Encoro das Tres Gargantas
(zh) 三峽大壩 (zh-hans) 三峡大坝 | ||||
Tipo | barragem de gravidade (pt) boat lift (en) central hidroeléctrica | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Três Gargantas (pt) | |||
Parte de | Cascade of hydropower stations on Yangtze River (en) | |||
Situado na entidade xeográfica | Río Yangtzé | |||
Localización | ||||
División administrativa | Sandouping Town, República Popular da China (en) | |||
Localización | Sandouping Town (en) | |||
| ||||
Bañado por | Río Yangtzé | |||
Conca hidrográfica | Bacia do rio Yangtzé (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 185 m 4 m | |||
Dimensións | level of foundation: 115 () m presa de encoro: 181 () × 2.335 () m dam crest: 40 () m | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.000.000 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 116.000 m³/s | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 2003 | |||
Actividade | ||||
Uso | hidroelectricidade, proteção contra enchentes (pt) e navegação interior (pt) | |||
Operador | China Yangtze Power (en) | |||
Propietario | China Yangtze Power (en) | |||
O Encoro das Tres Gargantas (en chinés, 长江三峡大坝) é un encoro no río Yangtzé en Sandouping, na provincia de Hubei, China. É un dos máis grandes encoros do mundo e, con 22.500 megawatts de enerxía hidroeléctrica instalada, desprazou neste eido do liderado mundial ao encoro de Itaipú no Brasil. Rematouse o 30 de outubro de 2008[1]. O encoro construíuse para o control das inundacións, o regadío das terras próximas e a produción de electricidade. Porén, non se fixo sen problemas. Cubriu moitos lugares históricos e provocou o asolagamento dos fogares de 1 240 000 persoas[2]. A súa cola chega case ata a cidade de Chongqing, 660 km río arriba.
Historia
[editar | editar a fonte]O encoro foi proposto por Sun Yat-sen, un líder político chinés, en 1919. O sitio foi inspeccionado en 1932 e 1939 polos chineses e xaponeses, respectivamente. Os xaponeses deseñaron un plan (o plan Otani) para o encoro, para despois decatarse de que seguiría baixo control chinés. Máis tarde, en 1944, os Estados Unidos axudaron a planificar o encoro, pero todo traballo cesou en 1947 debido á Guerra Civil Chinesa[3]. En 1949 reanudáronse os traballos de planificación, aínda que moi lentamente debido aos problemas económicos do país. Posteriormente en 1958, foron encarcerados varios enxeñeiros que estaban en contra do encoro[4].
En 1980 os traballos de planificación ían a bo ritmo, pero en 1992 moita xente votou en contra do encoro. Porén, o goberno aprobou o proxecto, e o 14 de decembro de 1994 comezaron as obras[5]. No 2009 o encoro comezou a producir hidroelectricidade. En 2011 comezaron a funcionar seis novos xeradores. O encoro estaba a plena capacidade a finais de 2008[6].
Deseño, custo e finalidades
[editar | editar a fonte]O Encoro das Tres Gargantas fórmase pola acción retentiva dunha presa principal. Ao seu carón, na marxe esquerda do río, construíuse un canal auxiliar e, un pouco máis afastado, un sistema dobre de cinco esclusas. Tanto o canal auxiliar, coa instalación nel dun sistema elevador de barcos, como as esclusas, permiten a navegación fluvial.
A presa ten 2,300 metros de longo, 100 m de altura, 115 m de largo na base e 40 m de largo no cume. Para a súa construción necesitáronse 27 millóns de metros cúbicos de cemento, 460.000 toneladas de aceiro e 100 millóns de m3 de terra[7].
O encoro está a unha altitude de 175 metros, acada unha profundidade de 90 m, ten unha lonxitude de 660 km e unha largura de máis dun quilómetro[8].
A presa tivo un custo de 180.000 millóns de iuans (ao redor de 26 millóns e medio de dólares). A pesar do inmenso investimento, este foi inferior en máis de 20 millóns de iuans (uns 3 millóns de dólares) ao orzamento orixinal[9]. Está previsto que nun prazo de 10 anos estea amortizado o investimento grazas á produción de enerxía hidroeléctrica.
