Eleccións ao Parlamento de Galicia
As eleccións ao Parlamento de Galicia son as eleccións autonómicas nas que os cidadáns de Galicia elixen os membros do Parlamento de Galicia. O Parlamento de Galicia está composto por setenta e cinco parlamentarios. As últimas eleccións ao Parlamento de Galicia celebráronse en 2024.
Sistema electoral
[editar | editar a fonte]O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 estabelece que os membros do Parlamento de Galicia son elixidos mediante sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto.[1] Tamén estabelece que o Parlamento debe estar composto por un mínimo de sesenta deputados e un máximo de oitenta.[2] A Lei Electoral de Galicia estabelece a súa composición en setenta e cinco deputados.[3] Os parlamentarios elíxense mediante escrutinio proporcional plurinominal con listas pechadas en cada circunscrición electoral.
As circunscricións electorais do Parlamento de Galicia correspóndense coas catro provincias galegas.[1] A cada provincia correspóndelle un mínimo inicial de dez deputados. Os trinta e cinco deputados restantes distribúense entre as provincias en proporción á súa poboación.[3] Así, nas eleccións de 2016 a repartición foi o seguinte: 25 deputados á Coruña, 14 a Lugo, 14 a Ourense e 22 a Pontevedra.[4] A asignación de escanos ás listas electorais faise mediante o método D'Hondt.[5] A barreira electoral é do 5% dos votos válidos da circunscrición.[5]
Dende a reforma da LOREG de 2007, nas eleccións autonómicas de todas as comunidades autónomas as candidaturas deben presentar listas electorais cunha composición equilibrada de homes e mulleres, de forma que cada sexo supoña cando menos o 40% da lista.[6] Esta reforma foi recorrida polo Grupo Parlamentario Popular do Congreso dos Deputados perante o Tribunal Constitucional, que en 2008 concluíu que a reforma si era constitucional.[7]
Resultados
[editar | editar a fonte]Ano | Parlamento | Escanos | Circunscricións | Gañadores por provincia | ||
---|---|---|---|---|---|---|
1981 | AP | 26 | ||||
UCD | 24 | |||||
PSdeG | 16 | |||||
BNG-BN-PG-PSG | 3 | |||||
EG | 1 | |||||
PCG | 1 | |||||
1985 | CP | 34 | ||||
PSdeG | 22 | |||||
CG | 11 | |||||
PSG-EG | 3 | |||||
BNG | 1 | |||||
1989 | PPdeG | 38 | ||||
PSdeG | 28 | |||||
BNG | 5 | |||||
PSG-EG | 2 | |||||
CG | 2 | |||||
1993 | PPdeG | 43 | ||||
PSdeG | 19 | |||||
BNG | 13 | |||||
1997 | PPdeG | 42 | ||||
BNG | 18 | |||||
PSdeG | 15 | |||||
2001 | PPdeG | 41 | ||||
BNG | 17 | |||||
PSdeG | 17 | |||||
2005 | PPdeG | 37 | ||||
PSdeG | 25 | |||||
BNG | 13 | |||||
2009 | PPdeG | 38 | ||||
PSdeG | 25 | |||||
BNG | 12 | |||||
2012 | PPdeG | 41 | ||||
PSdeG | 18 | |||||
AGE | 9 | |||||
BNG | 7 | |||||
2016 | PPdeG | 41 | ||||
En Marea | 14 | |||||
PSdeG | 14 | |||||
BNG | 6 | |||||
2020 | PPdeG | 42 | ||||
BNG | 19 | |||||
PSdeG | 14 | |||||
2024 | PPdeG | 40 | ||||
BNG | 25 | |||||
PSdeG | 9 | |||||
DO | 1 |
Composición do Parlamento de Galicia
[editar | editar a fonte]No Parlamento de Galicia sentan 75 deputados e deputadas (71 nas dúas primeiras lexislaturas). A maioría absoluta son 38 deputados e deputadas (36 nas dúas primeiras lexislaturas).
I lexislatura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 1981.
Eleccións celebradas o: 20 de outubro de 1981
Resultados:
- Alianza Popular (AP): 26 deputados.
- Unión de Centro Democrático (UCD): 24 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 16 deputados.
- Coalición Electoral Bloque Nacional Popular Galego - Partido Socialista Galego (BNPG-PSG): 3 deputados.
