Encoro da Castellana
Tipo | encoro | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | A Castellana | |||
Localización | ||||
División administrativa | Curtis, España e Vilarraso, España | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Dimensións | 7,5 () × 10 () × 20 () m | |||
Medicións | ||||
Caudal | 6 m³/s | |||
Volume físico | 90.000 m³ | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1944 | |||
Actividade | ||||
Uso | hidroelectricidade e fornecemento de auga | |||
O encoro da Castellana é un encoro que se acha no curso alto do río Mandeo, entre as parroquias de Vilarraso e Curtis, dos concellos de Aranga e Curtis, na provincia da Coruña, asolagando tamén terras da parroquia de Foxado (Curtis).[1] Próximo ó lugar da Castellana (Vilarraso), foi construído para aproveitamento hidroeléctrico.
Verte as súas augas nel o río de Portabenza.[2]
Historia e características
[editar | editar a fonte]A súa capacidade é duns 90.000 m³. De estrutura recta e perfil de gravidade, posúe 7,5 metros de alto e 20 de longo. A auga é canalizada até a cámara de carga, que a descarga na minicentral mediante tres tubos de formigón armado de 37 m de lonxitude.[3] Non posúe dispositivo ningún para o remonte dos peixes e ten estabelecido un caudal ecolóxico de 0,85 m³/s durante todo o ano.[4] Nas augas represadas, cuxas ribeiras conforman un bosque de bidueiros e amieiros, pódense observar diferentes aves acuáticas como o lavanco e o mergullón pequeno durante todo o ano, mentres durante as épocas de invernada a cerceta, a garza real, o corvo mariño real e a narcexa. Entre as especies ictiolóxicas destaca a reñosa.[5]
O encoro comezou a funcionar en 1944[6] e foi o 13 de agosto de 1945 cando o Ministerio de Obras Públicas autorizou a derivación dun caudal de 1,5 m³/s para a produción de electricidade.[3] Estivo en funcionamento até 1970, xerando enerxía para lugares próximos como Teixeiro, Vilardois, Vilarraso, A Reborica e Estraviz.[6]
Entrou de novo en funcionamento en 1991.[7] Orixinalmente concedida a Fenosa, foi xestionada por Minicentrales M.N., o que fixo que a asociación de pesca Río Mandeo denunciase a compañía por captación ilícita de auga e delito ecolóxico. Tamén denunciou o escaso caudal ecolóxico, que non atinxía os 0,05 m³/s.[8]
Posteriormente, a empresa Navarro Generación levou a explotación do encoro.[7][a] O grupo Eufer, alianza de Enel e Unión Fenosa, e disolvido en 2010, foi o titular da concesión cun caudal de 6 m³/s e unha potencia instalada de 1300 kW.[4][10]
O 4 de xullo de 1999, dous excursionistas morreron após a abertura das comportas da central e a subida repentina do caudal do río.[11] Doce anos despois, o xuízo contra os acusados, o monitor da excursión e os encargados da central, finalizou sen condena.[12]
En 2016 rematou a concesión hidráulica e entrouse nunha fase de información de compatibilidade co plan hidrolóxico da bacía.[13] O 19 de marzo de 2021, o BNG celebrou un acto reivindicativo na minicentral da Castellana mediante o cal reclamou que a minicentral ―xunto con outras en trámite de extinción das concesións― pasase a ser de xestión pública.[14]
En 2020, para a mellora e ampliación do fornecemento de auga á localidade de Teixeiro, así como ó polígono industrial de Curtis-Teixeiro e ó centro penitenciario de Teixeiro, anunciouse a execución da captación e bombeo de auga desde o encoro. Un edificio de bombeo permitirá captar 0,08 m³/s (ampliábel a 0,13) e estará conectado mediante unha tubaxe de impulsión de 3,6 km de lonxitude á estación de tratamento de auga potábel (ETAP) existente no polígono industrial.[15][16]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Encoro
-
Río Mandeo desde o encoro
-
Canle
-
Cámara de carga
-
Central eléctrica
-
Vista aérea
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ "Santa María de Foxado". Concello de Curtis.
- ↑ Folla 46-IV titulada Guitiriz do ano 2001 do Mapa Topográfico Nacional de España a escala 1:25000.
- ↑ 3,0 3,1 García Roldán, Alberto (xaneiro de 2017). "Embalse de la Castellana, Curtis". Galicia Pueblo a Pueblo (en castelán).
- ↑ 4,0 4,1 "Apéndice III.2 Características de las centrales hidroeléctricas" (PDF). Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa (Informe técnico). Plan Hidrológico (en castelán). Augas de Galicia. Xullo de 2010. pp. 159–160.
- ↑ González Prieto, Serafín J. (31 de xaneiro de 2012). Alegacións, comentarios e suxestións á proposta de ampliación da Rede Natura 2000 elaborada en 2011 e sometida a información pública (PDF) (Informe). Sociedade Galega de Historia Natural. p. 12. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 Cabanas López, Fernando D. (2018). Territorio de Aranga (en castelán). p. 30. ISBN 978-84-09-07272-9.
- ↑ 7,0 7,1 "Listaxe de minicentrais de Galiza (menos de 10 kW)" (PDF). Inega. p. 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2020.
- ↑ "A sociedade Río Mandeo esixe unha compensación social ás minicentrais denunciadas". La Voz de Galicia (A Coruña). 21 de outubro de 2006.
- ↑ "El Consejo de Administración de la Comisión Nacional de Energía…" (PDF). Comisión Nacional de Enerxía de España (en castelán). 6 de novembro de 2000. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2020.
- ↑ R. Cuba, Laura; Dobaño, Erik (21 de decembro de 2018). "O poder dos ríos para o pobo". adiante.gal. Compostela.
- ↑ B. A. (30 de abril de 2010). "Arranca, once años después, el juicio por la muerte de dos deportistas en el río Mandeo". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Barbadillo, A. (20 de xuño de 2011). "Cierran sin condena el proceso por la muerte de dos jóvenes en el Mandeo". Diario de Arousa (en castelán) (A Coruña). Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2020.
- ↑ Dobaño, Erik (16.outubro.2019). "Augas da Galiza non dá prazos para a reversión dos saltos de Ponte Inferno, Güimil, Castellana e Fervenzas". Nós Diario.
- ↑ "O BNG pediu na minicentral da Castellana a recuperación para a xestión pública das minicentrais en trámite de extinción das concesións". Bloque Nacionalista Galego das Mariñas. Aranga. 19 de marzo de 2021.
- ↑ "A Xunta e o Concello de Curtis acordan a solución ao abastecemento de Teixeiro e a ampliación da potabilizadora para cubrir as necesidades do municipio e do polígono industrial". Xunta de Galicia. 30 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2020. Consultado o 16 de setembro de 2020.
- ↑ "O novo abastecemento de Teixeiro, cunha inversión de 2,7 millóns, estará listo en 2021" (PDF). Concello de Curtis ao día (6): 5. agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Encoro da Castellana |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bergantiños, Xosé (20 de xaneiro de 2015). "O encoro da Castellana". El Ideal Gallego. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2020.