Enórmic Banda
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Enórmic Banda | |
---|---|
País | España |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 1996 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Enórmic Banda é unha revista de banda deseñada creada en 1996 pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística dos Institutos do Salnés.
Historia
[editar | editar a fonte]Coa idea de promover a elaboración de traballos gráficos, viñetas e historietas de cómic deseñados polo alumnado dos Institutos da comarca, naceu esta publicación editada de xeito conxunto e distribuída entre o alumnado dos centros interesados no proxecto, independentemente de que presentasen traballos para o proxecto ou non. Foi polo tanto, desde os seus inicios un proxecto colaborativo, que pretendía, ademais, conectar ás comunidades educativas de toda a comarca a través da creación gráfica e a dinamización lingüística.
Todos os traballos publicados foron realizados por alumnos e alumnas dos centros da comarca, aínda que para a portada e contraportada pensouse desde un inicio en solicitar a colaboración dalgún artista plástico vinculado á bisbarra. Ao mesmo tempo, incluíuse tamén un limiar dalgún escritor ou escritora vinculada ao Salnés.
Ao longo da historia de Enórmic Banda os artistas convidados e convidadas en cada unha das edicións foron os que seguen:
- Primeira época
- nº 1 (1996): portada/contra de Saúl Otero e limiar de Domingo Tabuyo Romero
- nº 2 (1997): portada/contra de Lois Magariños e limiar de Manuel Seixas
- nº 3 (1998): portada/contra de Manolo Busto e limiar de Ramón Caride
- nº 4 (1999): portada/contra de Gogue e limiar de Ana Santorum
- nº 5 (2000): portada/contra de Marcela Santorun e limiar de Emílio Xosé Ínsua
- Segunda época
- nº 6 (2005): portada/contra de Xaquín Chaves e limiar de Anxos Sumai
- nº 7 (2006): portada/contra de Xulio Gayoso e limiar de Augusto Chaves
- nº 8 (2007): portada/contra de Eduardo Baamonde e limiar de Eva Mejuto
- nº 9 (2008): portada/contra de Fernando Arenaz e limiar de Agustín Agra
- nº 10 (2009): portada/contra de Ramón Díaz (camisetas caramuxo) e limiar de Marcos Calveiro
- nº 11 (2010): portada/contra de Enrique Conde e J. M. Fernández Dapena e limiar de Susana Sánchez Aríns
- nº 12 (2011): portada/contra de Uxío López e limiar de Manuel Portas
- nº 13 (2012): portada/contra de Antón Romero e limiar de Ramón Neto
- nº 14 (2013): portada/contra de Héctor Quintela e limiar de Luís Rei
- nº 15 (2014): portada/contra de Emérita Méndez e limiar de Francisco Fernández Rei
- nº 16 (2015): portada/contra de Miguel Pérez e limiar de Sabela Muñiz
A revista tivo unha primeira época, do curso 95-96 ao 99-200, moi frutífera nas primeiras edicións, pero o descenso no número de traballos e a falta de interese do alumnado, mesmo para a súa lectura, fixo que se deixase o proxecto aparcado por un tempo. No curso 2004-2005, despois de detectar un primeiro espertar no cómic galego (xeración Golfiño), volveuse propoñer ao alumnado a elaboración da revista. Mellorouse a edición, coa inclusión de páxinas en cor e o proxecto volveu tomar corpo e continuou a medra até hoxe, fortemente consolidado.
No transcurso da súa historia, máis de catrocentos cincuenta rapaces e rapazas viron publicados os seus traballos no Enórmic Banda. Máis de trescentos cincuenta traballos, de todos os formatos e estilos da banda deseñada. Temas variadísimos inspirados na realidade, na literatura, na imaxinación desbordante... Mesmo algún deses incipientes creadores están hoxe consolidados e traballando en ámbitos profesionais relacionados coa ilustración, a banda deseñada ou o deseño gráfico.