Estación de Cuenca-Fernando Zóbel
Cuenca-Fernando Zóbel | |
---|---|
Situación | Cuenca |
Servizos | |
Liñas | |
Alta velocidade | AVE |
Longa Distancia | Alvia |
Na rede | |
Saídas e chegadas |
Cuenca-Fernando Zóbel é a estación ferroviaria de alta velocidade da cidade de Cuenca. Está situada a 5 km do centro no Cerro de la Estrella, moi próxima á estrada N-320, ao sur da cidade. Leva o nome do pintor Fernando Zóbel, moi vinculado á cidade.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 195,1 da liña férrea de alta velocidade que une Madrid con Levante.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación inaugurouse o 15 de decembro de 2010 con motivo da inauguración do tramo de alta velocidade Madrid-Albacete/Valencia. Á inauguración asistiron os príncipes de Asturias e o ministro de Fomento, José Blanco.[1]
A estación
[editar | editar a fonte]O edificio da estación sitúase perpendicular ás vías do tren e desenvólvese unicamente nunha planta. Ocupa unha superficie de 3.625 m² que comprenden dous volumes de características físicas distintas.
A estación ten dúas plataformas de 10 m de anchura e unha lonxitude de estacionamento de 400 metros dotados de marquesiñas de protección. O acceso ás plataformas efectúase a través da zona de embarque, conectada mediante escaleiras fixas, mecánicas e ascensores. Esta alternativa permite reducir o número de movementos verticais que debe realizar o usuario e facilita a relación visual coa paisaxe.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa Distancia
[editar | editar a fonte]Actualizados a 20 de xuño de 2016.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información na web de Adif Arquivado 14 de xuño de 2016 en Wayback Machine.