Saltar ao contido

Elastica (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Elastica
Álbum de Elastica
Publicado14 de marzo de 1995
Gravación1994
Estudio(s)Konk, Londres
Duración38:08
Xénero(s)britpop, punk rock
Selo(s)Deceptive Records (Reino Unido)
Geffen Records (Estados Unidos)
ProdutorMarc Waterman, Elastica
Cronoloxía
- Elastica 6 Track EP
(1999)
Na rede
Spotify: 2Eu3dJJYgcbzrhp0zyRBZz Discogs: 91194 Allmusic: mw0000124299 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Elastica é o álbum de estrea da banda inglesa de rock alternativo do mesmo nome. Foi editado o día 14 de marzo de 1995 a través do selo Deceptive Records no Reino Unido e a través de DCG/Geffen Records internacionalmente.[1] O disco foi nomeado ao Mercury Music Prize.[2] Trátase do seu único álbum en contar coa formación orixinal.

Elastica alcanzou o número un na lista de álbums do Reino Unido,[3] converténdose, nese momento, no debut máis vendido dende Definitely Maybe de Oasis o ano anterior.[4][5] O disco tamén vendeu ben nos Estados Unidos, chegando ao número 66 da Billboard 200 despois de 11 semanas na lista.[6] Dous meses despois do seu lanzamento, vendera máis de 59 000 unidades nos Estados Unidos segundo Nielsen Soundscan.[1] A finais de 1995 vendera aproximadamente 1 millón de copias en todo o mundo segundo Billboard.[7] Ao redor da metade destas vendas realizáronse en Estados Unidos, onde o disco foi certificado ouro en decembro de 1995.[8] En abril de 2000 Deceptive estimou que as vendas no Reino Unido eran dunhas 270 000 copias.[9]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Line Up"  Frischmann, Elastica 3:15
2. "Annie"  Matthews, Jane Oliver, Elastica 1:15
3. "Connection"  Frischmann, Elastica 2:22
4. "Car Song"  Frischmann, Elastica 2:24
5. "Smile"  Frischmann, Matthews, Elastica 1:40
6. "Hold Me Now"  Frischmann, Matthews, Elastica 2:33
7. "S.O.F.T."  Frischmann, Elastica 3:59
8. "Indian Song"  Frischmann, Elastica 2:48
9. "Blue"  Matthews, Elastica 2:23
10. "All-Nighter"  Frischmann, Elastica 1:31
11. "Waking Up"  The Stranglers, Frischmann, Elastica 3:16
12. "2:1"  Matthews, Elastica 2:31
13. "Vaseline"  Frischmann, Elastica 1:20
14. "Never Here"  Frischmann, Elastica 4:27
15. "Stutter"  Frischmann, Elastica 2:23
  • "Stutter" - 1993
  • "Line Up" - 1994
  • "Connection" - 1994
  • "Waking up" - 1994
  • "Car Song" - 1995
  1. 1,0 1,1 "Elastica's DGC Set Connects with Fans". Billboard. 20 de maio de 1995
  2. Leaver, Anthony. "BBC - Music - Review of Elastica - Elastica". www.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 2024-08-26. 
  3. "Elastica". Official Charts (en inglés). 1995-03-25. Consultado o 2024-08-26. 
  4. "Elastica - Artist Profile - Stylus Magazine". web.archive.org. 2012-06-26. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 2024-08-26. 
  5. "Elastica Biography: Contemporary Musicians". web.archive.org. 2008-11-04. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2008. Consultado o 2024-08-26. 
  6. "Billboard 200". Billboard. Vol. 107, no. 23. 10 de xuño de 1995. p. 84
  7. "Brits Around The World". Billboard. Vol. 108, no. 7. 17 Febreiro de 1996. p. 58
  8. "Gold & Platinum". RIAA (en inglés). Consultado o 2024-08-26. 
  9. Sexton, Paul (1 de abril de 2000). "Elastica bounces back with 2nd set". Billboard. Vol. 112, no. 14. p. 14