Saltar ao contido

Estación de Donostia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Sebastián/Donostia
Tren de media distancia na estación
SituaciónDonostia
ServizosRestauración Aparcadoiro.
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Intercity, Trenhotel
Media distanciaMD, Intercity
CercaníasProximidades Renfe Donostia

A estación de Donostia (segundo a denominación de Adif San Sebastián/Donostia), coñecida tamén como Estación do Norte, de Atotxa ou de Iparralde, é unha das estacións de tren de Adif da cidade vasca de Donostia. Foi inaugurada en 1864 e trátase dun dos máis valiosos monumentos da cidade.

Dispón de servizos de Longa e Media Distancia operados por Renfe, ademais de formar parte da única liña existente da rede de proximidades na cidade. No ano 2010 foi utilizada por algo menos de 315.000 pasaxeiros (sen contar tráfico de proximidade).[1]

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 622,564 da liña férrea de ancho ibérico que une Madrid con Hendaia a 4,60 metros de altitude.[2]

1920
Fachada principal

A estación do Ferrocarril do Norte, obra realizada polo enxeñeiro C. A. Letourneur, inaugurouse o 15 de agosto de 1864. Entre os feitos máis destacables nos primeiros pasos da estación cabe sinalar que foi desde a Estación do Norte de Donostia desde onde a raíña Isabel II fuxiu ao exilio francés en 1868, tras a Revolución de 1868.

En 1881 produciuse a primeira reforma a cargo do tamén francés Biarez, coa ampliación dos laterais, creación de dous novos pavillóns e a instalación da marquesiña metálica que cobre as vías. Esta marquesiña foi realizada nos talleres de Gustave Eiffel, aínda que probablemente non fose o propio enxeñeiro francés o encargado do seu deseño e construción.[3]

En 1905 realizáronse novas obras: a pasarela sobreelevada que cos seus cinco arcos e un magnífico reloxo poría en comunicación a ponte nova de María Cristina coa praza de touros de Atotxa.

Anteriormente, o 22 de xuño de 1858 iniciáronse as obras para a construción do Ferrocarril do Norte. Aquela mañá os talleres pecháronse e houbera repique de campás. A corporación donostiarra asistira ao acto, sendo precedidos pola música de afeccionados, tamboril, clarineros e maceros da cidade. Chegaron ao glacis, chaira en costa que baixaba ao río, embarcáronse nas gabarras e cruzaron o río Urumea. A ponte de Santa Catalina estaba engalanado con diversas bandeiras e os habitantes da cidade e dos seus pobos próximos, uns embarcados, outros polas beiras e os demais baixando polos outeiros inmediatos, viñan completar o cadro máis vistoso, que os ecos da música facíanos máis interesante.

No acto houbo discursos e bendicións e a música de afeccionados cun coro de trescentos mozos entoaron o himno preparado para o momento. O regreso das gabarras foi de grande animación e seguiu o día con diversos actos oficiais. Desde as sete da tarde o público acudía á Praza de Constitución, acendéndose a iluminación. No centro da praza había un tablado iluminado con vasiños en forma de pavillóns con bandeirolas. A música de afeccionados, alternando co tamboril entoou repetidas veces o himno composto para tal ocasión e houbo baile e alegría. A festa terminou ás doce da noite dese 22 de xuño de 1858, co touro de lume.

En 1941, coa nacionalización do ferrocarril en España, Norte desapareceu e pasou a formar parte de Renfe. Esta último xestionou o recinto ata a creación de Adif a finais de 2004.

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Longa distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 26 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observación
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Surex Hendaia Irún · Donostia · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Valladolid-Campo Grande · Medina del Campo · Salamanca · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Vilar Formoso · Guarda · Celorico da Beira · Mangualde · Santa Comba · Coímbra · Pombal · Caxarias · Entroncamento · Lisboa-Oriente Lisboa-Santa Apolonia 1 tren diario por sentido

Media distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 26 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino Destino/Orixe
  MD
Intercity
Irún Madrid-Chamartín
25 MD Irún Vitoria
Miranda de Ebro

Proximidades

[editar | editar a fonte]

É unha das estacións do núcleo de proximidades Renfe Donostia, pola que pasa a única liña deste núcleo. A estación está situada na zona tarifaria 1 do núcleo e os trens que por ela circulan conectan cos municipios costeiros situados ao leste de Donostia ou os situados nos vales dos ríos Deba e Oria.

<< cabeceira < estación liña estación > cabeceira >>
Irún Gros Loiola Brínkola
  1. Datos de 2010 extraídos do Anuario del ferrocarril 2011 editado pola Fundación de los Ferrocarriles Españoles y Vía Libre
  2. San Sebastián (Est.) Euroferroviarios
  3. "¿Es o no es obra de Eiffel la marquesina de la Estación del Norte?", artigo en Diario Vasco, 7 de outubro de 2007 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]