Eyu shouji
Eyu shouji | |
---|---|
Autor/a | Qiu Miaojin |
Lingua | lingua chinesa |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eyu shouji (chinés tradicional: 鱷魚手記; pinyin: Èyú shǒujì; "Anotacións dun crocodilo") é unha novela da escritora taiwanesa Qiu Miaojin, publicada orixinalmente en 1994. É unha das obras máis representativas da literatura lesbiana da década dos 90 e da literatura taiwanesa recente.[1][2]
Sinopse[editar | editar a fonte]
Eyu shouji é unha colección de oito diarios que conteñen unha narrativa dobre. Os capítulos impares están escritos en primeira persoa na forma de entradas dun diario, e describen a vida universitaria da súa protagonista, Lazi. Ambientada no Taipei dos 80, a novela explora a relación amorosa entre Lazi e unha das súas compañeiras de clase, coa aparición de diversas amizades queer. A través da súa descrición do amor, cunha sincera expresión das emocións, a autora relata as vicisitudes psicolóxicas das persoas homosexuais da época, nunha sociedade dominada polo patriarcado.
Pola súa banda, os capítulos pares están escritos ao xeito de monólogos dun crocodilo antropomorfo, que satiriza a soidade das minorías sexuais nunha sociedade opresiva.
Temas[editar | editar a fonte]
A novela explora o problema da propia identidade, os vínculos emocionais, e o autocoñecemento das lesbianas. Ao longo do libro, Qiu emprega a metáfora do crocodilo para representar ás persoas homosexuais, que deben disfrazarse nunha sociedade dominada pola heterosexualidade.[3] O termo "crocodilo" úsase como sinónimo de lesbiana nos círculos LGBT de Taiwán.[4][5]
Estilo[editar | editar a fonte]
A novela emprega técnicas literarias inspiradas na montaxe cinematográfica, polo que os capítulos están escritos ao modo de escenas dunha película.[6]
Traducións[editar | editar a fonte]
En castelán[editar | editar a fonte]
- Apuntes de un cocodrilo (2020). Tradución directa de Belén Cuadra Mora. Gallo Nero.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Chen, Fang-ming (2011). 台灣新文學史 [Historia da nova literatura taiwanesa] (en chinés). Linking Publishing Company.
- Chi, Ta-wei (2017). 同志文學史:台灣的發明 [Historia da literatura homosexual: unha invención de Taiwán] (en chinés). Linking Publishing Company.
- Chu, Wei-cheng (2001). "《鱷魚手記》導讀" [Introdución a Anotacións dun crocodilo]. Literary Taiwan (en chinés) 39: 161–164.
- Librotea (2020). "Apuntes de un cocodrilo". Librotea.
- Lin, Pei-ling (2011). "依違於中心與邊陲之間─論邱妙津作品中的女同志文化菁英氣質與性別邊緣位置" [As negociacións entre o centro e a periferia: as características da elite cultural e a marxinación de xénero nas obras de Qiu Miaojin sobre a cultura lesbiana]. Journal of Women's and Gender Studies (en chinés) 28: 107–131.
- Sang, Tze-Lan Deborah (2015). 浮現中的女同性戀:現代中國的女同性愛欲 [A lesbiana emerxente: o desexo homosexual feminino na China moderna] (en chinés). National Taiwan University Press.
- Tsai, Chih-chen (2017). "同志悲歌及其純愛:論邱妙津《鱷魚手記》、《蒙馬特遺書》的動物意象、性別政治與情感象徵" [A traxedia dos homosexuais e o amor espiritual: a imaxe animal, a política do xénero e o afecto simbólico en Anotacións dun crocodilo de Qiu Miaojin] (PDF). Journal of National Taichung University of Education: Humanities and Arts (en chinés) 31: 43–57.