Euseino? Editores
Euseino? Editores | |
---|---|
Sede de Euseino?, na rúa México, de Vigo. | |
Tipo | editorial |
Data de fundación | 2012 |
Sede | Vigo |
En | Vigo |
País | Galicia |
42°13′54″N 8°42′58″O / 42.231754743066, -8.7162036302536 | |
Na rede | |
https://euseino.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Euseino? Editores é o selo editorial da Fundación Euseino?, con sede en Vigo.
Características
[editar | editar a fonte]Euseino? naceu en 2012 como un proxecto de Carlos Lema e Beatriz Fraga para a publicación de textos sobre as relacións entre filosofía, literatura, teoría da literatura e estética.
O seu catálogo está formado pola colección Casabranca, dedicada á filosofía, con obras de Rebeca Baceiredo, Delmiro Rocha, Abraham Rubín, Quentin Meillassoux e Anna Longo. A colección Rúa do Sol está dedicada á teoría das artes. A colección Rúa do Lagarto está dedicada á literatura en prosa. Tamén se inclúe a serie Onocrótalo de álbums ilustrados. A publicación periódica Anotacións sobre literatura e filosofía[1] inclúe ensaios de autores coma Giorgio Agamben, Michael Marder, Inma Otero, Miguel Penas, Graham Harman e Chus Pato, mentres que Urania[2] recolle o diálogo de Chus Pato con poetas actuais.
A súa liña editorial tamén difunde en galego o pensamento filosófico do realismo especulativo.
Publicacións
[editar | editar a fonte]Colección Casabranca
[editar | editar a fonte]Trátase dunha colección de obras de filosofía. Está dirixida por Carlos Lema e, dende o 2022, o seu editor é coordinador é Mario Losada.[3]
N.º | Ano | Título | Autoría | Tradución |
---|---|---|---|---|
1 | 2013 | A revolución non vai ser televisada | Rebeca Baceiredo | N/A |
2 | 2013 | A música das esferas: xenealoxía da orde do mundo | Carlos Lema | N/A |
3 | 2014 | Quizais: filosofía ético-política do porvir | Delmiro Rocha | N/A |
4 | 2014 | Tempo sen devir, seguido de Continxencia e liberdade | Quentin Meillasoux/Anna Longo | Carlos Lema |
5 | 2015 | Capitalismo e fascismo: psico-ontoloxía da escravitude | Rebeca Baceiredo | N/A |
6 | 2016 | Corpo-circuítos: máquinas de subxectivación | Abraham Rubín | N/A |
7 | 2017 | Filosofía da individuación | Miguel Penas | N/A |
8 | 2017 | Emerxencia | Maurizio Ferraris | Inma Otero Varela |
9 | 2019 | A monstruosidade moderna | Carlos Lema | N/A |
10 | 2021 | A orde dos obxectos | Mario Losada | N/A |
11 | 2021 | Transhumanismo: tecnociencias e antropotecnias | Brais Arribas | N/A |
12 | 2022 | O obxecto muller e o xiro ontolóxico | Inma Otero Varela | N/A |
13 | 2022 | Clarice Lispector: intuicións ontolóxicas. Travesías cara a nada | Rebeca Baceiredo | N/A |
14 | 2023 | Verdade e acción: a certeza pragmática | Fernando González Gándara | N/A |
Colección Onocrótalo
[editar | editar a fonte]Trátase dunha colección de álbums ilustrados, centrados na arte contemporánea. Está dirixida pola súa creadora, Beatriz Fraga.[4]
N.º | Ano | Título | Autoría |
---|---|---|---|
1 | 2017 | Lica | Beatriz Fraga |
2 | 2019 | Mondas | Din Matamoro e María Infantes |
3 | 2021 | Aventuras espaciais de T e Ronni | Maks |
Colección Rúa do Lagarto
[editar | editar a fonte]Trátase dunha colección de literatura. Foi fundada por Beatriz Fraga e Carlos Lema, de 2021 a 2023 a súa editora e directora foi Berta Dávila.[5]
N.º | Ano | Título | Autoría |
---|---|---|---|
1 | 2012 | O Rei Portador e outras historias | Beatriz Fraga |
2 | 2022 | Ninguén queda | Brais Lamela |
3 | 2023 | Diario de dúas casas | María Villamarín |
Colección Rúa do Sol
[editar | editar a fonte]Trátase dunha colección sobre as artes e a teoría artística. Combina o libro impreso co dixital, e conta con publicacións en acceso libre.[6]
N.º | Ano | Título | Autoría | Tradución |
---|---|---|---|---|
1 | 2013 | Principios xerais para o axeitamento da forma e da cor en Arquitectura e Artes Decorativas | Owen Jones | Hadrián Loureiro |
2 | 2017 | Un Coup de dés, ou a divinización materialista da hipótese | Quentin Meillasoux | Carlos Lema |
3 | 2018 | A verdade errada e a representación errante | Rebeca Baceiredo | N/A |
4 | 2020 | A representación da Bela Dormente a través da indumentaria | Beatriz Fraga | N/A |
5 | 2020 | Ensaio sobre o poema e o mar da morte | Antón Blanco Casás | N/A |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anotacións sobre a literatura e a filosofía na páxina web da editorial.
- ↑ Urania na páxina web da editorial.
- ↑ "Casabranca". euseino.org. 2012-11-16. Consultado o 2024-03-10.
- ↑ "Onocrótalo". euseino.org. 2021-04-22. Consultado o 2024-03-12.
- ↑ "Rúa do Lagarto". euseino.org. 2024-09-29. Consultado o 2024-09-29.
- ↑ "Rúa do Sol". euseino.org. 2013-06-28. Consultado o 2024-03-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Euseino? Editores |