El Canto del Loco
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
El Canto del Loco | |
---|---|
El Canto del Loco nun concerto en Oviedo | |
Orixe | Algete, Comunidade de Madrid , España |
Período | 2000-2010 |
Xénero(s) | Pop-rock |
Selo(s) discográfico(s) | Sony Music |
Membros | Dani Martín David Otero Chema Ruiz Iván Ganchegui Jandro Velázquez |
Na rede | |
www.elcantodelloco.com | |
El Canto del Loco (tamén abreviado ECDL) foi un grupo de pop-rock español, aínda que os seus membros consideran que algunhas das súas cancións pertencen máis ao xénero power pop.[1]
Foi creado en 1994 por Dani Martín e Iván Ganchegui (que abandonou o grupo en 2002), e anos despois acabaron por seren cinco membros. Influídos por outros grupos españois da década de 1980 e con cinco álbums de estudio, conseguiron vender máis dun millón de copias,[2] converténdose nun dos grupos musicais máis importantes do panorama español do seu momento.[3][4][5] Distinguíase doutross grupos por cancións rítmicas, letras de temática moi identificativas para os mozos e moi divertidas, como La madre de José.
No 2005 gañaron o premio á mellor actuación española nos MTV Europe Music Awards.
En febreiro do 2010 a banda anunciou a súa separación, xa que os seus membros querían seguir as súas carreiras individualmente.
Historia do grupo
[editar | editar a fonte]Orixe
[editar | editar a fonte]As orixes do grupo encóntranse na escola de arte dramática Cristina Rota, onde Dani Martín estudaba desde 1994, cando tiña 18 anos. Alí coñeceu a un rapaz chamado Iván Ganchegui, que tocaba a guitarra, e co que, tras descubriren que ambos os dous compartían os mesmos gustos musicais, montou un grupo. Ambos os dous eran admiradores da banda Radio Futura e sobre todo da súa canción El Canto Del Gallo, o que lles levou a bautizar o grupo como El Canto Del Loco. Durante estes comezos, o grupo, alén dos dous fundadores, incluía a unha rapaza na batería, e a un baixista e a outro guitarrista. Porén, este último abandonou o grupo por falta de tempo, e, o día antes do seu primeiro concerto, David Otero, curmán de Dani, uniuse ao grupo como o seu substituto.
Pouco despois, a batería e o baixista tamén decidiron abandonaren o grupo. En substitución da batería apareceu Jandro Velázquez, un electricista que era fillo duns amigos dos pais de Dani e que este coñeceu nun certame de flamenco. Chema Ruiz, un cántabro que estudaba fisioterapia na universidade de David e que era amigo dun amigo seu, ocupou o posto do baixista. A partir de aí, os cinco compoñentes comezaron a se reunir nunha nave industrial de Algete (Madrid) para ensaiaren e os seus amigos servíanlles de críticos.
Comezos e os primeiros álbums
[editar | editar a fonte]Un ano despois gravaron unha maqueta e comezaron a enviala a distintas discográficas. Con todo, foi o encontro de Dani co produtor Pedro del Moral o que lles deu a súa primeira oportunidade. Este escoitou a maqueta e levouna a discográfica Ariola (actualmente Sony BMG), onde Paco Martín, descubridor doutros grupos coma Radio Futura e Hombres G, escoitouna. Daquela o grupo recibiu unha chamada súa e propúxolles unha proba, na que darían un concerto xunto con outros dous grupos, co obxectivo de que a compañía fichase a un deles. Finalmente e malia que o concerto non foi moi bo, El Canto Del Loco foi o elixido.
O 16 de xuño do 2000 ponse á venda o primeiro álbum de estudio do grupo, producido polo ex cantante do grupo Tequila, Alejo Stivel. Antes de que o devandito álbum fose gravado, propuxéronlles cambiar o nome do grupo por outros como Superratones, Los móvile ou La dulce sonrisa de Lulú; no entanto, eles negáronse e por iso chamaron ó primeiro álbum co nome do grupo, El Canto del Loco.
