Saltar ao contido

Euphorbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Euphorbia

Euphorbia cf. serrata'
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Rosids
Orde: Malpighiales
Familia: Euphorbiaceae
Subfamilia: Euphorbioideae
Tribo: Euphorbieae
Subtribo: Euphorbiinae
Griseb.
Xénero: Euphorbia
L.
Especie tipo
Euphorbia antiquorum
L.
Subgenera

Chamaesyce
Esula
Euphorbia
Rhizanthium
and see below

Sinonimia

Chamaesyce
Elaeophorbia
Endadenium
Monadenium
Synadenium
Pedilanthus

Euphorbia é un xénero de plantas da familia euforbiáceas que abrangue 2008 especies,[1], un dos xéneros máis grandes e morfoloxicamente o máis diverso [2]. Euphorbia antiquorum é o especie tipo para o xénero Euphorbia[3]. Carl Linnaeus describiuna en 1753 en Species Plantarum. O xénero encóntrase principalmente nas rexións tropicais e subtropicais de África e América, mais tamén en zonas temperadas de todo o mundo. As especies suculentas habitan na súa maioría en África, América e Madagascar. Existe tamén un amplo rango de especies insulares: no arquipélago de Hawai onde reciben colectivamente o nome de "akoko",[4] e nas Illas Canarias onde se coñecen como "tabaibas".[5][6]

O nome botánico Euphorbia deriva de Euphorbo, o médico grego do rei Xuba II de Numidia (52–50 a.C. – 23 d.C.), que casou cunha filla de Antonio e Cleopatra.[7] El escribiu que unha Euphorbia, de forma de cacto, era un forte laxante.[7] No 12 a.C., Xuba deulle o seu nome á planta en resposta a que Augusto dedicara unha estatua a Antonio Musa, o seu médico persoal e irmán de Euhorbo.[7] Carl Linnaeus asignou o nome Euphorbia ao xénero enteiro na honra do médico.[8]

Descrición

[editar | editar a fonte]

As plantas son herbas anuais ou perennes, arbustos frondosos ou árbores; o seu principal punto en común é a produción de látex, líquido branco leitoso, cáustico e tóxico pola euforbina que contén. As raíces son delgadas ou grosas e carnosas ou ben tuberosas. Moitas especies son suculentas, algunhas espiñentas. O talo principal, e en moitas tamén as pólas, das especies suculentas son grosos e carnosos, con 15–91 cm de altura. As follas caducifolias son opostas, alternadas ou en verticilio. Nas especies suculentas as follas adoitan ser pequenas e de vida curta. As estípulas son na súa maioría pequenas, transformadas en parte en espiñas ou glándulas.

As flores, como en todas as euforbiáceas, son unisexuais, pero é característico da Euphorbia presentar unha inflorescencia que aparenta unha flor única, denominada ciatio, que é un pequeno invólucro con forma de copa consistente en brácteas fusionadas e glándulas no bordo envolvendo un conxunto de flores estaminadas que circundan unha única flor pistilada. Todo o conxunto aseméllase a unha soa flor. A maioría das especies son monoicas, presentando na mesma planta flores masculinas e feminias, non obstante algunhas son dioicas, con flores masculinas e femininas en diferentes plantas. Non é raro que o ciatio central dunha cimeira sexa masculina e as laterais teñan ambos os dous sexos. Ás veces nas plantas novas ou aquelas que medran en condicións desfavorables teñan só flores masculinas, e só producen flores femininas no ciatio ao madurecer ou mellorar as condicións.

As brácteas con frecuencia aseméllanse follas, por veces de cores brillantes e atractivas e aínda outras veces moi pequenas. O froito é capsular, con tres carpelos, raramente dous, que se divide en monocarpos na madureza, crebando explosivamente, diseminando as sementes, que son angulares, ovais ou esféricas e nalgunhas especies están recubertas cun arilo cun eleosoma no cabo.

Toxicidade

[editar | editar a fonte]

O líquido leitoso, chamado látex, desenvolveuse como un disuasivo para os herbívoros. É de cor branca e incoloro cando seca, agás en E. abdelkuri, onde é amarelo. O líquido sae a presión por calquera ferida e calla despois duns poucos minutos de contacto co aire. A composición específica de ésteres diterpenos ou triterpenos varía, determinando que cáustica e irritante é cada especie. En contacto coas membranas mucosas (ollo, nariz, boca), o látex pode producir unha inflamación moi dolorosa e mesmo pode chegar a producir cegueira.[9]

Ciatio de E. pulcherrima

Varias plantas do xénero medran como plantas de xardín, entre elas a E. pulcherrima (a coñecida flor do Nadal) e a suculenta E. trigona. E. pekinensis úsase na medicina tradicional chinesa, onde se clasfica como unha das 50 herbas principais. Varias especies tamén as utilizan as larvas dalgúns Lepidópteros, como é o caso de Hyles euphorbiae e Hyles tithymali, e mais tamén Hypercompe scribonia.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Segundo estudos recentes de secuencia de ADN[10][11][12] moitos dos "xéneros satélites" máis pequenos arredor do enorme xénero Euphorbia aniñan neste último. Como consecuencia estes taxons, así como o xénero xeralmente non aceptado Chamaesyce e mais tamén o pequeno xénero Cubanthus,[13] Elaeophorbia, Endadenium, Monadenium, Synadenium e Pedilanthus transferíronse a Euphorbia. A subtribo enteira Euphorbiinae agora só consiste no xénero Euphorbia.

