Estación de Alacant-Terminal
Alacant - Terminal | |
---|---|
Situación | Alacant |
Servizos | |
Liñas | |
Alta velocidade | AVE |
Longa Distancia | Alvia, Euromed, Talgo |
Media distancia | MD, Rexional, Rexional Exprés |
Cercanías | |
Intermodalidade | |
Metro | en Luceros (300 m) |
Bus | |
Outros | Taxi |
Alacant-Terminal é a principal estación de tren de Adif da cidade de Alacant. É unha estación de carácter terminal. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia, ademais de ser cabeceira de dúas liñas da rede de Proximidades Murcia/Alacant.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]Na estación, situada a 22,45 metros de altitude, conflúen diferentes liñas:[1]
- Liña férrea de alta velocidade e ancho internacional que une Madrid con Alacant, punto quilométrico 485,925.
- Liña férrea de ancho ibérico que une La Encina e Alacant, punto quilométrico 454,7.
- Liña férrea de ancho ibérico que une Alacant e Murcia, punto quilométrico 0,0.
Historia
[editar | editar a fonte]Os antecedentes da chegada do ferrocarril á cidade sitúanse nos desexos de conectar Madrid con Alacant tomando como punto de partida a liña Madrid-Aranjuez e a súa prolongación ata Albacete vía Alcázar de San Juan por parte da Compañía do Camiño de Ferro de Madrid a Aranjuez que tiña a José de Salamanca como o seu principal impulsor.[2] O 1 de xullo de 1856 José de Salamanca, que se uniu coa familia Rothschild e coa compañía do Chemin de Fer du Grand Central, obtiveron a concesión da liña Madrid-Zaragoza que, unida á concesión entre Madrid e Alacant, daría lugar ao nacemento da Compañía dos Ferrocarrís de Madrid a Zaragoza e Alacant ou MZA.[2] Esta última foi a encargada de inaugurar a estación o 26 de maio de 1858 coa apertura do tramo Almansa-Alacant. A viaxe inaugural foi presidida pola raíña Isabel II. A pesar diso, e segundo consta nos documentos oficiais da compañía e nas Memorias das obras públicas, a posta efectiva en servizo realizouse algo antes, o 15 de marzo de 1858.
A construción da estación foi encargada por MZA a varios enxeñeiros franceses entre os que se atopaban M. Julien.[2] Para iso descartouse un proxecto anterior xulgado insuficiente para o tráfico previsto. A instancias do Ministerio da Guerra, tamén se descartou situar a estación xunto ao porto movéndoa á porta de San Francisco.[2] O edificio que finalmente se construíu, dotou á cidade dunha das maiores estacións de España da época. Estaba formada por dous corpos paralelos ás vías, de planta baixa, entre os cales se situou o acceso principal ao recinto, con escalinata previa e galería de columnas dóricas como principais elementos decorativos.[3] O conxunto cubriuse cunha ampla marquesiña metálica de dúas vertentes tipo Polonceau fabricada por Scheneider e Cía de Le Creusot.[2] Dita marquesiña consérvase na actualidade sen apenas cambios substanciais.
Entre 1967 e 1968, Renfe, que xestionaba a estación desde 1941, decidiu reformar a fachada principal co propósito de modernizala. Retiráronse as columnas, e con iso gran parte do neoclasicismo que desprendía o edificio, substituíndoas por un corpo central que servía de novo acceso ao recinto.
Desde o 31 de decembro de 2004, Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
En 2010 anunciouse a construción dunha nova estación para a chegada da alta velocidade á cidade. O primeiro servizo de alta velocidade chegou á estación o 18 de xuño de 2013.
A estación
[editar | editar a fonte]Sitúase preto do centro urbano fronte á avenida Salamanca. Componse de seis vías ás que acceden diferentes plataformas froito da súa configuración como estación terminal. Posúe puntos de información, venda de billetes, aseos e servizos adaptados ás persoas con minusvalía. Ademais contén locais comerciais, cafetería, servizos bancarios e alugueiro de coches. No exterior hai un aparcadoiro situado nun dos laterais do recinto e unha parada de taxis. Existen tamén paradas próximas de autobuses urbanos.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa Distancia
[editar | editar a fonte]Actualizados a 2 de xullo de 2016.
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizados a 2 de xullo de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
43 | MD | Alacant-Terminal | <> | Lorca-Sutullena |
44 | MD Rexional Rexional Exprés |
Zaragoza-Delicias Valencia-Estació del Nord |
<> | Alacant-Terminal Murcia del Carmen Cartaxena |
45 | MD | Alacant-Terminal | <> | Cidade Real |
46 | Rexional | Alacant-Terminal | <> | Albacete-Los Llanos |
A estación ten servizo de Proximidades Renfe cunha frecuencia de 1 ou 2 trens por hora na liña C-1 e uns poucos trens ao día na liña C-3. É cabeceira de ambas as liñas.
Liña | Destino / Orixe |
---|---|
Murcia del Carmen | |
Sant Vicent Centre |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Madrid a Aranjuez, Aranjuez a Almansa, Almansa a Alicante Spanishrailway
- ↑ La estación Alicante Central Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Conselleria d'Infraestructures. 150 años del ferrocarril en Alicante
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Alacant-Terminal |
- Información na web de Adif Arquivado 24 de xuño de 2016 en Wayback Machine.