Control das inundacións
[editar | editar a fonte]Un dos principais motivos para construír o encoro foi o control das inundacións subseguintes ás riadas que provocaban considerábeis perdas nas grandes metrópoles situadas río abaixo como Wuhan, Nanjing e Shanghai; amais de en multitude de granxas, vilas, cidades e factorías próximas ao río.
O encoro ten unha capacidade de almacenamento para riadas de 22 km3, suficiente incluso para minimizar os efectos dunha super riada. Durante a estación chuviosa o encoro recolle o exceso de auga, almacenándoa ata a chegada da estación seca, entre decembro e marzo. Durante estes meses libérase o superávit de auga da que se benefician as industrias e terreos agrícolas situadas río abaixo. Amais, esta achega de auga mellora as condicións de navegabilidade do río e fai descender o nivel do encoro a 145 metros, preparándoo así para a próxima estación chuviosa. Porén, o encoro non protexe das inundacións ás terras situadas á beira dos afluentes do Yangtzé situados río abaixo.
Navegación
[editar | editar a fonte]Outra das razóns para a construción do encoro foi facilitar a navegación fluvial para o transporte de persoas e mercadorías polo río Yangtzé. Para tal fin fíxose un sistema dobre de cinco esclusas, cada unha das cales ten 280 metros de longo, 35 m de largo e 5 de profundidade. Son comparábeis en tamaño ás esclusas do Canal de Panamá, un dos máis grandes do mundo. O curso do río anegado polo encoro tiña moitos treitos perigosos para a navegación, motivo polo cal se mellorou a navegación de botes e barcos. Está prevista a construción dun elevador de barcos nun canal auxiliar entre o encoro e as esclusas, capaz para unha carga de ata 3.000 toneladas.[10]
Central hidroeléctrica
[editar | editar a fonte]A Central das Tres Gargantas ten 34 xeradores eléctricos: 32 principais cunha potencia de 700 Mw por xerador, e 2 para o consumo eléctrico do propio encoro con 50 Mw de potencia cada un. Todos eles fan un total de 22.500 Mw de potencia instalada, a maior do mundo[11]. Unha idea da descomunal cantidade de potencia instalada desta central, dánola a comparación coa suma de toda a potencia instalada das centrais hidroeléctricas galegas, que é de 3.111 Mw, algo menos cá sétima parte da potencia instalada na central das Tres Gargantas[12].
Descrición dos xeradores
[editar | editar a fonte]Dos 32 xeradores principais, 14 están na parte norte da presa, 12 na parte sur e 6 están nunha estación subterránea baixo unha montaña xusto ao sur da presa. A enerxía xerada pode superar os 100 TWh[13]. Cada xerador principal pesa 6.000 toneladas (aproximadamente o mesmo peso que 3.000 coches)[14]. A auga cae 80 metros desde o encoro ata os xeradores, que usan turbinas Francis de 10 m de diámetro e 9,8 m de alto. A cantidade de auga que entra na turbina varía entre 600 e 950 m3 por segundo. A velocidade de rotación da turbina é de 75 rpm[15]. A eficiencia dos xeradores está entre o 94% e o 96,5%[16].
Construción
[editar | editar a fonte]Os 14 xeradores principais da parte norte foron instalados entre 2003 e 2005. O 10 de xullo de 2003 comezou a producir electricidade o primeiro deles, o número 2. O último, o número 9, fíxoo o 7 de setembro de 2005. A produción máxima dos xeradores do lado norte (9.800 Mw) conseguiuse por primeira vez o 18 de outubro de 2006 cando a superficie do encoro acadou 156 m sobre o nivel do mar[17]. Os 12 xeradores principais do lado sur instaláronse entre 2007 e 2008. o 11 de xuño de 2007 comezou a operar o primeiro deles, o número 22. O último en activarse foi o número 23, o 19 de agosto de 2008[18].
