Eliseo Loriga Parra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1869 A Coruña, España |
Morte | 16 de novembro de 1959 (89/90 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Joaquín Loriga |
Eliseo Loriga Parra, III conde do Grove, nado na Coruña en 1869 e finado en Madrid o 16 de novembro de 1959,[1] foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Joaquín Loriga Taboada e irmán de Josefa Loriga Parra. Capitán de artillaría e profesor da Escola Nacional de Tiro. En 1906 foi nomeado mordomo de semana de S. M. el Rei. Foi profesor do príncipe de Asturias. A finais de 1926 foi destinado como coronel de artillaría ao terceiro rexemento de Montaña da gornición da Coruña. En 1928 foi nomeado director do Colexio de Orfos de Santa Bárbara. Ascendeu a xeneral de brigada a principios de 1931,[2] e pouco despois foi nomeado director da Escola Central de Tiro. Pasou á segunda reserva en 1935 por ter alcanzado a idade. Instalado en Madrid, foi declarado sospeitoso de desafección ao réxime republicano, polo que estivo preso no cárcere de San Antón dende agosto de 1936 ata maio de 1937, cando foi declarado inocente e liberado. Ao rematar a guerra foi nomeado gobernador militar de Biscaia, cesando o 23 de xaneiro de 1942.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou no pazo de Liñares con Esperanza Taboada Bugallo, filla de Carlos Taboada Rada, o 8 de setembro de 1892, e foi pai de Araceli e Joaquín Loriga Taboada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC, 18-11-1959, p. 89.
- ↑ El Eco de Santiago, 20-1-1931, p. 1.
- ↑ BOE núm. 29 (29 de xaneiro de 1942)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bértolo Ballesteros, José M.; Ferro Pego, Luis (2018). "A saga dos Loriga" (PDF). Nalgures XIV: 109–156.
- González Alén, Daniel (1997). Loriga. O home que baixou do ceo. Pontevedra: Deputación Provincial.
- Gómez Buxán, César (2006). "Os Taboada de Deza. A casa de Brenzos". Cuadernos de Estudios Gallegos LIII (119): 421–449.