Esta será a primeira elección desde 1990 na que o sistema electoral non incluirá o sistema de escanos extra, logo da derogación de 2016 da representación semiproporcional.
A República Helénica conta cun Parlamento unicameral, tamén chamado "Voulí", composto por 300 escanos cubertos durante catro anos mediante votación proporcional plurinominal con listas abertas e cun limiar electoral do 3% en 59 circunscricións electorais. Unha delas, abrangue todo o paíse e representa doce escanos, mentres que as demais circunscricións mandan entre 1 e 18 escanos por circunscrición, segundo as súas poboacións. Sete, delas, tan só aportan un escano. O sistema de votación nestas, polo tanto, de facto, maioría uninominal a unha volta.[2]
Ao seren listas abertas, os electores teñen a posibilidade de realizar un voto preferente a un máximo de catro candidatos da lista pola que votan.[3] Unha vez realizado o escrutinio, os 243 escanos proporcionais repártense segundo o método de Hagenbach-Bischoff entre tódalas listas que superan o limiar do 3% dos votos válidos e e os candidatos que obtiveron o maior número de votos en cada unha das listas, terán un escano con carácter prioritario.[2]
A idade mínima para presentarse ao Parlamento é de 25 anos e o voto é obrigatorio para tódolos electores menores de 70 anos, cunha pena de prisión teórica que vai dun mes a un ano, sendo o rexistro de votantes automático.[4] Así e todo, aínda nunxa se levou a cabo esa disposición punitiva.[5] Desde 2019, a idade para ter dereito a voto é de dezasete anos.
Estas son as primeiras eleccións lexislativas que non inclúen bonificación maioritaria desde as eleccións de 1990. Esta bonificación asignaba 50 escanos ao partido que vencía, distribuíndose os outros 250 proporcionalmente. Representando o 16,7% do total de escanos permitía, teoricamente, que un partido obtivese a maioría absoluta cando obtivese polo menos o 40,4% dos votos. Non obstante, esta cifra diminuíu cando moitos partidos non superaban o limiar electoral do 3%. Así, durante as eleccións de maio de 2012, sete partidos de trinta e dous traspasaron o limiar, o que tivo como efecto rebaixar a cota mínima de votos para acadar a maioría absolluta ata o 32,8%.
A bonificación maioritaria quedou suprimida pola reforma da lei electoral de xullo de 2016, nunha lexislatura na que SYRIZA tivera maioría. Isto debeuse a unha disposición constitucional sobre as emendas á lei electoral: necesítábase unha maioría de dous terzos (200 o máis votos do Vouli) para que a lei entrase en vigor de inmediato e, a falta de tal maioría cualificada, xorde unha lei electoral. Entrará en vigor só na seguinte elección. A lei de SYRIZA de 2016 era un regreso á representación proporcional simple na que os 300 escanos son elixidos por representación proporcional plen e se abandonaba o bono con prima de maioría de 50 escanos vixente dende 1990 (aínda que os límites se modificaron co tempo). Porén, como a lei non conseguiu a maioría cualificada necesaria de dous terzos, só se aplicou a partir da seguinte lexislatura, polo que non entrou en vigor para as eleccións de 2019, senón para as eleccións de 2023.[6]
En xaneiro de 2020, pouco despois de regresar ao poder, Nova Democracia, que sempre fora partidario dos bonos maioritarios dende 1974, aprobou unha nova lei electoral para restablecelos, aínda que baixo unha fórmula moi diferente. A lista do partido que gañase recibía 20 escanos adicionais (antes 50), a condición de que obtivese máis dos 25% dos votos emitidos. A bonificación é de 20 escanos máis 1 escano en incrementos do 0,5% por encima do 25% dos votos, ata un máximo de 50 escanos para un total do 40% dos votos. Os restantes escanos variables repártense proporcionalmente para que o total sexa sempre de 300. Mais, como esta lei, tampouco logrou como a anterior obter os votos de 200 deputados sobre 300, non se aplicará nas eleccións lexislativas de 2023 que, polo tanto, teñen lugar cun sistema proporcional integral, senón nas seguintes. É dicir, nas de 2027 a máis tardar).[7]