Coa chegada do produtor Nigel Walker, propúxose un cambio de rumbo dentro do grupo e o segundo disco, titulado A contracorriente e publicado o 1 de marzo do 2002, tivo un estilo máis maduro. Este mesmo ano, El Canto del Loco recibiu o nomeamento ós MTV Europe Music Awards na categoría de Mellor artista español; non obstante, o grupo Amaral foi finalmente o premiado.
Estados de ánimo (2003-2004)
[editar | editar a fonte]Tras o abandono voluntario de Iván Ganchegui, o resto do grupo decidiu coller unhas vacacións; porén, poucos días despois, David e Dani xa tiñan compostas varias cancións que fixeran individualmente e decidiron gravalas con tan só os catro compoñentes que quedaban no grupo. Tras unha espera debido a que outros proxectos de Nigel Walker, que estaba ocupado co novo álbum de La Oreja de Van Gogh, o grupo gravou o novo álbum ó que titularon Estados de ánimo e que se puxo á venda o 26 de maio do 2003.[6]
En agosto dese mesmo ano, a súa canción Pasión, do álbum El canto del loco, foi incluída dentro da banda sonora do filme La fiesta, dos directores Carlos Villaverde e Manu Sanabria e coñecida por ser un dos filmes españois máis baratos (tan só 6.000 euros). En outubro, o grupo acudiu á gravación do álbum Tony Aguilar y amigos, elaborado polo locutor Tony Aguilar -da emisora de radio Los 40 principales-; xunto con moitos outros cantantes, El Canto del Loco colaborou na canción Latido urbano, o single de presentación do álbum e que foi posto á venda en novembro, destinando os seus beneficios á Asociación Española contra o Cancro, máis concretamente, ós hospitais infantís de oncoloxía. Tamén gravaron unha das cancións do álbum soamente con Aguilar, titulada Casi un universo.
A finais do ano, o grupo volveu ser nomeado coma Mellor artista español nos MTV Europe Music Awards e esta vez conseguiu o premio, impoñéndose a outros cantantes como Alejandro Sanz ou La Oreja de Van Gogh.[7]
En xaneiro do 2004, encargáronse de poñer a voz á nova versión da sintonía da serie de televisión 7 vidas, anteriormente interpretada polo cantante Raimundo Amador. No verán participaron nun disco homenaxe a Radio Futura, titulado Arde la calle e no que interpretan a canción Escuela de calor.[8]
Zapatillas (2005-2007)
[editar | editar a fonte]En marzo do 2005, tras faceren unha viaxe cuns amigos á illa de Phi-Phi (Tailandia) e ollaren as consecuencias do tsunami acontecido o 26 de decembro do ano anterior e que arrasou a costa de moitos países que arrodean o océano Índico, David Otero decidiu poñer en marcha xunto con outros artistas un proxecto ó que chamaron Kuarkx e cuxo obxectivo era recadar fondos para os afectados polo desastre. Otero, coa axuda do seu curmán Dani, compuxo o tema Despiértame e colgouno en Internet para que puidese ser descargado por un prezo de 1,15 euros. Máis tarde, durante a gravación do novo álbum, El Canto del Loco decidiu incluíla tamén nel, destinando sempre a súa parte proporcional dos beneficios xerados polo álbum a mesma causa. O 21 de xuño publicouse o devandito álbum co nome de Zapatillas.
En setembro, o grupo publicou o seu primeiro álbum fóra da España. Dirixido ós Estados Unidos e Latinoamérica e co título de 12 estados de ánimo, está composto por un recompilatorio das mellores cancións dos seus tres discos publicados en España. Este mesmo mes, os usuarios da páxina web mtv.es elixiron por terceira vez El Canto del Loco coma candidato ós MTV Europe Music Awards na categoría de Mellor artista español; o grupo acabou conseguindo o seu segundo premio na gala celebrada en novembro en Lisboa.