Produción eléctrica e distribución
[editar | editar a fonte]O medio milleiro de terawatts-hora de electricidade desde a posta en funcionamento da central acadouse o 16 de agosto de 2011[19][20]. En 2012, os 32 xeradores da central xeraron a cantidade de 98,1 TWh de electricidade, o 14% do total da enerxía hidroeléctrica chinesa[21]. En 2014 estableceuse un novo récord mundial de produción ao acadárense os 98,8 TWh[22]. En 2017 superáronse os 1.000 Terawatios/hora de produción.
Ano | Xeradores instalados |
TWh | |
---|---|---|---|
2003 | 6 | 8,607 | |
2004 | 11 | 39,155 | |
2005 | 14 | 49,090 | |
2006 | 14 | 49,250 | |
2007 | 21 | 61,600 | |
2008 | 26 | 80,812 | [23] |
2009 | 26 | 79,470 | [24] |
2010 | 26 | 84,370 | [25] |
2011 | 29 | 78,290 | [26] |
2012 | 32 | 98,100 | [27] |
2013 | 32 | 83,270 | [28] |
2014 | 32 | 98,800 | [22] |
2015 | 32 | 87,000 | [29] |
2016 | 32 | 93,500 | [30] |
2017 | 32 | 97,600 | [31] |
2018 | 32 | 100,000 + | [32] |
Total | 32 | 1.188,914 + |
Tres liñas de subministración distribúen a electricidade a tres redes eléctricas denominadas Leste, Central e Sur.
- Unha liña transporta 7.200 Mw á Rede da China Oriental.
- A segunda liña á Rede da China Central transporta 12.000 Mw.
- A terceira liña cunha capacidade de transporte de 3.000 Mw vai para a Rede da China Meridional[33].
O encoro subministra ao redor do 3% de toda a electricidade chinesa, a pesar de ter sido deseñado para a produción do 10% do total nacional. A razón deste desfase haina que buscar no crecemento do consumo, moito máis rápido do que calcularan os deseñadores da central[34]
Beneficios do encoro
[editar | editar a fonte]A produción eléctrica da central, de se ter levado a cabo en centrais térmicas convencionais suporía a combustión de 31 millóns de toneladas de combustibles fósiles como carbón e petróleo, que liberarían no medio ambiente:
- 100 millóns de toneladas anuais de gases de efecto invernadoiro[35].
- 1 millón anual de toneladas de dióxido de xofre.
- 370.000 toneladas de óxido nítrico (en grandes cantidades é nocivo para a saúde).
- 10.000 toneladas de monóxido de carbono
- Importantes cantidades de mercurio[9] e po.
O encoro favoreceu tamén a navegación fluvial, grazas ás esclusas instaladas no encoro. Algúns beneficios foron:
- Multiplicouse por 6 a capacidade de tráfico fluvial.
- Diminuíron un 25% os custos de transporte polo río.
- A substitución do transporte terrestre polo fluvial evita a emisión de 10 millóns de toneladas de dióxido de carbono[36]
Como consecuencia da construción do encoro moitas conducións de augas fecais que antes vertían directamente no río Yangtzé, están sendo tratadas. Sobre o 65% destas augas reciben tratamento antes de retornar ao encoro. Hai unhas 50 estacións depuradoras de augas residuais na zona. Os residuos sólidos deposítanse agora en 32 vertedoiros capaces de xestionar 7.500 toneladas diarias de residuos[37][38]
O encoro tamén persuadiu ao goberno da China da necesidade de solucionar o problema da contaminación no río Yangtzé e no resto da China.
