Emirates Stadium
Emirates Stadium | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | estadio de fútbol ![]() | |||
Localización | ||||
Enderezo | Hornsey Rd, London N7 7AJ ![]() | |||
Localización | Londres, Inglaterra | |||
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Inglaterra | |||
Rexións | Londres | |||
Condado cerimonial | Gran Londres | |||
Borough | Islington ![]() | |||
Construción | ||||
Fundación | 22 de xullo de 2006 ![]() | |||
Inauguración | 22 de xullo de 2006 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 60.355 | |||
Tipo superficie | Desso GrassMaster e céspede ![]() | |||
Implicados | ||||
Propietario(s) | Arsenal F.C. | |||
Arquitecto(s) | HOK Sport | |||
Ocupante(s) | Arsenal F.C. e Arsenal W.F.C. (en) ![]() ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Localía | Arsenal F.C. | |||
Eventos | ||||
Copa do Mundo de Rugby 2015 | ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | arsenal.com… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Emirates Stadium é o terceiro maior estadio de fútbol de Inglaterra, despois do mítico Old Trafford e do ultramoderno Wembley, e por tanto o segundo máis grande de Londres. O Emirates está situado ao norte de Londres, no barrio de Ashburton Grove, moi preto de Highbury Stadium. É propiedade do Arsenal F.C. e nel disputa os seus partidos como local. Ten unha capacidade de 60.355 espectadores sentados.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]
Foi inaugurado no verán de 2006 nun partido amigable Arsenal FC e o Ajax Amsterdam como homenaxe ao xogador holandés Dennis Bergkamp. Creouse como novo estadio do Arsenal para substituír o antigo Highbury Stadium. Actualmente é usado para os partidos da Premier League.
Ten capacidade para 60.355 espectadores, o terreo de xogo conta cunha superficie de 105x68 metros e a súa construción custou uns 390 millóns de libras esterlinas, é dicir, 581 millóns de euros. O estadio foi deseñado pola compañía HOK Sport, que tamén deseñou o Estádio da Luz de Lisboa ou o Estadio Novo Wembley. O seu nome débese a un contrato por 15 anos con Emirates Airlines.
Elementos radioactivos
[editar | editar a fonte]En decembro de 2006 atopáronse no estadio restos de polonio 210, material altamente radioactivo co que se envelenou ao exaxente soviético Aleksandr Litvinenko. Os sospeitosos do asasinato presenciaron o 1 de novembro o partido entre o Arsenal e o CSKA Moscova. Con todo as cantidades eran mínimas, e rapidamente informouse que non se trataba dun risco para a saúde pública.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Statement of Accounts and Annual Report 2006/2007" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de febreiro de 2008. Consultado o 03 de febreiro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emirates Stadium |