Saltar ao contido

El Eco de Puente-Caldelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Eco de Puente-Caldelas

Editar o valor en Wikidata
LocalidadePonte Caldelas
Na rede
Galiciana: 2754
editar datos en Wikidata ]

El Eco de Puente-Caldelas foi un semanario editado en Ponte Caldelas entre 1910 e 1914.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario independiente, apareceu o 1 de novembro de 1910.[1] Estaba dirixido por Segundo Fernández Orge. O administrador foi Amadeo Rodríguez Malvar até 1913. Entre os seus colaboradores estivo Enrique Segovia. Pasou por dúas tendencias ben definidas segundo as súas distintas etapas. Tivo unha primeira época (de 1911 a 1912) de liña agrarista, e unha segunda (de 1913 a 1914) na que o director renegou da primeira e o periódico pasou a ser un órgano caciquil. Como consecuencia deste cambio, apareceu o semanario La Voz de Puente-Caldelas que continuou a liña da primeira etapa de El Eco. A literatura mantivo gran presenza, destacando Valle Inclán. Na sección Lira gallega apareceron textos de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Francisco Cabo Pastor, Fortunato Cruces, Valentín Lamas Carvajal, Gonzalo López Abente, Aureliano J. Pereira, José Posada Rodríguez e José Rey González. Publicou un relato de Manuel Lugrís Freire e contos asinados cos pseudónimos de Fray Amadeo, Chuco de Canedo (Avelino Rodríguez Elías), El Cantor del Catadoiro, O Mensaxeiro das Montañas e Xan de Ningures (posiblemente tamén de Avelino Rodríguez Elías). Cesou a súa publicación co número 187, o 31 de maio de 1914.

  1. "El Eco de Puentecaldelas", La Correspondencia Gallega, 6-10-1910, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]