- Esquerda Galega (EG): 1 deputado.
- Partido Comunista de Galicia (PCG): 1 deputado.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Antonio Rosón Pérez (UCD)
- Vicepresidencia 1.º: Pablo Moure Mariño (AP)
- Vicepresidencia 2.º: Francisco González Amadiós (PSdeG-PSOE)
- Secretaría: Pablo González Mariñas (ata o 21/10/82) (UCD)
- Secretaría: Antonio Olives Quintás (dende o 21/10/82) (UCD)
- Vicesecretaría: Mariano Rajoy (ata o 22/09/82) (AP)
- Vicesecretaría: Antonio Varela Álvarez (dende o 22/09/82) (AP)
II lexislatura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 1985.
Eleccións celebradas o: 24 de novembro de 1985
Resultados:
- Alianza Popular (AP): 34 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 22 deputados.
- Coalición Galega (CG): 11 deputados.
- Partido Socialista Galego - Esquerda Galega (PSG-EG): 3 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 1 deputado.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Antonio Rosón Pérez (ata o 13/5/86) (AP)
- Presidencia: Tomás Pérez Vidal (dende o 13/5/86) (AP)
- Vicepresidencia 1.º: Tomás Pérez Vidal (ata o 13/5/86) (AP)
- Vicepresidencia 1.º: Luis Cordeiro Rodríguez (dende o 13/5/86) (CG)
- Vicepresidencia 2.º: Francisco González Amadiós (PSdeG-PSOE)
- Secretaría: Manuel Núñez Carreira (AP)
- Vicesecretaría: Pablo Ángel Sande García (ata o 9/5/89) (PSdeG-PSOE)
- Vicesecretaría: José Federico Nogueira Fernández (dende o 9/5/89) (PSdeG-PSOE)
III lexislatura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 1989.
Eleccións celebradas o: 17 de decembro de 1989
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdeG): 38 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 28 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 5 deputados.
- Coalición Galega (CG): 2 deputados.
- Partido Socialista Galego - Esquerda Galega (PSG-EG): 2 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Vitorino Núñez Rodríguez (PPdeG)
- Vicepresidencia 1.º: José María García Leira (PPdeG)
- Vicepresidencia 2.º: Antonio Carro Fernández-Valmayor (PSdeG-PSOE)
- Secretaría: Tomás Iribarren Fernández-Rogina (PPdeG)
- Vicesecretaría: José Federico Nogueira Fernández (PSdeG-PSOE)
IV lexislatura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 1993.
Eleccións celebradas o: 17 de outubro de 1993
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdeG): 43 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 19 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 13 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Vitorino Núñez Rodríguez (PPdeG)
- Vicepresidencia 1.º: José María García Leira (PPdeG)
- Vicepresidencia 2.º: Miguel Ángel Cortizo Nieto (PSdeG-PSOE)
- Secretaría: Tomás Iribarren Fernández-Rogina (ata o 2/10/96) (PPdeG)
- Secretaría: Fernando González Suárez (dende o 2/10/96) (PPdeG)
- Vicesecretaría: Bautista Álvarez Domínguez (BNG)
V lexislatura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 1997.
Eleccións celebradas o: 19 de outubro de 1997
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdeG): 42 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 18 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 13 deputados.
- Esquerda Unida (EU): 2 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: José María García Leira (PPdeG)
- Vicepresidencia 1.º: Celso Delgado Arce (ata o 28/3/00) (PPdeG)
- Vicepresidencia 1.º: Miguel Ángel Santalices Vieira (dende o 28/3/00) (PPdeG)
- Vicepresidencia 2.º: Bautista Álvarez Domínguez (BNG)
- Secretaría: Juan Pedrosa Vicente (PPdeG)
- Vicesecretaría: Miguel Ángel Cortizo Nieto (PSdeG-PSOE)
VI lexislatura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 2001.
Eleccións celebradas o: 21 de outubro de 2001
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdeG): 41 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 17 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 17 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: José María García Leira (PPdeG)
- Vicepresidencia 1.ª: Inmaculada Rodríguez Cuervo (PPdeG)
- Vicepresidencia 2.ª: Salomé Álvarez Blanco (BNG)
- Secretaría: Juan Pedrosa Vicente (PPdeG)
- Vicesecretaría: Dolores Villarino Santiago (PSdeG-PSOE)
VII lexislatura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005.
