Saltar ao contido

Emilio Rodal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmilio Rodal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Cangas, España Editar o valor en Wikidata
Mortexuño de 1929 Editar o valor en Wikidata
Lavadores, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político Editar o valor en Wikidata

Emilio Rodal González, nado en Cangas e finado en Vigo en xuño de 1929[1], foi un xornalista e propagandista agrario galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
De pé, de esquerda a dereita: Humberto Cuíñas, Rafael Fuembuena, Blas Agra Mancebo, Miguel de Zárraga, Luis Suárez Gutiérrez, Eugenio Fernández Leis e Julián García Larrú. Sentados Enrique Pereira Borrajo, Miguel Fernández Lema, Emilio Rodal e Antonio Fernández Arreo. Asociación da prensa de Vigo, 1909.

Comezou o seu traballo na prensa en Noticiero de Vigo[2] e foi redactor de Faro de Vigo e El Liberal. Foi inspirador e propagandista do Directorio Antiforista de Teis, do que foi delegado xeral e presidente honorario. De setembro de 1909 a marzo de 1910 viaxou a Cuba como representante do Directorio para realizar unha campaña propagandista na illa que culminou coa organización dun comité redencionista na Habana. En 1910 foi nomeado presidente honorario da Liga Agrario-Redencionista, pero dimitiu en setembro. En outubro marchou a Arxentina para realizar outra campaña redencionista entre os emigrados. Asentouse definitivamente na Arxentina e pertenceu a directiva da Casa de Galicia de Buenos Aires. Regresou a Galicia nos anos vinte e en 1928 presidiu en Cangas unha reunión dos pósitos de pescadores de Galicia. Finou en Lavadores en 1929 logo de padecer unha dura enfermidade.

  1. El Pueblo Gallego, 16-6-1929, p. 17.
  2. Vida Gallega, 20-6-1929, p. 11.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]