Ernesto Mauri (editor)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de decembro de 1946 Vimercate, provincia de Monza e Brianza, Lombardía, Italia |
Cargos Conselleiro delegado do Grupo Mondadori | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italiana |
Formación profesional | Licenciado en economía |
Educación | Universidade Católica do Sagrado Corazón de Milán |
Actividade | |
Ocupación | Editor |
Empregador | Grupo Mondadori |
Premios | |
Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras de Francia | |
Ernesto Mauri, nado o 2 de decembro de 1946 en Vimercate, provincia de Monza e Brianza, Lombardía, é un home de negocios e editor italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en economía pola Universidade Católica do Sagrado Corazón de Milán.
A súa carreira profesional, despois dun período nunha empresa de auditoría, comezou en 1975 con Rusconi Editore.[1] Dentro de Rusconi Editore, Mauri realizou varias tarefas, contábeis, administrativas e publicitarias, até ocupar o cargo de xerente xeral en 1989. O período en Rustioni concluíu en 1991, época na que o número de xornais aumentou de 6 a 26.[2]
Como editor, Mauri tivo a oportunidade de desenvolver unha experiencia internacional, primeiro en Francia con Hachette e logo en España co Grupo 16. Participou no nacemento de Italia 1, a rede de televisión fundada en 1982.[2]
Desde 2008 é o presidente de Mondadori France, desde 2013 é o conselleiro delgado do Grupo Mondadori, e desde xaneiro de 2015 é o presidente de Mondadori Libri S.p.A.
Desde xullo de 2014 é membro do comité de presidencia da Federación italiana de editores de xornais (FIEG).[1]
O 9 de novembro de 2011 foi nomeado Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras polo Ministro de Cultura do goberno francés Frédéric Mitterrand.[1][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Ernesto Mauri". Gruppo Mondadori. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2016. Consultado o 14 de abril de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 "Ernesto Mauri". Amministratori Delegati. Consultado o 13 de abril de 2019.
- ↑ "Ernesto Mauri, Cavaliere in Francia". Consultado o 13 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alessandra Raggio, ed. (2007): Album Mondadori 1907/2007. Milán: Arnoldo Mondadori Editore. ISBN 978-88-370-6081-7.