En xullo do 2006, mentres facían unha xira conxunta con Hombres G, publicaron un recompilatorio dos seus concertos nas salas Caracol (Madrid), Bikini (Barcelona) e Oasis (Zaragoza), o que titularon Pequeños grandes directos e do que tan só se lanzaron 50.000 copias.
Tras finalizaren unha xira do álbum Zapatillas e ante a participación de Dani Martín no filme do director Bigas Lunas, Yo soy la Juani, algúns medios comezaron a estender murmuracións verbo dunha posible separación. Non obstante, o grupo negouno todo e limitouse a dicir que tras unhas longas vacacións volverían cun novo traballo.
No 2007, Dani e David, xunto co representante de El Canto del Loco, Carlos Vázquez, crearon a discográfica El Manicomio Records, que contou co apoio da multinacional Sony BMG, e encargáronse do álbum debut do grupo Sin Rumbo.
Personas (2008)
[editar | editar a fonte]A gravación do novo álbum comezou en outubro do 2007 e non finalizou ata febreiro do 2008. O 1 de abril púxose á venda o devandito álbum, so o nome Personas, e con el, El Canto del Loco anunciou unha xira que durará ata finais do ano 2009, cos seus apadriñados, o grupo ''Sin Rumbo'', e o cantante Lucas Masciano coma abreconcertos.
O 12 de xuño do 2008, Jandro anunciou a súa decisión de abandonar o grupo por motivos persoais. A pesar disto, o grupo confirmou que a xira do álbum Personas non se verá afectada e continuará cun novo batería, Carlos Gamón, que xa antes tocara co grupo Amaral e a solista Najwa Nimri.
O 28 de xuño, o grupo interveu no festival Rock in Río, celebrado por primeira vez na España, máis concretamente en Arganda del Rey, Madrid, recibindo comentarios bastante negativos por parte dos críticos, aínda que non polos fans.
De personas a personas (2008) foi creado após o disco de Personas.
Separación
[editar | editar a fonte]O grupo separouse en 2010, xa que o cantante Dani Martín e David Otero comezaron as súas carreiras en solitario. En cambio, o baixista Chema Ruiz, entrou no grupo Belgrado.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]El Canto del loco foi merecedor dos premios musicais MTV Europeo, Ondas e Premio da Música.
- Nomeados na VI edición dos Premios Amigo nas categorías de "Mellor Grupo Nacional" e "Grupo Revelación Español", no 2002, que foron para o grupo Estopa.
- Nomeados na IX edición dos MTV Europe Music Awards na categoría de 'Mellor Grupo Español", en 2002. O premio foi concedido a Amaral.
- Gañadores na X edición dos MTV Europe Music Awards na categoría de "Mellor Grupo Español", en 2003, en Edimburgo.
- Gañadores do Premio Ondas Especial do Xurado 2004 na categoría de "Mellor Grupo en Directo": Pola gran capacidade de conexión cun público que encheu máis de 200 concertos nos dous últimos anos. O premio foi entregado por Iñaki Gabilondo e Gemma Nierga.
- Gañadores do seu 2º premio MTV Europe Music Awards na categoría de "Mellor Grupo Español", en 2005, en Lisboa.
- Gañadores do Premio Ondas 2005, por segundo ano consecutivo. Esta vez na categoría de "Mellor Grupo Español" por Converterse nun fenómeno de masas como había tempo que non se vivía na música española. O premio foilles entregado por Carles Francino e Àngels Barceló.
- Gañadores de dous Premios da Música no 2006 como "Mellor Grupo" e "Mellor Xira" polos concertos realizados xunto a Hombres G, que compartiron con eles este premio.
- De todos os membros do grupo é coñecida a presenza dunha figura que lles leva acompañando desde os seus comezos alá polo ano 2000. Con presenza en máis de 50 concertos de El Canto del Loco, Fernando Lorente foi nomeado polo grupo "O 5º da banda". Pola súa entrega o público concedéuselles en 2005 o premio os "Modelos da Mocidade" outorgado pola Fundación Bip-Bip en Madrid.
