Saltar ao contido

Eric Lichaj

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEric Lichaj

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Eric Joseph Lichaj Editar o valor en Wikidata
17 de novembro de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Downers Grove, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Carolina do Norte en Chapel Hill Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso79 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral Editar o valor en Wikidata
Número deportivo2 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
North Carolina Tar Heels men's soccer
2006–2006 Chicago Fire U-23 4(0)
2008–2013 Aston Villa F.C. 32(1)
2009–2009 cesión Lincoln City Football Club 6(0)
2010–2010 cesión Leyton Orient Football Club 9(1)
2011–2011 cesión Leeds United A.F.C. 16(0)
2013– Nottingham Forest FC
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2005   Estados Unidos sub-17 25(0)
2006–2006   Estados Unidos sub-20 2(0)
2008–2009   Estados Unidos sub-20
2010–   Selección de fútbol dos Estados Unidos

Twitter: EricLichaj Editar o valor en Wikidata

Eric Joseph Lichaj, nado o 17 de novembro de 1988 en Downers Grove, Illinois, é un futbolista estadounidense que xoga para o Fatih Karagümrük da Süper Lig de Turquía. Lichaj é produto da Academia de Fútbol IMG, a cal produciu outros xogadores estadounidenses importantes como DaMarcus Beasley, Landon Donovan e Freddy Adu. Lichaj tamén é coñecido polos seus longos saques de costado.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Eric Lichaj é o terceiro fillo de Stan e Ann Lichaj, ambos de Nowy Targ, Polonia.[2] Tamén ten dous irmáns máis vellos, Andrew e Mark Lichaj. Lichaj uniuse á Academia IMG en Bradenton, Florida cando tiña 14 anos. Iniciou a súa carreira xogando para os Downers Grove Roadrunners, logo xogando para o Chicago Magic e eventualmente para a Universidade de Carolina do Norte. Tamén xogou catro partidos para o Chicago Fire Premier da USL Premier Development League.[3]

Aston Vila

[editar | editar a fonte]

Logo da súa primeira tempada en Carolina do Norte, asinou contrato co Aston Vila da Premier League inglesa. Lichaj ten pasaporte polaco, o que facía innecesario un permiso de traballo.[4] Lichaj xogou en todos menos en dous dos partidos de reservas do equipo na tempada 2008-09.[5] Durante a pre-temporada 2009-10, foi seleccionado para xogar a Copa da Paz 2009 e mostrou gran potencial durante o torneo.[6] Porén, isto non resultou en minutos co primeiro equipo, e Lichaj foi enviado en calidade de préstamo ao Lincoln City da Football League Two (terceira división do fútbol inglés) para poder obter experiencia. Xogou dous partidos co City antes de asinar unha extensión do seu contrato de préstamo por un mes máis.[7] Máis adiante, durante esa mesma tempada, Lichaj foi enviado novamente en calidade de préstamo ao Leyton Orient.[8] Alí anotou o seu primeiro gol como profesional xogando contra Stockport County o 17 de abril de 2010.

Tempada 2010-2011

[editar | editar a fonte]

Lichaj anotou o seu primeiro gol co Aston Vila o 19 de xullo de 2010 na pre-tempada nun amigable contra o Peterborough United. Logo dunha exitosa pre-temporada, Lichaj asinou unha extensión de contrato por tres anos máis o 11 de agosto de 2010.[9] Fixo o seu debut competitivo para o Villa o 19 de agosto de 2010, nun empate 1-1 de visitante contra o Rapid Viena na fase clasificatoria da Europa League.[10] Debutou na Premier League co Aston Villa o 10 de novembro de 2010 entrando no minuto 90 no partido contra Blackpool[11] e debutou como titular como lateral dereito contra Tottenham Hotspur, xogando un excelente partido contra a estrela dos Spurs, Gareth Bale.

Cesión ao Leeds United

[editar | editar a fonte]

O 9 de febreiro de 2011, Lichaj uniuse ao Leeds United nun préstamo dun mes.[12] Lichaj debutou cos Leeds gañando 2-0 contra Bristol City.[13] O 14 de marzo, Leeds estendeu o contrato de Lichaj ata o fin da tempada.[14] Logo de xogar todos os partidos como lateral dereito en lugar do lesionado Paul Connolly, Lichaj foi movido á beira esquerdo tras a lesión de George McCartney.[15] O 9 de maio, Lichaj xogou o último partido cos Leeds vencendo a Queens Park Rangers 2-1.[16] Leeds anunciou na súa páxina oficial que Lichaj volvería ao Aston Villa unha vez expirado o seu contrato de préstamo.[17] Logo de que o seu contrato expirou, Lichaj expresou o seu desexo de quedar no club para a seguinte tempada e axudarlle a retornar á Premier League.[18]

Logo do seu exitoso paso polos Leeds, Simon Grayson, o seu adestrador, indicou en xullo de 2011 que estaba interesado en estender o préstamo de Lichaj por unha tempada máis, a condición de que o adestrador do Villa, Alex McLeish non o teña nos seus plans para formar parte do primeiro equipo.[19][20] Porén, o 23 de agosto Lichaj tivo unha boa presentación contra o Hereford na Copa da liga, anotando o seu primeiro gol competitivo co equipo, pondo dúbidas sobre a posibilidade dunha transferencia ao Leeds para a seguinte tempada.[21]

Tempada 2011-2012
[editar | editar a fonte]

Lichaj anotou o seu primeiro gol en partidos competitivos co Aston Villa na vitoria 2-0 sobre o Hereford United o 23 de agosto de 2011 na Copa da liga. Desafortunadamente, pouco despois disto, Lichaj sufriu unha lesión de cadeiras que o mantivo fóra da cancha ata febreiro de 2012.[22] No seu regreso da súa lesión o 31 de marzo de 2012, Lichaj anotou o seu primeiro gol na Premier League co Villa, ademais de entregar unha asistencia no segundo gol do seu equipo na derrota 2-4 contra o Chelsea.[23]

Tempada 2012-13
[editar | editar a fonte]

Lichaj comezou a tempada 2012-13 xogando como titular o primeiro partido do Villa ante o Tranmere Rovers pola Football League Cup o 28 de agosto de 2012.[24]

Unha vez concluída a tempada, o Aston Villa decidiu non renovar o seu contrato e deixouno ir en xuño de 2013.[25] Lichaj terminou o seu último ano co Villa xogando 17 partidos.