Subxéneros

[editar | editar a fonte]

O xénero Euphorbia é un dos máis grandes e complexos das anxiospermas e moitos botánicos fixeron intentos infrutuosos para dividilo noutros máis pequenos. Segundo recentes estudos filoxenéticos,[10][11][12] Euphorbia poderíase dividir en 4 subxéneros, cada un contendo varias, aínda non suficientemente estudados, seccións e grupos. Destes, Esula é o máis basal. Chamaesyce e Euphorbia son probablemente grupos irmáns pero moi estreitamente relacionados co Rhizanthium. Con toda probabilidade desenvolvéronse amplas adaptacións xeromórficas en varias ocasións; non se coñece se o antecesor das liñaxes Rhizanthium e Euphorbia foi xeromórfico ou se ese vasto xeromorfismo é totalmente polifilético mesmo a nivel do subxénero.

  • Esula
  • Rhizanthium
  • Chamaesyce
  • Euphorbia
  1. "WCSP". World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 2011-04-16. 
  2. David Horvarth et al. "Euphorbia" in Chittaranjan Kole (ed.) Wild Crop Relatives: Genomic and Breeding Resources: Plantation and Ornamental Crops. Springer (2011), p. 125
  3. S. Carter (2002). "Euphorbia". En Urs Eggli (ed.). Dicotyledons. Illustrated Handbook of Succulent Plants 5. Springer. p. 102. ISBN 978-3-540-41966-2. 
  4. Module 14: Hawaiian Arquivado 28 de abril de 2012 en Wayback Machine. in A Mini-Course in Medical Botany Arquivado 14 de xullo de 2009 en Wayback Machine.
  5. tabaibas
  6. http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=tabaiba
  7. 7,0 7,1 7,2 Nancy Dale (1986). California Native Plant Society, ed. Flowering Plants of the Santa Monica Mountains. p. 107. ISBN 978-0-88496-239-7. 
  8. Carl Linnaeus (1753). "Euphorbia". Species Plantarum (1st ed.). p. 450. 
  9. Tom Eke, Sahar Al-Husainy & Mathew K. Raynor (2000). "The spectrum of ocular inflammation caused by Euphorbia plant sap" (PDF). Arch Ophthalmol. 118 (1): 13–16. PMID 10636407. 
  10. 10,0 10,1 Victor W. Steinmann & J. Mark Porter (2002). "Phylogenetic relationships in Euphorbieae (Euphorbiaceae) based on ITS and ndhF sequence data". Annals of the Missouri Botanical Garden 89 (4): 453–490. JSTOR 3298591. 
  11. 11,0 11,1 Victor W. Steinmann (2003). "The submersion of Pedilanthus into Euphorbia (Euphorbiaceae)" (PDF). Acta Botanica Mexicana 65: 45–50. 
  12. 12,0 12,1 Peter V. Bruyns, Ruvimbo J. Mapaya & Terrence J. Hedderson (2006). "A new subgeneric classification for Euphorbia (Euphorbiaceae) in southern Africa based on ITS and psbA-trnH sequence data". Taxon 55 (2): 397–420. 
  13. Víctor W. Steinmann, Benjamin van Ee, Paul E. Berry e Jorge Gutiérrez (2007). "The systematic position of Cubanthus and other shrubby endemic species of Euphorbia (Euphorbiaceae) in Cuba". Anales del Jardín Botánico de Madrid 64 (2): 123–133. doi:10.3989/ajbm.2007.v64.i2.167. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Buddensiek, Volker (2005): Succulent Euphorbia plus (CD-ROM). Volker Buddensiek Verlag.
  • Carter, Susan (1982): New Succulent Spiny Euphorbias from East Africa
  • Carter, Susan & Eggli, Urs (1997): The CITES Checklist of Succulent Euphorbia Taxa (Euphorbiaceae)
  • Carter, Susan & Smith, A. L. (1988): Flora of Tropical East Africa, Euphorbiaceae
  • Noltee, Frans (2001): Succulents in the wild and in cultivation, Part 2 Euphorbia to Juttadinteria (CD-ROM)
  • Eggli, Urs (ed.) (2002): Sukkulentenlexikon (Vol. 2: Zweikeimblättrige Pflanzen (Dicotyledonen)). Eugen Ulmer Verlag.
  • Everitt, J. H.; Lonard, R. L., Little, C. R. (2007). Texas Tech University Press, ed. Weeds in South Texas and Northern Mexico. Lubbock. ISBN 0-89672-614-2. 
  • Pritchard, Albert (2003): Introduction to the Euphorbiaceae ISBN 978-88-900511-4-2.
  • Schwartz, Herman (ed.) (1983): The Euphorbia Journal Strawberry Press, Mill Valley, California, USA
  • Singh, Meena (1994): Succulent Euphorbiaceae of India. Mrs. Meena Singh, A-162 Sector 40, NOIDA, New Delhi, India.
  • Turner, Roger (1995): Euphorbias—A Gardeners' Guide. Batsford, England.
  • Aditya Soumen [2010,Apr.]A revision of geophytic euphorbia species from India. Euphorbia World journal. Vol.6-No.1,ISSN 1746-5397
  • Pritchard albert[2010] "Monadenium" cactus & co . ISBN 978-88-95018-02-7

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]