Enrique Curiel
Federico Enrique Curiel Alonso, nado en Vigo o 15 de abril de 1947 e finado en Majadahonda (Madrid) o 2 de marzo de 2011, foi un político galego que militou en organizacións comunista e socialdemócratas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Luis Curiel Curiel e sobriño de Eugenio Curiel Curiel. Estudou a primaria na Coruña fixo o bacharelato en Vigo. En 1965 marchou a Madrid para estudar Ciencias Políticas que dende 1969 simultaneu con Dereito na Universidade Complutense. Participou no movemento estudantil como delegado do Sindicato Democrático de Estudiantes da Universidade de Madrid (SDEUM) e en 1968 uniuse ao Partido Socialista do Interior que viña de crear Enrique Tierno Galván. Ao ano seguinte pasou ao Partido Comunista de España. Foi detido e sufriu expedientes académicos que atrasaron os seus estudos, licenciandose finalmente en Ciencias Políticas. En 1979 foi elixido membro do Comité Central do PCE, en 1981 membro do Comité Executivo e de xaneiro de 1983 a decembro de 1987 foi vicesecretario xeral. Foi deputado no Congreso dos Deputados por Izquierda Unida elixido por Córdoba (1986-1988). Abandonou Izquierda Unida en 1988 por diferenzas co coordinador xeral Gerardo Iglesias. Logo da súa saída creou a Fundación Europa que en 1990 ingresou no PSOE considerando este partido a casa común da esquerda.[1] Foi concelleiro de Madrid polo PSOE (1991-1993), deputado por Pontevedra (1993-1996) e senador do PSOE desde o 2004 representando a circunscrición pontevedresa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Díez, Anabel (5/7/1990). "Curiel y 200 ex comunistas entrarán en el PSOE en septiembre". El País.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Políticos do PCE
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra
- Deputados do Congreso dos Deputados por IU
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE
- Senadores por Pontevedra
- Nados en Vigo
- Nados en 1947
- Finados en 2011
- Concelleiros de Madrid
- Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid