Estrella de Galicia
O Estrella Galicia, popularmente coñecido como o Shangai[1], foi un servizo ferroviario nocturno de RENFE e Renfe Operadora, operado con coches convencionais e que unía Barcelona con Vigo e A Coruña e viceversa diariamente.
Aínda que xa existían trens directos que unían Galicia con Barcelona desde 1949, a marca ou produto Estrella naceu como tal en 1984[1]. Foi substituído o 26 de xaneiro de 2009 polo Trenhotel Galicia[1], servido con material remolcado de Talgo, que ofrece un maior confort e calidade, o cal implicou o aumento das tarifas.
Percorrido
[editar | editar a fonte]Saía de Barcelona-Sants, A Coruña e Vigo-Urzáiz pola tarde e chegaba ao destino no día seguinte á mañá. As ramas da Coruña e Vigo realizan xuntas o percorrido dende/a partir de Monforte de Lemos.
Treito que percorre a Galicia norte:
Treito que percorre a Galicia sur:
Tren conxunto:
- San Clodio-Quiroga • A Rúa-Petín • O Barco de Valdeorras • Ponferrada • Astorga • León • Palencia • Burgos-Rosa de Lima • Logroño • Castejón de Ebro • Tudela • Zaragoza • Lleida-Pirineus • Camp de Tarragona • Barcelona.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Historia del expreso de Barcelona a Galicia". www.vialibre-ffe.com (en castelán). Consultado o 2017-12-31.