Saltar ao contido

Eixo do Mal (SIC Notícias)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eixo do Mal
Formato Debate
Desenvolvido por SIC Notícias
Producido por Produções Fictícias
Día(s) de emisión Xoves. Quinta feira
Cadea SIC

O Eixo do Mal é un programa de televisión de opinión política da canle portuguesa de televisión por cable SIC Notícias. Emítese desde 2004.[1]

O Eixo do Mal é unha produción da compañía Produções Fictícias. Tamén estivo dispoñible no portal PFTV. Ten unha duración aproximada de 50 minutos. Até xaneiro de 2019, era emitido orixinalmente ao redor da medianoite de sábado para domingo. A partir dese mes comezou a emitirse orixinalmente os xoves, arredor das 23.00 horas, no momento no que se emitía até entón o programa de debate Quadratura do Círculo, que remataba no primeiro mes de 2019.[2]

Sala de realización da SIC Notícias.

O programa trata sobre a actualidade política, social e cultural portuguesa e internacional.

O título do programa baseouse na designación utilizada por George W. Bush (Axis of Evil) para referirse a países con intereses contrarios aos Estados Unidos de América, supostamente con programas nucleares.[3]

Interveñen na actualidade Clara Ferreira Alves, Daniel Oliveira, Luís Pedro Nunes e Pedro Marques Lopes. José Júdice e Pedro Mexia tamén foron comentaristas habituais do programa.[4]

O actual moderador (2024) é Aurélio Gomes. Nuno Artur Silva moderou o programa desde 2004 até principios de 2015.[5]

  1. CARAS (13 de novembro de 2014). "“Eixo do Mal” celebra 10 anos". Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  2. PÚBLICO (2019-01-22). "“Quadratura do Círculo” muda-se para a TVI24". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2024-07-02. 
  3. "Doutrina Bush: Guerra contra o terrorismo e o "eixo do mal"". educacao.uol.com.br (en portugués brasileiro). Consultado o 2024-07-02. 
  4. "“Quando o Eixo do Mal surgiu a maneira como falávamos em televisão era relativamente nova. Hoje sinto o ímpeto contrário, que é travar”". Expresso (en portugués). 2024-04-05. Consultado o 2024-07-02. 
  5. SAPO. ""Eixo do Mal" tem novo moderador". SAPO Mag (en portugués). Consultado o 2024-07-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]