Ernai
Ernai | |
---|---|
Tipo | juventude partidária |
Ideoloxía | esquerda abertzale, Nacionalismo vasco, modo de produção socialista e feminismo |
Área de operación | Hegoalde |
Data de fundación | 2 de marzo de 2013 |
País | España |
Na rede | |
http://www.ernai.eus | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ernai (do éuscaro, 'Atento' ou 'Esperto') é unha organización política xuvenil que actúa en Euskadi e Navarra. Do mesmo xeito que se considerou a Sortu como formación herdeira de Batasuna, tamén se considerou a Ernai como herdeira de Segi.[1][2] Defínese principalmente como independentista, socialista e feminista. Malia recoñecer Euskal Herria como marco de loita, non ten presenza en Iparralde, xa que ese espazo político é ocupado pola organización Aitzina!.
Historia
[editar | editar a fonte]Ernai constituíuse na localidade navarra de Lizarra o 2 de marzo de 2013 como organización xuvenil da esquerda abertzale, trala disolución de Segi en 2012. O acto de presentación contou coa presenza do histórico militante abertzale Joseba Álvarez no nome de Sortu, a secretaria xeral do sindicato LAB, Ainhoa Etxaide, e o expreso de ETA Oier González.[2]
Malia ser organicamente independente de Sortu, tamén asume o relatorio abertzale Zutik Euskal Herria.[3][4]
O principal eido de traballo de Ernai é a creación de novos modelos de vida. Traballa, así, cuestións como a socioeconomía, o lecer, a lingua éuscara, a educación formal, o ecoloxismo, o feminismo, o internacionalismo ou a formación política e ideolóxica. Así mesmo, busca avanzar no proceso de resolución do «conflito vasco».
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nace oficialmente el partido vasco Sortu, surgido de Batasuna". Agence France-Presse. 24 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2014. Consultado o 3 de febreiro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Pablo Ojer Estella (2 de marzo de 2013). "Nace con el apoyo de los presos de ETA «Ernai», heredero de Segi y de Jarrai". ABC.es. Consultado o 3 de febreiro de 2014.
- ↑ Jorge Sainz (2 de marzo de 2013). "Nace Ernai, la nueva organización juvenil de la izquierda abertzale". El Diario Vasco. Consultado o 3 de febreiro de 2014.
- ↑ "Nace Ernai, una nueva organización juvenil abertzale". El Correo. EFE. 2 de marzo de 2013. Consultado o 3 de febreiro de 2014.