- Premiados con 3 Premios Principais (2006): mellor grupo nacional, mellor xira nacional (Xira Zapatillas '06) e mellor canción nacional (Volverá).
Discografía
[editar | editar a fonte]Discos
[editar | editar a fonte]- El Canto Del Loco - 2000.
- A contracorriente - 2002.
- Estados de Ánimo - 2003.
- El Canto Del Loco en Directo - 2003.
- Directo Sala Bikini 30-12-2003 - 2004.
- Zapatillas - 2005.
- Arriba el telón - 2007.
- Personas - 2008. Reeditado o mesmo ano como De personas a personas.
- Radio La Colifata presenta: El Canto del Loco - 2009
- Por mí y por todos mis compañeros - 2009. Álbum tributo
Presentacións en vivo
[editar | editar a fonte]- En Directo: Sala Caracol (Madrid) (2003).
- En Directo: Sala Bikini (Barcelona) (2003).
- En Directo: Hombres G e El Canto del Loco desde o Vicente Calderón (Madrid) (2005) (DVD).
- En Directo: Pequeños-Grandes Directos (Salas Bikini, Caracol e Oasis) o 4 de xullo de 2006) (3 CDs e 3 DVDs).
- En Directo: Sala Oasis (Zaragoza) o 11 de xullo de 2006.
- En Directo: Episodio I (recompilación dos concertos da Praza de touros de Las Ventas en xullo de 2006).
Singles
[editar | editar a fonte]- 2000 "Pequeñita" >> #8 SP
- 2000 "Llueve En Mí"
- 2001 "Eres Un Canalla" >> #7 SP
- 2001 "Y Si El Miedo"
- 2001 "Vivir Así Es Morir De Amor"
- 2002 "Son Sueños" >> #1 SP
- 2002 "Puede Ser (con Amaia Montero)" >> #1 SP
- 2002 "A Contracorriente" >> #1 SP
- 2002 "Crash"
- 2002 "Contigo"
- 2003 "La Madre De José" >> #1 SP
- 2003 "Volver A Disfrutar" >> #1 SP
- 2003 "Ya Nada Volverá A Ser Como Antes" >> #1 SP
- 2004 "Insoportable" >> #1 SP
- 2004 "No Voy A Parar" >> #2 SP
- 2004 "Una Foto En Blanco y Negro" >> #1 SP
- 2004 "Despiértame"
- 2005 "Zapatillas" >> #1 SP
- 2005 "Volverá" >> #1 SP
- 2006 "Besos" >> #1 SP Dedicada a Gorka Altieri
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Canto del Loco - Disco". elcantodelloco.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2007. Consultado o 15 de abril de 2008.
- ↑ Ruíz, Cristina (27 de marzo de 2008). "El Canto del Loco enseña cuerpo y alma en Personas, su nuevo álbum de estudio". El Mundo (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2008.
- ↑ Pedrosa, M.J. "El Canto del Loco revoluciona al público en el Teatro de El Ejido". Diario Ideal. Consultado o 19 de abril de 2008.
- ↑ De la Rúa, Álvaro; Herrero, Nacho (4 de abril de 2008). "El Canto del Loco: «La ideología de nuestro sello es no hacer todo lo malo que nos han hecho»". Los 40 principales. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2008. Consultado o 19 de abril de 2008.
- ↑ Blánquez, Javier (11 de abril de 2008). "Anatomía de una gira". El Mundo (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2008.
- ↑ El Canto del Loco perfecciona o seu pop fresco e sólido con Estados de ánimo, o seu terceiro disco
- ↑ Timberlake arrasa nos premios MTV, presentados por unha explosiva Christina Aguilera
- ↑ Artistas españois e latinos renden pleitesía a Radio Futura no álbum Arde la calle Arquivado 19 de xuño de 2008 en Wayback Machine..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Música |