Every Best Single+3 é o primeiro álbum recompilatorio de grandes éxitos do grupo de J-Pop chamado Every Little Thing, lanzado ó mercado o 31 de marzo do ano 1999 baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura. O álbum contén tódolos singles lanzados pola banda dende "Feel My Heart" en 1996 ata "Someday, Someplace" en 1999, e ademais inclúe tres novas cancións como agasallo para os fans (por iso o título do álbum ten o “+3”), entre as que destaca a canción "KIMOCHI", que inicialmente ía ser un single máis, pero finalmente só foi usada dentro de comerciais da televisión xaponesa. A canción "(When) Will It Rain" é un instrumental por parte de Ichiro Ito. Tódalas cancións do álbum están ordenadas en forma cronolóxica de acordo a orde nas que foron lanzadas ó mercado.