Saltar ao contido

Esteban Cortizas Vilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEsteban Cortizas Vilar
Biografía
NacementoMugardos, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1946 Editar o valor en Wikidata
Mugardos, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesBailarín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarín, político Editar o valor en Wikidata

Esteban Cortizas Vilar, coñecido como Bailarín, nado en Mugardos e finado no mesmo concello o 23 de xaneiro de 1946, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrou aos Estados Unidos de América, onde foi bailarín e profesor de baile co nome Cortez.[1] Retornou a Mugardos en 1922, e foi profesor de baile.[2] Volveu marchar aos Estados Unidos e retornou noutras ocasións a Mugardos aproveitando as xiras que facía por Inglaterra, París e Bélxica.[3][4] Tamén traballou nalgunhas películas. Seguiu visitando Mugardos nos anos da República.[5] Definitimaente instalado en Mugardos, foi vicepresidente do Casino Mugardés en xaneiro de 1936.[6] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe dos "balillas" de Mugardos,[7] xefe local da Falanxe de Mugardos e un dos principais responsábeis da represión na zona de Mugardos. Foi nomeado concelleiro de Mugardos e foi primeiro tenente-alcalde. En febreiro de 1944 foi destituído polo gobernador civil "por conduta incorrecta e proceder agresivo contra unha xerarquía de Falange".[8][9] Foi executado no Casino de Mugardos onde estaba reunida a directiva, polos guerrilleiros Adolfo Allegue Allegue e José Vázquez Mauriz o 23 de xaneiro de 1946; os guerrilleiros efectuaron varios disparos, alcanzando tres deles a Cortizas que foi traslado ao Sanatorio do Carme onde morreu.[10]

  1. "Un español <<as>> de la danza en New-York", Elegancias, 8, 8-1923, p. 28-29.
  2. El Correo Gallego, 19-8-1922, p. 2.
  3. El Correo Gallego, 9-5-1925, p. 4.
  4. El Correo Gallego, 13-8-1925, p. 2.
  5. La Voz de Galicia, 14-2-1933, p. 2.
  6. El Pueblo Gallego, 14-1-1936, p. 7.
  7. La Voz de Galicia, 13-8-1936, p. 4.
  8. El Compostelano, 25-2-1944, p. 2.
  9. El Correo Gallego, 26-2-1944, p. 3.
  10. Outras fontes afirman que a execución aconteceu o 22 de novembro de 1945. Paco Balón: memorias de un comunista ferrolano, Ediciós do Castro, 1999, p. 129. CARNEIRO, J. e RODRÍGUEZ, M., Historia de Mugardos (2004) p. 165.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]