José Vázquez Mauriz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1905 ![]() Mugardos, España ![]() |
Morte | 1947 ![]() valor descoñecido ![]() |
Outros nomes | Patitas ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
![]() |
José Vázquez Mauriz, coñecido como Patitas, nado en Mugardos o 6 de xuño de 1905 e finado en 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Afiliado ao PCE. Coxo (de aí o alcume), escapou ao monte ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi procesado por rebelión militar en 1937 e declarado en rebeldía.[1] Foi o coordinador dos primeiros grupos guerrilleiros da comarca do Eume. Unha ferida recibida durante a guerra deixouno mancando. Ferido en 1945, foi curado por un médico de Pontedeume. Pertenceu á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, no mesmo grupo que Ramiro Martínez López. Con Adolfo Allegue Allegue participou na execución do xefe local da Falange de Mugardos Esteban Cortizas Vilar o 23 de xaneiro de 1946. Negouse a marchar a Francia en 1946. Defensor da unidade de acción sen ter en conta a filiación política, foi eliminado a finais de 1947 por orde do responsable Francisco Rey Balbís, ao que se tiña oposto moitas veces. Segundo outras fontes, tería sido executado polos seus compañeiros como consecuencia dunha violación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 29-6-1937, p. 6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vázquez Arias, Juan Carlos (2017). "Fuxidos de Soaserra y Regoela (Cabanas)" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (24): 7–47. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2019. Consultado o 15 de agosto de 2021.
- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 468–470. ISBN 978-84-1176-172-7.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.