Eixample de Valencia
Aparencia
L'Eixample (en galego: O Ensanche) é o nome que recibe o distrito número 2 da cidade de Valencia. Limita coa Ciutat Vella polo noroeste, Extramurs polo oeste, Quatre Carreres polo sur e Pla del Real polo nordeste.
Está composto por tres barrios: Ruzafa, El Pla del Remei e Gran Vía. Este territorio anexionouse a Valencia en 1877 canda o resto do municipio de Ruzafa.[1] A súa poboación censada no 2009 era de 44.099 habitantes segundo o Concello de Valencia.[2]
Poboación
[editar | editar a fonte]L'Eixample tiña 44.127 habitantes en 2007, distribuídos entre tres barrios:
- Russafa (24.937)
- Pla del Remei (7.071)
- Gran Via: (12.119)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Egea, Alfredo; Mª Luisa Guijarro; Pedro Llopis; Miguel Arráiz; Adolfo Herrero; Amparo Medina; José Mª Herrera; Ángel Zurilla (1987). "Introducción histórica". En Mercedes Alcañiz Moscardó. Pobles del Sud (en valenciano y español) (1ª ed.). Valencia: Ajuntament de València. p. 7.
- ↑ "Districte 02. Eixample" (PDF). Oficina de Estadística: Ayuntamiento de Valencia (en valenciano e español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eixample de Valencia |