Giorgio Agamben
Giorgio Agamben, nado en Roma en 1942, é un filósofo italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Agamben naceu en Roma no 1942. Doutorouse na Universidade de Roma cunha teses do pensamento político de Simone Weil. Ampliou a súa lingüística e medievalística en París. En 1974 e 1975 realizou investigacións no Warburg Institute de Londres sobre a relación entre a linguaxe e a pantasma no concepto medieval de melancholia. Profesor de estética nas universidades italianas de Macerata (1988-93), Verona (1993-2003) e Venecia (2003), e visitante de diversas universidades europeas e norteamericanas. No ano 2003 foi nomeado Distinguished Professor na Universidade de Nova York, pero despois rexeitou o encargo en protesta pola política exterior e migratoria da administración norteamericana. Dirixiu a edición italiana das Obras completas de Walter Benjamin para a Editorial Einaudi de Turín.
Pensamento
[editar | editar a fonte]No seu pensamento están presentes influencias, entre outras, de Benjamin, Heidegger, de quen foi discípulo en distintos seminarios, e Foucault, a cuxa concepción da biopolítica da continuidade. A súa creación intelectual estivo inicialmente centrada na teoría da literatura e na crítica da arte, xirando progresivamente cara a filosofía política, da que son o máis claro expoñente os diversos volumes do seu Homo sacer.
Homo sacer
[editar | editar a fonte]Entre as súas obras destaca Homo Sacer que enuncia unha filosofía política na que estuda as relacións entre o dereito, poder soberano e as expresións cívico-sociais deste último. Crítico da sociedade contemporánea, que analiza desde un enfoque que rompe cos paradigmas constitucionalistas do Estado de dereito, o seu pensamento da continuidade ás formulacións de Benjamin e Foucault, dous autores centrais no discurso argumental, no que fai unha descrición dramática do cidadán desposuído, diminuído a unha condición política vexetativa, onde as expresións de participación política foron esterilizadas.
Retoma a distinción aristotélica entre zoe e bios, conceptos descritivos da vida espida de atributos e vida digna, advirte como na sociedade contemporánea, onde abundan os grupos humanos baixo mínimos (emigrantes, refuxiados, deportados, et cétera) redescúbrese o homo sacer, a vida espida, a realidade biolóxica desprovista de toda condición cívica... Unha proxección da biopolítica enunciada por Foucault, como forma degradada da democracia política e expresión do poder sobre un conxunto social no tanto de cidadáns como de seres vivos. A crítica e o pesimismo de Agamben chegan a establecer unha liña de continuidade entre as formas políticas ditatoriais como o nazismo e o fascismo cos modelos democráticos occidentais dos nosos días, onde os dispositivos de poder, nos que mete aos medios de comunicación, absorben, modelan e xestionan a soberanía. O denominador común, antes e agora, é a capacidade de reducir a condición humana a vida núa e impoñer estados de excepción, isto é, atribuír ou desatribuír a condición cívica, gradualizala e redefinila, con casos límite como o dos prisioneiros da base norteamericana de Guantánamo, sinala Agamben. As formas totalitarias que se esconden baixo a pel da democracia coñecen modalidades onde o Estado de dereito prescinde do dereito e xustifica os estados de excepción como mecanismos de defensa da democracia. É o que Agamben, que pon como exemplo a política presidencial de George W. Bush, denomina “guerra civil legal”.
Non obstante, o ser humano distínguese na súa capacidade de comunicar como a de imaxinar, que é a verdadeira fonte e radica a posibilidade de facer fronte á indixencia política, recuperar a vida digna e os atributos cívicos.
O que queda de Auschwitz. O arquivo e a testemuña. Homo Sacer III
[editar | editar a fonte]Nesta obra fala do problema das circunstancias históricas (materiais, técnicas, burocráticas, xurídicas...) nas que tivo lugar o exterminio dos xudeus pode considerarse hoxe suficientemente aclarado, grazas ás investigacións, cada vez mellores e máis amplas, que se dan cita neste eido. Pero a situación é moi distinta polo que fai o ó significado ético e político do exterminio e ata a propia compresión humana do sucedido; é dicir, no último caso un verdadeiro intento de comprensión global, senón que carecemos incluso de algo que nos permita acercarnos ó sentido e ás razóns do comportamento dos verdugos e das súas vítimas, cuxas palabras no seguen parecendo, un misterio. Entre o querer comprender demasiado apurado daqueles que dispoñen de explicacións para todo e a negativa a comprender dos sacralizadores a calquera prezo, esta obra opta por un terceiro camiño; trata de escoitar as voces das testemuñas, como a lagoa do intestimoniable, a presenza sen rostro que todo testemuño contén necesariamente, a daqueles que tocaron fondo, os musulmáns.
