Saltar ao contido

Quatre Carreres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Situación do distrito na cidade de Valencia.
Cidade das Artes e as Ciencias.

Quatre Carreres é o nome que recibe o distrito número 10 da cidade de Valencia. Limita con Pla del Real, L'Eixample e Camins al Grau polo norte, con Poblats Marítims ao leste e l'Olivereta, con Jesús ao oeste e cos Pobles del Sud ao sur.

Este territorio anexionouse á cidade en 1877 canda Ruzafa, municipio o que pertencía. O topónimo Quatre Carreres provén das catro vías principais que se dirixían desde Ruzafa.[1] A poboación censada no 2009 era de 75.850 habitantes segundo o concello de Valencia.[2]

Poboación

[editar | editar a fonte]

Quatre Carreres tiña 74.556 habitantes en 2007, distribuídos entre sete barrios:

  • Montolivet (19.969)
  • En Corts (12.229)
  • Malilla (22.762)
  • la Font de Sant Lluís (3.086)
  • Na Rovella (8.825)
  • la Punta (2.123)
  • Ciutat de les Arts i les Ciències (5.562)

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

Neste distrito atópase un dos monumentos máis coñecidos de Valencia, a Cidade das Artes e as Ciencias de Valencia.

  1. Corbín Ferer, Juan-Luis (1995). "Capítulo II". Ruzafa: La bien plantada (3ª ed.). Valencia: Federico Domenech. p. 25-36. ISBN 84-85402-88-X. 
  2. "Districte 10. Quatre Carreres" (PDF). Oficina de Estadística: Ayuntamiento de Valencia (en valenciano e español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]