Río de Portabenza
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Foxado, España, Aranga, España e Vilarraso, España | |||
Final | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | |||
Localización | río Mandeo | |||
| ||||
Conca hidrográfica | río Mandeo | |||
O río de Portabenza, tamén coñecido no último treito como río Samel,[1] é un curso fluvial galego, afluente do río Mandeo pola súa dereita, que discorre mormente polo límite entre os concellos de Aranga e Curtis.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O vocábulo «portabenza» está formado polas voces «port(o)» e «abenza». A primeira deriva do latín portus, ‘vao ou pasaxe dun río’.[2] Canto á segunda, descoñécese a etimoloxía, mais considéranse varias posibilidades sobre a súa procedencia:[3][4]
- Da raíz paleoeuropea *ab- ou *ap-, ‘auga ou río’. Comporíase co sufixo *-entia, formado á súa vez polo sufixo adxectival e participial *-nt- e o feminizador -ia.
- Dun antropónimo latino como Aduentus ou Auentius que remita a unha (villa) *aduentia ou *auentia da súa posesión.
- Do nome común «habenza» (en galego medieval «avença»), que provén do latín habentia e significa ‘conxunto do gado miúdo pertencente a un ou varios veciños’.
Percorrido
[editar | editar a fonte]Esquema | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Nace no lugar das Corviteiras, no extremo nordeste da parroquia de Foxado, do concello de Curtis, preto do punto onde a propia parroquia converxe coas de Aranga e Santa Mariña de Lagostelle, dos concellos de Aranga e Guitiriz. Coa excepción do seu nacemento, o seu curso serve como límite entre os concellos de Aranga e Curtis. Diríxese ó oeste, cruzándose dúas veces coa vía férrea da liña León-A Coruña e pasando ó sur do apeadoiro de Aranga. Após se cruzar de novo coa liña de ferrocarril, pasa ó norte do lugar de Samel (Foxado). Neste último treito tamén recibe o nome de río Samel. Finalmente desemboca no encoro da Castellana, no río Mandeo.[5][6][7][8]
Afluentes
[editar | editar a fonte]Os seus afluentes, desde o nacemento até a desembocadura, son:[6]
- Rego de Portos Carros, pola marxe esquerda.
- Rego Picho, pola marxe esquerda.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Río Samel". Galicia Nomeada.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega II. Real Academia Galega. p. 671. ISBN 978-84-87987-85-4. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2020. Consultado o 10 de outubro de 2020.
- ↑ Moralejo, Juan José (2005). "Hidrónimos galaicos con sufijo -antia" (PDF). Palaeohispánica. Revista sobre lenguas y culturas de la Hispania antigua (en castelán) (5. Ejemplar dedicado a: Actas del IX coloquio sobre lenguas y culturas paleohispánicas (Barcelona, 20-24 de octubre de 2004)): 837–860, en 839–840. ISSN 1578-5386.
- ↑ Moralejo, Juan José (2009). "Hidronimia prerromana de Gallaecia". En Kremer, Dieter. Onomástica Galega II: Onimia e onomástica prerromana e a situación lingüística do noroeste peninsular (Verba. Anuario galego de filoloxía. Anexo 64) (en castelán) II. Universidade de Santiago de Compostela. pp. 37–90, en 50. ISBN 978-84-9887-141-8.
- ↑ Acta de Deslinde n.º 670 de Aranga e Curtis (1941).
- ↑ 6,0 6,1 Folla 46-IV titulada Guitiriz do ano 2001 do Mapa Topográfico Nacional de España a escala 1:25000.
- ↑ Monteoliva Díaz, Ángel L. (2013). "Aranga" (Mapa). Estrutura xeral e orgánica do territorio. 1:5000. Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello de Aranga. Sección EX-17.
- ↑ Monteoliva Díaz, Ángel L. (2013). "Aranga" (Mapa). Estrutura xeral e orgánica do territorio. 1:5000. Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello de Aranga. Sección EX-18.