Miguel de Zárraga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de abril de 1883 Madrid, España |
Morte | 26 de decembro de 1941 (58 anos) Hollywood, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, director de cinema |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Zárraga (Miguel de), p.487) |
Miguel de Zárraga Hernández, nado en Madrid o 14 de abril de 1883, e finado en Hollywood (Os Ánxeles) o 26 de decembro de 1941, foi un escritor e xornalista español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Madrid e despois traballou como xornalista, sendo redactor de España e El Diario Universal. Instalouse en Vigo en 1908, onde foi redactor de Faro de Vigo, dirixiu Letras y Deportes e estreou varias obras de teatro.[1] En 1910 marchou a Cuba para ser redactor do periódico El Triunfo.[2] Posteriormente foi aos Estados Unidos como correspondente de ABC e desempeñou a representación da Sociedade Xeral de Autores de España e doutras entidades literarias. Publicou reportaxes na prensa de Nova York, Londres, París e de países de fala hispana. Dende 1927 impartiu cursos na Universidade de Middlebury (Vermont), na rama española de produción escénica, e recibiu en 1929 un título honorífico de Master of Arts. Marchou aos Ánxeles en 1930 e traballou nos estudios MGM e Fox escribindo guións e argumentos orixinais a partir de adaptacións de diálogos ao castelán para a filmación de versións españolas e dobraxes; supervisou rodaxes e foi director de diálogos. En 1936 substituíu a René Borgia como xefe do departamento de publicidade estranxeira de Columbia Pictures, e interveu como asesor en When You're in Love (1937) e Only Angels Have Wings (1939).
Obras
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]- Muñeca, 1901.
- Gérmenes malditos, 1903.
- Eva, 1906.
- El compañero de viaje, 1907.
- La moral de lo inmoral, 1908.
- El coto real, 1910.
- El germen, 1910.
Novela
[editar | editar a fonte]- Pasión de amor, 1900.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa xornalista Elena de la Torre, e foi pai de Miguel de Zárraga de la Torre (1908-1971).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Miguel de Zárraga Arquivado 06 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.