Inconvenientes do encoro
[editar | editar a fonte]Reubicación de persoas
[editar | editar a fonte]Un millón e cuarto de persoas perderon os seus fogares baixo as augas do encoro e tiveron que seren reinstalados en diferentes partes[39]. Este número é aproximadamente o 1,5% da poboación total da zona: a provincia de Hubei (60,3 millóns) e a cidade de Chongqing (31,44 millóns)[40]. A maioría dos desprazados foron recolocados preto dos seus antigos fogares a unha altitude suficiente por riba do encoro, porén uns 165.000 se espallaron por 10 provincias limítrofes e na municipalidade de Shanghai, non precisamente por falta de espazo na contorna. Os motivos argüídos polas autoridades para este longo traslado foron de preservación de espazos naturais[41]. O 22 de xullo de 2008 rematouse a reubicación. En 2007 algunhas informacións alertaban dos plans da municipalidade de Chongqing de trasladar a 4 millóns de persoas que residen nas proximidades do encoro ás zonas urbanas do municipio para o 2020[42][43][44]. En calquera caso, as autoridades explicaron que a reubicación non ten que ver co encoro e obedece a plans urbanísticos, nos que tamén estaría involucrada poboación doutras áreas do municipio[45]
Vida salvaxe ameazada
[editar | editar a fonte]A rexión das Tres Gargantas é coñecida desde hai tempo pola súa biodiversidade. É o fogar de 6.388 especies de plantas das que o 57% están ameazadas[46]. A porcentaxe de masa forestal da rexión baixou desde un 20% en 1950, ata non máis do 10% en 2002[47], afectando negativamente a todas as especies de plantas. A rexión tamén proporciona hábitats a centos de animais terrestres e de auga doce[48]. Os peixes de auga doce están especialmente afectados polos encoros debido aos cambios na temperatura da auga e no fluxo. Ademais moitos dánanse nas pas das turbinas das centrais hidroeléctricas. Isto é particularmente grave para o ecosistema da rexión porque na conca do río Yangtzé habitan 361 especies diferentes de peixes e contabiliza o 37% das especies de auga doce ameazadas de toda China[49]. Outras especies acuáticas ameazadas son o Baiji, ou Delfín de río chinés[50] e o Esturión do Yangtzé[51].
Dos 3.000 ou 4.000 exemplares que quedan da criticamente ameazada Grúa Siberiana, un gran número deles pasan o inverno nas zonas húmidas que serán destruídas polo encoro[52].
Sedimentos
[editar | editar a fonte]Os sedimentos que arrastra o río quedarán atrapados pola presa, o encoro encheríase deles e faríano inservíbel. Por riba diso, o río Yangtzé ten un alto contido de sedimentos, e puidera ocorrer que estes chegaran a taponar os condutos de auga da central; o nivel da auga ascendería e sobardaría* o encoro provocando o seu colapso. En Galicia estase a dar unha problemática relacionada con certos aspectos deste proceso no encoro do Eume[53].
Ademais, o encoro impide que os sedimentos continúen o seu curso e cheguen á desembocadura, poñendo en serios problemas á cidade de Shanghai que vería como non se substitúe a terra que se leva o mar da boca do río[54].
Lugares históricos e paisaxísticos
[editar | editar a fonte]O encoro asolagou ao redor de 1.300 estacións arqueolóxicas e alterou considerabelmente a paisaxe das Tres Gargantas, facéndoas moito menos espectaculares ao se reducir a profundidade dos canóns por mor do aumento do nivel das augas en 90 metros[55]. Moitos monumentos históricos foron trasladados a lugares seguros, mais outros tiveron que quedar no seu sitio pola dificultade que implicaba a situación, o tamaño ou o deseño.
Outros riscos
[editar | editar a fonte]- O encoro é un potencial obxectivo en caso de guerra. Algún grupo político de Taiwán suxeriu ameazar con accións sobre obxectivos urbanos e estratéxicos, como o Encoro das Tres Gargantas, para reducir a coacción militar chinesa sobre o seu país[56].
- O consorcio de empresas construtoras do encoro recibiu fortes críticas pola estimación feita da aceleración sísmica que se produciría no suposto dun terremoto máximo admisíbel. Este cálculo é importante na construción de encoros pois en caso de rotura da presa, as consecuencias serían catastróficas. Así mesmo, o inmenso peso da auga encorada e susceptíbel de producir terremotos, como así recoñecen os propios construtores[57]. A situación recorda o risco sísmico que, segundo algúns científicos, existe no lago artificial das Pontes, en Galicia[58].