Eleccións celebradas o: 19 de xuño de 2005
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdeG): 37 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 25 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 13 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Dolores Villarino Santiago (PSdeG-PSOE)
- Vicepresidencia 1.ª: María Tareixa Paz Franco (BNG)
- Vicepresidencia 2.ª: Jaime Alberto Pita Varela (PP)
- Secretaría: Pablo Xabier López Vidal (PSdeG-PSOE)
- Vicesecretaría: José Manuel Baltar Blanco (PP)
VIII lexislatura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009.
Eleccións celebradas o: 1 de marzo de 2009
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdeG): 38 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 25 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 12 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Pilar Rojo Noguera (PP)
- Vicepresidencia 1.ª: Miguel Santalices Vieira (PP)
- Vicepresidencia 2.ª: Francisco Cerviño González (PSdeG)
- Secretaría: José Manuel Balseiro (PP)
- Vicesecretaría: Carme Adán Villamarín (BNG)
IX lexislatura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012.
Eleccións celebradas o: 21 de outubro de 2012
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdG): 41 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 18 deputados.
- Alternativa Galega de Esquerda (AGE): 9 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 7 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Pilar Rojo Noguera (PPdeG)
- Vicepresidencia 1º: Miguel Santalices Vieira (PPdeG)
- Vicepresidencia 2ª: Marisol Soneira Tajes (PSdeG)
- Secretaría: José Manuel Balseiro Orol (PPdeG)
- Vicesecretaría: Concepción Burgo López (PSdG)
X lexislatura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016.
Eleccións celebradas o: 25 de setembro de 2016
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdG): 41 deputados.
- En Marea (EM): 14 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 14 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 6 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Miguel Santalices Vieira (PPdeG)
- Vicepresidencia 1ª: Diego Calvo Pouso (PPdeG)
- Vicepresidencia 2ª: Eva Solla Fernández (En Marea)
- Secretaría: Raquel Arias Rodríguez (PPdeG)
- Vicesecretaría: Concepción Burgo López (PSdG)
XI lexislatura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.
Eleccións celebradas o: 12 de xullo de 2020
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdG): 42 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 19 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG): 14 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Miguel Ángel Santalices Vieira (PPdeG)
- Vicepresidencia 1.ª: Diego Calvo Pouso (PPdeG)
- Vicepresidencia 2.ª: Montserrat Prado Cores (BNG)
- Secretaría: María Corina Porro Martínez (PPdeG)
- Vicesecretaría: Marina Ortega Otero (PSdeG)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Xefatura do Estado 1981, art. 11.
- ↑ Xefatura do Estado 2007, art. 11.
- ↑ 3,0 3,1 Comunidade Autónoma de Galicia 1985, art. 9.
- ↑ "Decreto convocatoria electoral" (PDF). DOG. 1 de agosto de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 Comunidade Autónoma de Galicia 1985, art. 10.
- ↑ Xefatura do Estado 1985, art. 44 bis.
- ↑ Oliver Araujo 2011, pp. 347-352.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Xefatura do Estado (19 de xuño de 1985). "Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General". Boletín Oficial del Estado (núm. 147, de 20 de xuño de 1985). ISSN 0212-033X. BOE-A-1985-11672. Texto consolidado. Última modificación: 31 de marzo de 2015.
- Xefatura do Estado (28 de abril de 1981). "Ley Orgánica 1/1981, de 6 de abril, de Estatuto de Autonomía para Galicia". Boletín Oficial del Estado (núm. 101, de 28 de abril de 1981). ISSN 0212-033X. BOE-A-1981-9564.
- Comunidad Autónoma de Galicia (16 de outubro de 1985). "Ley 8/1985, de 13 de agosto, de elecciones al Parlamento de Galicia". Boletín Oficial del Estado (núm. 248, de 16 de outubro de 1985). ISSN 0212-033X. BOE-A-1985-21380.
- Oliver Araujo, Joan (2011). Los sistemas electorales autonómicos (PDF). Generalitat de Catalunya. Institut d’Estudis Autonòmics. ISBN 978-84-393-8793-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Parlamento de Galicia Arquivado 15 de febreiro de 2024 en Wayback Machine.