Nottingham Forest

[editar | editar a fonte]

Lichaj fichou por dous anos co Nottingham Forest da segunda división de Inglaterra o 19 de xuño de 2013.[26] Fixo o seu debut co club o 3 de agosto de 2013 na vitoria 1-0 sobre o Huddersfield Town.[27] Anotou o seu primeiro gol co club na tempada 2015-16 do Championship, axudando ao seu equipo no empate 1-1 fronte ao Burnley FC o 21 de outubro de 2015.[28]

Club País Ano
Aston Villa  Inglaterra Inglaterra 2008- 2013
Leeds United (a préstamo)  Inglaterra Inglaterra 2011
Nottingham Forest  Inglaterra Inglaterra 2013 - actualidade

Selección dos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

Seleccións xuvenís

[editar | editar a fonte]

Licha formou parte de varios equipos xuvenís dos Estados Unidos. Axudou ao seu país a clasificar á Copa Mundial de Fútbol Sub-17 de 2005. Tamén foi parte do equipo sub-20 que participou na Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2007, aínda que non puido xogar ningún partido por mor dunha lesión.[29]

Selección maior

[editar | editar a fonte]

Lichaj foi convocado por primeira vez á selección maior dos Estados Unidos en outubro de 2010 e foi incluído no equipo que enfrontou a Polonia e Colombia[30] Lichaj debutou o 12 de outubro de 2010 no amigable contra Colombia[31][32] O 17 de novembro de 2010, Lichaj xogou o seu segundo partido coa selección cando xogou contra Suráfrica o 21 de marzo de 2011, Lichaj foi convocado novamente para os partidos amigables contra Arxentina e Paraguai[33] Foi incluído na nómina de xogadores para a Copa de Ouro da CONCACAF 2011. Lichaj non xogou os primeiros dous partidos do torneo, pero a partir de alí xogou o noventa minutos de cada un dos partidos restantes, incluíndo a derrota 4-2 contra México na final.

Lichaj regresou á selección dos Estados Unidos despois de máis de dous anos logo de ser convocado por Jürgen Klinsmann para xogar dous amigables en Europa fronte a Escocia e Austria en novembro de 2013.[34]

Participacións en Copas de Ouro

[editar | editar a fonte]
Mundial Sede Resultado
Copa de Ouro da Concacaf 2011 Estados Unidos Subcampión

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  1. "Eric Lichaj - Aston Villa Football Club". 
  2. "Timing is perfect for Lichaj's first US call-up". Associated Press (CBS Chicago). 
  3. "Chicago Fire Premier: 2006 roster". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2012. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  4. "Lichaj making his mark in the reserves". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2012. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  5. "Eric Lichaj". Aston Villa F.C. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2010. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  6. "Player Database – Eric Lichaj". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2012. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  7. "Lincoln extend Villa duo's loans". BBC Sport. 
  8. "Villa Defender Becomes Deadline Day Arrival No. 2". Leyton Orient F.C. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2010. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  9. "Lichaj pens new three-year contract". Aston Villa F.C. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2010. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  10. "Rapid Vienna 1 – 1 Aston Villa". 
  11. "Maurice Edu leaves match on stretcher". 
  12. "Deal Done For Premier League Defender". 
  13. "United victorious at Ashton Gate". 
  14. "American Lichaj extends Leeds loan from Villa". CNN. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2012. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  15. "Dominant United held at home". 
  16. "United upset the champions". 
  17. "Loan men say farewell". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2011. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  18. "Lichaj open to Leeds return". Sky Sports. 
  19. "Grayson drops Lichaj hint". Sky Sports. 
  20. yorkshireeveningpost.co.uk, ed. (10 de xullo de 2011). "Leeds United: Grayson in Lichaj talks". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2014. Consultado o 16 de maio de 2019. 
  21. "Aston Villa 2 - 0 Hereford". BBC. 
  22. "Aston Villa rookie Eric Lichaj dealt injury blow". Birmingham Mail. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2011. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  23. Brian Straus. "Eric Lichaj has goal, assist for Aston Villa in first post-injury start". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  24. "Darren Bent scored his first goal since February as Paul Lambert secured his first win as Aston Villa manager". 
  25. "Richard Dunne, Eric Lichaj and Andy Marshall released". 
  26. "Eric Lichaj: Nottingham Forest sign ex-Aston Villa defender". 
  27. "American Exports: Aron Johannsson notches goal, assist in AZ Alkmaar loss". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2014. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  28. Franco Panizo. "ERIC LICHAJ SCORES FIRST NOTTINGHAM FOREST GOAL IN DRAW WITH BURNLEY". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  29. "USA Roster Announced". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  30. "Lichaj earns first USA senior call-up for friendly double header". Aston Villa F.C. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2010. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  31. "U.S. Men's National Team Finishes October Camp with a Scoreless Draw Against Colombia at PPL Park". United States Soccer Federation. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2010. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  32. AP. "U.S., Colombia, play to 0-0 draw". 
  33. "Two more set for international duty". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2011. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  34. Thomas Floyd. "Klinsmann includes Lichaj on roster for USA's november friendlies".