- Os corrementos de terras foron desvalorizados. As autoridades teñen constatada a caída de rochas e corrementos de terras en 355 lugares, e xa está prevista a reubicación doutras 100.000 persoas que viven en zonas de risco[59].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "三峡工程左右岸电站26台机组全部投入商业运行" (en chinés). Corporación chinesa do Proxecto das Tres Gargantas. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2009. Consultado o 2009-04-01.
- ↑ Sumamente polémico (en inglés):
- Lin Yang (12 Outubro 2007). "China's Three Gorges Dam Under Fire". Time. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 2009-04-01.
O xigantesco Encoro das Tres Gargantas ao longo do río chinés Yangtzé está rodeado de controversia desde que foi proposto.
- Laris, Michael (17 Agosto 1998). "Untamed Waterways Kill Thousands Yearly". The Washington Post. Consultado o 2009-04-01.
Os dirixentes chineses usan agora a funesta historia do Yangtzé, o río máis longo de China, para xustificar o proxecto da infraestrutura de máis risco e máis polémica do país: o enorme Encoro das Tres Gargantas.
- Grant, Stan (18 Xuño 2005). "Global Challenges: Ecological and Technological Advances Around the World". CNN. Consultado o 2009-04-01.
A marabilla da enxeñería chinesa está desencadeando un torrente de críticas. [...] No tempo dos desafíos globais, poucos son máis grandes ou máis controvertidos cá construción do enorme Encoro das Tres Gargantas na China Central.
- Gerin, Roseanne (11 Decembro 2008). "Rolling on a River". Beijing Review. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2009. Consultado o 2009-04-01.
O proxecto de 180.000 millóns de iuans (26.300 millóns de dólares) do Encoro das Tres Gargantas foi moi discutido.
- Lin Yang (12 Outubro 2007). "China's Three Gorges Dam Under Fire". Time. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 2009-04-01.
- ↑ William C. Jones; Marsha Freeman. "Three Gorges Dam: The TVA on The Yangtze River". Schiller Institute. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2008. Consultado o 2009-04-01.
Encoro das Tres Gargantas: A Tennessee Valley Authority no río Yangtzé
(en inglés) - ↑ Steven Mufson (1997-11-09). "The Yangtze Dam: Feat or Folly?". Washington Post. Consultado o 2009-04-01.
O Encoro do Yangtzé: Proeza ou Loucura?
(en inglés) - ↑ Samuel Robert Fishleigh Allin (2004-11-30). "An Examination of China’s Three Gorges Dam Project Based on the Framework Presented in the Report of The World Commission on Dams" (PDF). Virginia Polytechnic Institute and State University. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xullo de 2010. Consultado o 2009-04-01.
Unha avaliación do proxecto chinés do Encoro das Tres Gargantas baseado no esquema presentado no Informe da Comisión Mundial de Encoros
(en inglés) - ↑ Chris Buckley (2007-11-21). "Landslide near China's Three Gorges Dam kills one". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2009. Consultado o 2009-04-01.
Un desprendemento de terras preto do Encoro das Tres Gargantas mata a unha persoa
(en inglés) - ↑ "Three Gorges Dam Project - Quick Facts". ibiblio.org. Consultado o 2008-01-20.
Proxecto do Encoro das Tres Gargantas: Datos
(en inglés) - ↑
"三峡水库:世界淹没面积最大的水库". Xinhua Net. 2003-11-21. Consultado o 2009-04-01.
Encoro das Tres Gargantas: A maior superficie mundial asolagada por un encoro
(en chinés) - ↑ 9,0 9,1 "三峡工程简介" (en chinés). China Three Gorges Project Corporation. 2006-06-12. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2010. Consultado o 2009-04-02.
Breve introdución ao Proxecto das Tres Gargantas
- ↑ Dorothea Krebs, Thomas Runte, Gerhard Strack. "Planning of the ship lift at the Three Gorges dam in China" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de xuño de 2008. Consultado o 2009-04-02.
Planeando o elevador de barcos no encoro das Tres Gargantas
(en inglés) - ↑ "Three Gorges Dam". China culture mall trading group inc. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2008. Consultado o 2008-01-13.
