Escala Fujita-Pearson
Aparencia
Existen varias escalas para medir a intensidade dun tornado, pero a máis aceptada universalmente durante unha época foi a Escala de Fujita (ou tamén chamada Fujita-Pearson Tornado Intensity Scale), elaborada en 1971 por Tetsuya Fujita e Allan Pearson da Universidade de Chicago. Esta escala baséase na destrución ocasionada ás estruturas construídas polo ser humano e non no tamaño, diámetro ou velocidade do tornado. Non se pode, entón, mirar un tornado e calcular a súa intensidade. Débese avaliar os danos causados con posterioridade.
Esta escala foi substituída en 2007 pola Escala Fujita-Pearson mellorada.
Escala
[editar | editar a fonte]Aínda que a escala abarca teoricamente 13 graos, todos os tornados rexistrados están comprendidos nos 6 inferiores:
Intensidade | Velocidade do vento | Danos |
---|---|---|
F0 | 60–116 km/h (45- 72 mph) | Leves. |
F1 | 117–180 km/h (73-112 mph) | Moderados. Estes tornados poden levantar tellas ou mover coches mentres se desprazan. Poden tombar trailers e os barcos pódense afundir. |
F2 | 180–251 km/h (113-157 mph) | Considerables. Os tellados dalgunhas casas poden ser levantados, os trailers e casas rodantes que estiveran no camiño do tornado serán demolidos. Este tornado tamén pode descarrilar vagóns de tren. |
F3 | 252–330 km/h (158-206 mph) | Graves. Árbores poden ser arrincadas de raíz e as paredes e tellados de edificios sólidos poden ser arrincados con total facilidade. |
F4 | 331–416 km/h (207-260 mph) | Devastadores. Motores de tren e de camións de 40 toneladas poden lanzarse facilmente polos aires. |
F5 | 417–512 km/h (261-318 mph) | Extremadamente destrutivos. Tornados con esta intensidade destrúen todo no seu camiño. Os coches poden lanzarse como se foran xoguetes, e edificios enteiros poden levantarse do piso. A forza é similar á da bomba atómica. Coñecido coloquialmente como o "Dedo de Deus". |
F6 | 513–610 km/h (319-379 mph) | Dano inconcibible. Nunca se tivo rexistrado un tornado destas magnitudes, exceptuando en simuladores. |