Ephippiorhynchus
Ephippiorhynchus Rango fósil: Mioceno tardío a Recente | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ephippiorhynchus senegalensis | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
'Ephippiorhynchus senegalensis[1] Temminck, 1824 |
Ephippiorhynchus é un pequeno xénero de cegoñas. Contén soamente dúas especies vivas, que son aves moi grandes de máis de 140 cm de altura cunha envergadura alar de 230–270 cm. Ambas son principalmente negras e brancas, con enormes peteiros. Os sexos destas especies teñen unha plumaxe similar, mais os ollos dos machos son marróns escuros e nas femias son amarelos. Os membros deste xénero son ás veces chamados "xabirús", pero este nome se refire máis propiamente a unha especie emparentada de América, o Jabiru mycteria.
Estas grandes aves limícolas reprodúcense en marismas e zonas húmidas, construíndo un niño de paus grande e profundo nunha árbore. Como a maioría das cegoñas, voan co pescozo estendido, non retraído como nas garzas; en voo, presentan unha forma estraña, coa cabeza e o gran peteiro algo inclinado cara a abaixo. Son silenciosos excepto cos ruídos que fan no niño ao repenicaren abrindo e pechando rápido o peteiro.
As cegoñas Ephippiorhynchus, igual que a maioría dos seus parentes, aliméntanse principalmente de peixes, ras e congrexos, pero tamén de aves xoves, e outros vertebrados terrestres. Móvense de maneira deliberadamente maxestosa cando cazan, de maneira similar ás grazas máis grandes.
O nome do xénero Ephippiorhynchus deriva do grego antigo ephippos, unha 'sela' (literalmente "algo que está situado sobre un cabalo"), e rhynchus, 'peteiro', e refírese ao escudo frontal que está sobre o peteiro dunha das especies.
Inicialmente a única especie deste xénero era E. senegalensis, mentres que E. asiaticus foi inicialmente descrita dentro do xénero Mycteria e despois en Xenorhynchus, pero finalmente foron situadas no mesmo xénero, o cal foi apoiado por datos osteolóxicos e comportamentais,[2] así como datos de hibridación ADN-ADN e do citocromo b.[3] Os xéneros Xenorhynchus e Ephippiorhynchus foron ambos creados ao mesmo tempo, e como primeiro revisor, Kahl[4] seleccionou o segundo como o xénero válido para estas dúas especies. O xénero máis emparentado é Jabiru, de América.[5]
Especies
[editar | editar a fonte]Hai dúas especies actualmente existentes:
- Ephippiorhynchus senegalensis, de África.
- Ephippiorhynchus asiaticus, de Asia e Australia.
Un parente prehistórico, o Ephippiorhynchus pakistanensis, foi descrito a partir de fósiles de Mioceno tardío atopado en Paquistán. Aproximadamente na mesma época, outra especie extinta, Ephippiorhynchus tchoufour, apareceu na parte oriental de África central.
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ephippiorhynchus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ephippiorhynchus |
- ↑ "Ciconiidae". aviansystematics.org. The Trust for Avian Systematics. Consultado o 2023-07-27.
- ↑ Wood, D.S. (1984). "Concordance between classifications of the Ciconiidae based on behavioral and morphological data". Journal of Ornithology 125 (1): 25–37. doi:10.1007/BF01652936.
- ↑ Slikas, B. (1997). "Phylogeny of the avian family Ciconiidae (Storks) based on cytochrome b sequences and DNA – DNA hybridisation distances". Molecular Phylogenetics and Evolution 8 (3): 275–300. PMID 9417889. doi:10.1006/mpev.1997.0431.
- ↑ Wood, D.S. (1984). "Concordance between classifications of the Ciconiidae based on behavioral and morphological data". Journal of Ornithology 125 (1): 25–37. doi:10.1007/BF01652936.
- ↑ Hancock & Kushan, Storks, Ibises and Spoonbills of the World. Princeton University Press (1992), ISBN 978-0-12-322730-0
V éxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barlow, Clive (1997): A field guide to birds of the Gambia and Senegal. Pica Press, Nr. Robertsbridge (East Sussex). ISBN 1-873403-32-1
- Grimmett, Richard; Inskipp, Carol, Inskipp, Tim & Byers, Clive (1999): Birds of India, Pakistan, Nepal, Bangladesh, Bhutan, Sri Lanka, and the Maldives. Princeton University Press, Princeton, N.J.. ISBN 0-691-04910-6