Encoro das Tres Gargantas
(en inglés) - ↑ "Centrais Grande Hidráulica galegas" (PDF). INEGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 2012-08-03.
- ↑ "三峡机组国产化已取得成功" (en chinés). hb.xinhuanet.com. 2008-12-04. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2008. Consultado o 2008-12-06.
Colocadas con éxito as unidades das Tres Gargantas
- ↑ Tomando como peso medio dun coche dúas toneladas.
- ↑ Revolucións por minuto.
- ↑ "李永安:我水轮发电机组已具完全自主设计制造能力_财经频道_新华网" (en chinés). xinhuanet.com. 2008-08-28. Consultado o 2009-04-02.
- ↑ "三峡机组首次实现满负荷发电 额定功率980万千瓦" (en chinés). Government of China. 2006-10-18. Consultado o 2009-04-02.
O primeiro grupo de turbinas das Tres Gargantas a plena capacidade
- ↑ "三峡23号机组进入72小时试运行" (en chinés). China Three Gorges Project Corporation. 2008-08-22. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2012. Consultado o 2009-04-02.
- ↑ "三峡电站持续安稳运行累计发电突破5000亿千瓦时" (en chinés). ctgpc.com.cn. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2011. Consultado o 2011-08-28.
- ↑ "三峡工程左右岸电站26台机组全部投入商业运行 – 中国报道 – 国际在线" (en chinés). CRI online. 2008-10-30. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2009. Consultado o 2008-12-06.
- ↑ "China's Three Gorges sets new production record". Hydro World. January 10, 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 2013-05-04.(en inglés)
- ↑ 22,0 22,1 "China's Three Gorges dam 'breaks world hydropower record'" (en inglés).
- ↑ Cepn.sp.com.cn (ed.). "中国电力新闻网――电力行业的门户网站" (en chinés). Consultado o 1 de agosto de 2009.[Ligazón morta]
- ↑ Chinaequip.gov.cn, ed. (8 de xaneiro de 2010). "国家重大技术装备" (en chinés). Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2010. Consultado o 20 de agosto de 2010.
- ↑ "峡—葛洲坝梯级电站全年发电1006.1亿千瓦时" (en chinés). Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2011. Consultado o 03 de agosto de 2012.
- ↑ "Three Gorges Project Generates 78.29 Bln Kwh of Electricity in 2011" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23/10/2013. Consultado o 03/08/2012.
- ↑ "2012年三峡工程建设与运行管理成效十分显著" (en chinés).
- ↑ "三峡工程2013年建设运行情况良好 发挥综合效益" (en chinés).
- ↑ "Itaipu bate Três Gargantas e reassume liderança em produção – Itaipu Binacional". itaipu.gov.br (en portugués). Consultado o 7 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Three Gorges Project reaches 1 trillion kWh milestone". China Daily (en inglés). 1 de marzo de 2017. Consultado o 20 de maio de 2017.
- ↑ "China’s Three Gorges project increases power output in 2017". GBTimes.com. 4 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2018.
- ↑ "China’s Three Gorges Dam generates record amount of power". energydigital.com (en inglés). 4 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 9 de setembro de 2019.
- ↑ "Three Gorges, China". ABB Group. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 2009-04-02. (en inglés)
- ↑ "Three Gorges Dam" (en chinés). Chinese Society for Electrical Engineering. 2006-05-25. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2007. Consultado o 2009-04-02.
- ↑ "Greenhouse Gas Emissions By Country". Carbonplanet. 2006. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2010. Consultado o 2009-04-02.
Emisións de gases de efecto invernadoiro por país.
(en inglés) - ↑ "长江电力(600900)2008年上半年发电量完成情况公告 - 证券之星". Xinhua. 2007-01-23. Consultado o 2009-04-02.
O volume anual de mercadorías transportadas a través do encoro das Tres Gargantas será de 100 millóns de toneladas
(en chinés) - ↑ "重庆三峡库区污水和垃圾处理项目建设成效明显". 2007-04-19. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2009. Consultado o 2009-04-02.
Os beneficios do proxecto de tratamento de augas fecais e lixo na rexión do Encoro das Tres Gargantas son obvios
(en chinés) - ↑ "湖北省三峡治污项目三年内投入约23.5亿元". Xinhua. 2007-04-19. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2008. Consultado o 2009-04-02.
O investimento en tres anos no proxecto antipolución nas Tres Gargantas, na provincia de Hubei, foi de aproximadamente 2.350 millóns de iuans
(en chinés) - ↑ [中港台] 三峡库区城镇完成拆迁-华尔街日报 (en chinés)
- ↑ "China dam to displace millions more". MWC News. 2007-10-13. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2008. Consultado o 2009-04-02. (en inglés)
- ↑ Liang Chao (2004-07-15). "More bid farewell to Three Gorges". China Daily. Consultado o 2009-04-02. (en inglés)
- ↑ "Millions forced out by China dam". BBC News. 2007-10-12. Consultado o 2008-01-20. (en inglés)
- ↑ Wang Hongjiang (2007-10-11). "Millions more face relocation from Three Gorges Reservoir Area". Xinhua. Consultado o 2009-04-02. (en inglés)
- ↑ Jiang Yuxia (2007-09-26). "China warns of environmental "catastrophe" from Three Gorges Dam". Xinhua. Consultado o 2009-04-02. (en inglés)
- ↑ Guo Jinjia, Yang Shanyin (2007-11-16). "重庆澄清"三峡库区二次移民四百万"传闻". People's Daily. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2007. Consultado o 2011-04-10. (en chinés)
- ↑ Wu, Jianguo, et al. “Three-Gorges Dam— Experiment in Habitat Fragmentation?” Science 300-5623 (May 23, 2003): 1239–1240. (en inglés)
- ↑ Chetham, Deirdre. “Before the Deluge: The Vanishing World of the Yangtze's Three Gorges.” (en inglés)
- ↑ Wu, Jianguo, et al. “Three-Gorges Dam— Experiment in Habitat Fragmentation?”(en inglés)
- ↑ Xie, Ping. “Three-Gorges Dam: Risk to Ancient Fish.” Science 302-5648 (Nov 14, 2003): 1149. (en inglés)
- ↑ Qing, Dai, 9. The River Dragon Has Come!: The Three Gorges Dam and the Fate of China's Yangtze River and Its People (East Gate Book). Armonk, New York: M.E. Sharpe, 1997. (en inglés)
- ↑ Ethan Theuerkauf (2-10-2007). "Three Gorges Dam: A Blessing or an Environmental Disaster?". The Flat Hat, the College of William and Mary's student newspaper. Arquivado dende o orixinal o 01-10-2015. Consultado o 20-1-2008. (en inglés)
- ↑ "Three Gorges Dam Case Study". American University, The School of International Service. Consultado o 20-1-2008. (en inglés)
- ↑ ADEGA alerta de que Endesa quere baleirar lodos no Eume e reclama a derruba da presa[Ligazón morta] en xornal.com
- ↑ Winchester, Simon (1998). The River at the Center of the World. New York: Henry Holt & Co. p. 228. ISBN 9780805055085. (en inglés)
- ↑ Regine Debatty (9-12-2007). "Flotsam, Jetsam and the Three Gorges Dam". World Changing. Arquivado dende o orixinal o 06-07-2008. Consultado o 2-4-2009. (en inglés)
- ↑ "Annual report on the military power of the People's Republic of China (.pdf)" (PDF). US Department of Defense. Consultado o 2007-01-28. (en inglés)
- ↑ Williams, Philip B. "Chapter 10: Dam Safety Analysis". Damming the Three Gorges. Arquivado dende o orixinal o 20-02-2012. Consultado o 3-6-2009. (en inglés)
- ↑ "Riscos invisibeis". Galiza Non Se Vende. Consultado o 5-8-2012.
- ↑ "China's Three Gorges Dam may displace another 100,000". BBC News. Consultado o 18-4-2012. (en inglés)