Elena Odriozola
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1967 (57 anos) Donostia, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Ilustración |
Ocupación | Ilustradora |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Iedereen Leest (en) |
Sitio web | elenaodriozola.blogspot.com.es |
Elena Odriozola Belástegui, nada en Donostia, o 27 de novembro de 1967, é unha ilustradora vasca de grande proxección internacional e con diversos galardóns, entre eles o Premio Euskadi de Literatura na categoría de ilustración (2009, 2013), Premio Nacional de Ilustración (2015) e a Mazá de Ouro da Bienal de Ilustración de Bratislava (2015). [1] [2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada nunha familia de artistas, comezou o seu interese pola pintura aos trece anos e máis tarde estudou Arte e Decoración. Comezou a súa carreira profesional nunha axencia de publicidade en 1989 e en 1995 publicou o seu primeiro libro ilustrado, Agure jakagorria do autor Jesús Mari Olaizola "Txiliku".[3] Ao longo da súa traxectoria ten ilustrado máis de cen títulos, utilizando principalmente a técnica acrílica, lapis e goma, papel sumi-e e cortador.[4]
Entre os seus autores de referencia están, entre outros, Nathalie Parain, Wolf Erlbruch, Sempé, Arthur Rackham, Lisbeth Zwerger e Czechka.[4]
Ilustración e deseño
[editar | editar a fonte]Na súa obra ilustrada traballou especialmente con autores, maiormente vascos como Mariasun Landa, Arantxa Iturbe, Juan Kruz Igerabide, Anjel Lertxundi, Felipe Juaristi ou Patxi Zubizarreta, acadando con estes autores unha sensibilidade e un estilo común. Ademais da súa obra en éuscaro, ilustrou a obra de autores en castelán, catalán e inglés.
Tamén colaborou en obras publicadas en galego, como Oda a unha estrela (2009) publicado por Kalandraka Editora, onde ilustra un texto de Pablo Neruda, traducido por Xosé Ballesteros Rei; Un segredo do bosque (2008), Tres irmás ladroas (2007) e A princesa que bocexaba a todas horas (2005), publicados por OQO, e Furia (2007), publicada por Baía Edicións.[5]
Ten deseñado tamén logotipos e carteis para diversos eventos [6][7][8] e as etiquetas da colección 7 cepas, en homenaxe a autores como Virginia Woolf, Rubén Darío, Verne, Cervantes, Lorca, Baudelaire, Quevedo ou Stevenson.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Odriozola, Elena (2015). "Bienal de ilustración de Bratislava"" (en castelán). OEPLI. Consultado o 29 de agosto de 2016.
- ↑ File:Frankenstein (Nórdica, 2013).jpg
- ↑ Odriozola, Elena (2007). "Elena Odriozola" (97): 87–88.
- ↑ 4,0 4,1 "Elena Odriozola" (16). 2016: 42–47.
- ↑ "Elena Odriozola". www.culturagalega.org. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2023. Consultado o 08 de agosto de 2023.
- ↑ Odriozola, Elena (2016). ""77ªedición de la Quincena Musical de Donostia.(2016)"" (PDF) (en castelán). Quincena Musical de San Sebastián. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de novembro de 2018. Consultado o 29 de agosto de 2016.
- ↑ Levante-EMV. "La ilustradora Elena Odriozola crea el cartel de la Fira del Llibre" (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2020.
- ↑ Martínez, Borja (2017). "Biblioteca del Vino: bodega de la literatura" (outubro, 2017, 286): p.38–39. ISSN 1130-7676.
- ↑ Odriozola, Elena (2017). ""7 cepas.(2017)"" (en castelán). Pencil Ilustradores. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2017. Consultado o 14 de outubro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial de Elena Odriozola [1]
- Pencil ilustradores
- Asociación Galtzagorri: Elena Odriozola
- Vídeo de Elena Odriozola na Euskal Telebista. [https://web.archive.org/web/20160919212108/https://vimeo.com/11244919] Arquivado.