máis movido) | James 5:7 | Así ser paciente | ||
Denn alles Fleisch, es ist wie Gras | Si bemol menor | Tempo I | Para toda carne, é como a herba | |||
Aber des Herrn Wort bleibet in Ewigkeit | Si bemol Maior | Un poco sostenuto | 1 Peter 1:25 | Mais a palabra do Señor permanece para sempre | ||
Die Erlöseten des Herrn werden wiederkommen | Allegro non troppo | Isaiah 35:10 | Os rescatados do Señor volverán | |||
Freude, ewige Freude | Tranquillo | Alegría, eterna alegría | ||||
III | ||||||
Herr, lehre doch mich | Bar | Re menor | Andante moderato | Psalm 39:4 | Señor, esíname | |
Ach, wie gar nichts | Bar | 3/2 | Psalm 39:5–6 | Ah, como en balde | ||
Ich hoffe auf dich | Re Maior | Psalm 39:7 | A iña esperanza está en ti | |||
Der Gerechten Seelen sind in Gottes Hand | 4/2 | Wis 3:1 | As almas dos xustos están na man de Deus | |||
IV | ||||||
Wie lieblich sind deine Wohnungen | Mi bemol Maior | Mäßig bewegt (Moderadamente movido) | 3/4 | Psalm 84:1,2,4 | Que bonitas son as túas moradas | |
V | ||||||
Ihr habt nun Traurigkeit | Sop | Sol Maior | Langsam (Lento) | John 16:22 | Agora tes tristeza | |
Ich will euch trösten | Isaiah 66:13 | Eu vos consolarei | ||||
Sehet mich an | Sop | Si bemol Maior | Sirach 51:27 | Mírame | ||
Ich will euch trösten | Eu vos consolarei | |||||
Ihr habt nun Traurigkeit | Sop | Agora tes tristeza | ||||
Ich will euch trösten | Sol Maior | Eu vos consolarei | ||||
VI | ||||||
Denn wir haben hie keine bleibende Statt | Dó menor | Andante | Hebrews 13:14 | Porque aquí non temos un lugar duradeiro | ||
Siehe, ich sage euch ein Geheimnis | Bar | Fa díese menor | 1 Cor 15:51–52 | Velaquí, dígovos un misterio | ||
Denn es wird die Posaune schallen | Dó menor | Vivace | 3/4 | 1 Cor 15:52 | Porque a trompeta (literalmente trombón) soará | |
Dann wird erfüllet werden | Bar | 1 Cor 15:54 | Entón será cumprido | |||
Der Tod ist verschlungen in den Sieg | 1 Cor 15:54–55 | A morte ten sido devorada na vitoria | ||||
Herr, du bist würdig | Dó maior | Allegro | 4/2 | Rev 4:11 | Señor, ti es digno | |
VII | ||||||
Selig sind die Toten | F major | Feierlich (Solemne) | Rev 14:13 | Benaventurados os mortos | ||
Ja, der Geist spricht, daß sie ruhen | A major | Si, o espírito di que eles descansan | ||||
Selig sind die Toten | F major | Benaventurados os mortos |
Gravacións
[editar | editar a fonte]Gravacións doutras versións
[editar | editar a fonte]- 2010 Coviello Classics: Simon Halsey (director), Rundfunkchor Berlin (versión para piano a catro mans de Johannes Brahms nun arranxo para coro e solistas), Marlis Petersen (soprano), Konrad Jarnot (barítono), Philip Mayers e Phillip Moll (piano)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Guide de la musique sacrée et chorale profane — de 1750 à nos jours, sld. François-René Tranchefort, Fayard, 1993, páxs. 113-120
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Steinberg, 69. GoogleBooks partial preview Retrieved 1 September 2011.
- ↑ McCorkle, Margot L (1990). Bozarth, George S, ed. Brahms Studies: Analytical and Historical Perspectives. Oxford: Clarendon. pp. 306–307. ISBN 0-19-311922-6.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Steinberg, 68
- ↑ Thuleen, N. "Ein deutsches Requiem: (Mis)conceptions of the Mass." Retrieved 1 September 2011.
- ↑ Cf. Roberto L. Pájares Alonso, Historia de la música en 6 bloques. Bloque 1. Músicos y contexto, Aebius, Madrid, s.f., páx. 351.
- ↑ Cf. José Carlos Carmona, «Más allá del sonido y la muerte», en VV.AA., Símbolos estéticos, Universidad de Sevilla, 2001, páx. 143.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ein deutsches Requiem |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Notas, discografía e libreto (alemán / castelán) en Kareol
- Ein deutsches Requiem coa Orquestra Sinfónica de Galicia e os Coros da OSG e a Generalitat Valenciana baixo a dirección de Jesús López Cobos (en YouTube)