Así Auschwitz, xa non só se presenta como o campo da morte senón como o lugar dun experimento aínda impensado no que as características entre o humano e o inhumano se esvaecen. Sometida a proba de Auschwitz, a enteira reflexión moral do noso tempo mostra a súa completa insuficiencia, e o que entre as súas ruínas aparece o perfil incerto dunha nova terra ética: a do testemuño. Remata a obra cunha cita de Bronislaw Goscinski onde aparecen unha serie de preguntas que falan dos musulmáns, onde se presentan como persoas sen dereitos e considerados cans vagabundos cuxa única salvación é o crematorio.
A figura intelectual de Agamben imponse a través do seus traballos de filosofía política, os seus numerosos libros e artigos testemuñan unha multiplicidade de intereses: a Lingüística, a Literatura medieval e renacentista, o Dereito, a Teoloxía e, en particular, a Estética. En cada un destes campos sabe combinar, xunto a unha exquisita erudición, a contextualización filolóxica e histórica de textos e autores coa análise conceptual precisa e novidosa.
Agamben non abandona a reflexión lingüística como unha maneira de construír unha ontoloxía do presente. Infanzia e storia articula unha teoría da historia e da experiencia de base benjaminiana (Agamben é director, a partir de 1979, da edición italiana das obras completas de Benjamin), con profundos lazos coa teoría lingüística que lle é contemporánea (Emile Benveniste, sobre todo). Infancia e historia é un “ensaio sobre a destrución da experiencia”.
Nas dúas obras anteriores de Agamben refléxanse dúas ideas principais:
No primeiro lugar, se hai un incremento do control político sobre as nosas vidas, este control xa non se desenvolve a través dos aparatos tradicionais de control e sometemento (a Xustiza, a policía etc., que supoñen a existencia dos individuos en tanto cidadáns) senón a través de mecanismos que despoxan previamente ós individuos de todo dereito ou etiqueta xurídica: a nutrición, os sistemas sanitarios (a mesma definición de “morte cerebral” é un dispositivo que fai dos corpos meros bancos de órganos), a eutanasia e o control da natalidade.
En segundo termo, existe un paradoxo xurídica que pode deixar ó suxeito dentro e fóra da lei ó mesmo tempo. Fóra da lei, deixa de ser un suxeito xurídico e transfórmase nunha mera existencia, unha “nuda vida”, tal e como os campos (de concentración e de exterminio) o demostran. Alí onde houbo existencia política habería agora nuda vida, que non sería senón a tradución moderna do homo sacer.
Obras
[editar | editar a fonte]- L'uomo senza contenuto, 1970. O home sen contido
- Stanze. La parola e il fantasma nella cultura occidentale, 1979 Estancias
- Infanzia e storia. Distruzione dell'esperienza e origine della storia, 1979
- Il linguaggio e la morte, 1982
- La fine del pensiero, 1982
- Idea della prosa, 1985
- La comunità che viene, 1990 A Comunidade que ven
- Bartleby, la formula della creazione, 1993 (con Gilles Deleuze)
- Homo sacer. Il potere sovrano e la nuda vita, 1995
- Mezzi senza fine. Note sulla politica, 1996
- Categorie italiane, 1996
- Image et mémoire, 1998
- Quel che resta di Auschwitz. L'archivio e il testimone, 1998
- Il tempo che resta, 2000
- L'aperto. L'uomo e l'animale, 2002
- L'ombre de l'amour, 2003 (con Valeria Piazza)
- Stato di Eccezione, 2003
- La potenza del pensiero. Saggi e conferenze, 2005
- Profanazioni, 2005
- Che cos'è un dispositivo?, 2006
- Ninfe, 2007
- Il regno e la gloria. Per una genealogia teologica dell'economia e del governo. Homo sacer. Vol 2/2, 2007
- “Elementos para unha teoría da potencia destituínte”, 2014, in Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 4, marzo de 2014. Traducido do italiano por Carlos Lema. Notas de Stephanie Wakefield. Vigo: Euseino? Editores. ISSN 2340-8537.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Agamben, Giorgio. Homo Sacer. El poder soberano y la nuda vida. 1998. Valencia: Pre-Textos. ISBN 84-8191-206-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nota biográfica na web de Euseino? Editores.