Encontros na terceira fase
Encontros na terceira fase | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Close Encounters of the Third Kind |
Director | Steven Spielberg |
Produtor | |
Guión | Steven Spielberg |
Intérpretes | |
Música | John Williams |
Fotografía | Vilmos Zsigmond |
Montaxe | Michael Kahn |
Estudio | EMI Films |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 16 de novembro de 1977 |
Duración | 135 minutos (versión nos cinemas)[1] 132 minutos (edición especial) 137 minutos (versión do director) |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción |
Orzamento | 19,4 millóns de dólares[2] |
Recadación | 306,1 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
http://www.sonypictures.com/homevideo/closeencountersofthethirdkind/ | |
Encontros na terceira fase (en inglés: Close Encounters of the Third Kind) é un filme estadounidense de 1977 escrito e dirixido por Steven Spielberg, e protagonizado por Richard Dreyfuss, Melinda Dillon, Teri Garr, Bob Balaban, Cary Guffey e François Truffaut. Conta a historia de Roy Neary, un traballador de Indiana, cuxa vida cambia após un encontro cun obxecto voador non identificado (ovni).
Sinopse
[editar | editar a fonte]No deserto de Sonora, o científico francés, investigador do fenómeno OVNI e invitado principal da Conferencia de Montsoreau, Claude Lacombe (François Truffaut) e o seu tradutor estadounidense David Laughlin (Bob Balaban), entre outros científicos de investigación do goberno, descobren os avións que compuñan o Voo 19, un escuadrón aéreo perdido pouco despois da segunda guerra mundial.[4] Os avións están intactos e operativos, pero non hai rastro dos pilotos.
Un buque de carga, o Cotopaxi, desaparecido no Triángulo das Bermudas, aparece no medio do deserto de Gobi. Un avión está sendo perseguido por un obxecto brillante que o piloto non sabe describir.
Mentres tanto, Roy Neary (Richard Dreyfuss), un empregado da compañía eléctrica, está a investigar un apagón cando o seu camión para e é inundado de luz brillante do ceo. Experimenta un encontro próximo cun OVNI, Roy é inmediatamente atrapado no medio dunha persecución policial tras catro Ovnis.
Despois desta experiencia, Roy queda fascinado polos Ovnis, para consternación da súa esposa, Ronnie (Teri Garr). Roy obsesiónase cada vez máis con cinco estrañas notas musicais e imaxes mentais en forma de montaña e comeza a modelalas. Jillian (Melinda Dillon) tamén se obsesiona con crear bosquexos desa montaña única. Pouco despois, aterroriza na casa un encontro de Ovnis, no que Barry, o seu fillo pequeno, é secuestrado por seres indistinguibles a pesar dos esforzos que fixo para protexer a súa casa.
Mentres tanto, o aumento do comportamento errático de Roy fai que Ronnie o deixe, levando consigo os seus tres fillos.
Desesperado, Roy ve un telexornal sobre un descarrilamento de tren preto da Devil's Tower National Monument en Wyoming, Estados Unidos. Alí decátase de que a imaxe mental que o molestaba é real. Jillian ve a mesma transmisión, polo que ela e Roy, así como moitos outros coa mesma experiencia, diríxense ao sitio.
Elenco e personaxes
[editar | editar a fonte]- Richard Dreyfuss como Roy Neary
- François Truffaut como Claude Lacombe
- Teri Garr como Ronnie Neary
- Melinda Dillon como Jillian Guiler
- Bob Balaban como David Laughlin
- J. Patrick McNamara como líder do proxecto
- Warren Kemmerling como Maior “Wild Bill” Walsh
- Roberts Blossom como Farmer
- Philip Dodds como Jean Claude
- Cary Guffey como Barry Guiler
- Lance Henriksen como Robert
- Merrill Connally como líder de equipo
- George DiCenzo como Maior Benchley
- Gene Dynarski como Ike
- Josef Sommer como Larry Butler
- Carl Weathers como policía militar
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (16 de decembro de 1977). "Close Encounters of the Third Kind (A)". Consultado o 16 de setembro de 2016.
- ↑ McBride 1997, p. 270–279.
- ↑ "Close Encounters of the Third Kind (1977)". Box Office Mojo. Consultado o 5 de setembro de 2017.
- ↑ "Close Encounters of the Third Kind (1977)". www.filmsite .org. Consultado o 15 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Encontros na terceira fase |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McBride, Joseph (1997). Steven Spielberg: A Biography. Nova York: Faber and Faber. ISBN 0-571-19177-0.
- Filmes de 1977
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Steven Spielberg
- Filmes con banda sonora de John Williams
- Filmes de ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes de Columbia Pictures
- Filmes rodados en Wyoming
- Filmes rodados en California
- Filmes ambientados na India
- Filmes ambientados en Indiana
- Filmes ambientados en Wyoming
- Filmes baseados en lendas urbanas
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1977 con versión en galego