Qiu Miaojin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1969 Condado de Changhua, Taiwán |
Morte | 25 de xuño de 1995 (26 anos) París, Francia |
Causa da morte | suicidio, desangramento |
Educación | Universidade de París Universidade Nacional de Taiwán |
Actividade | |
Campo de traballo | Actividade literaria, Prosa, xornalismo, Reportaxe, dirección de cine e psicoloxía |
Lugar de traballo | Francia París |
Ocupación | autora de diarios, psicóloga, realizadora, reporteira, escritora, directora de cinema, xornalista |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables |
Qiu Miaojin (chinés tradicional: 邱妙津; pinyin: Qiū Miàojīn), nada o 29 de maio do 1969 e finada o 25 de xuño do 1995, foi unha escritora taiwanesa, considerada unha das figuras máis destacadas da literatura lésbica e taiwanesa de finais do século XX.[1][2] Entre as súas obras sobresaen as novelas Eyu shouji 鱷魚手記 ("Anotacións dun crocodilo") e Mengmate yishu 蒙馬特遺書 ("Cartas póstumas dende Montmartre").[3]
Biografía
[editar | editar a fonte]Qiu Miaojin naceu o 29 de maio de 1969 en Changhua, no oeste da illa de Taiwán.[1] Estudou no Instituto de Mulleres de Taipei, unha institución privada de elite. Posteriormente, graduouse en Psicoloxía pola Universidade Nacional de Taiwán.[1] En 1994, trasladouse a Francia para cursar un posgrao en Psicoloxía clínica na Universidade de París VIII.[1] Alí, estudou coa filósofa feminista Hélène Cixous (1937-).[4]
Recibiu diversos galardóns, como o Central Daily News Short Story, de relato curto, ou o premio de novela da United Literature Association.[1]
O 25 de xuño de 1995, logo de rematar o manuscrito da súa derradeira novela, Qiu suicidouse cravando un coitelo no peito.[4][5]
Obra
[editar | editar a fonte]A novelística de Qiu Miaojin está inspirada no cinema experimental, ao que a autora tamén se dedicou. Así, as escenas das súas obras non seguen unha orde secuencial, e moitas imitan o modelo das secuencias dunha película. Neste sentido, Qiu afirmou o seguinte do seu último libro: "Os lectores poden comezar por onde queiran. A única conexión entre os capítulos é o marco temporal no que foron escritos".[5]
Eyu shouji ("Anotacións dun crocodilo") é unha sátira política con elementos autobiográficos, que tamén se inspira en efectos de montaxe surrealistas. A novela explora temas como a lesbofobia, a normatividade de xénero ou o capitalismo. Publicada en Taiwán no ano 1994, en medio dun pánico nos medios de comunicación en relación co lesbianismo, a obra converteuse nun símbolo da comunidade LGBT no país.[2]
Pola súa banda, Mengmate yishu ("Cartas póstumas dende Montmartre"), publicada postumamente en 1995, é unha serie de notas de suicidio ordenadas de xeito aleatorio.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Qiu, M. (2018). Cartas póstumas desde Montmartre. Tradución ao castelán de Belén Cuadra. Gallo Nero.[6]
- Qiu, M. (2020). Apuntes de un cocodrilo. Tradución ao castelán de Belén Cuadra. Gallo Nero.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Qiu Miaojin – Gallonero" (en castelán). Consultado o 2023-12-03.
- ↑ 2,0 2,1 "Qiu Miaojin". Making Queer History (en inglés). 2022-01-30. Consultado o 2023-12-03.
- ↑ Imparcial, El. "Qiu Miaojin: Apuntes de un cocodrilo". El Imparcial (en castelán). Consultado o 2023-12-03.
- ↑ 4,0 4,1 "Missive Impossible". www.bookforum.com (en inglés). Consultado o 2023-12-03.
- ↑ 5,0 5,1 "The Death of the Author". Los Angeles Review of Books. 2016-01-23. Consultado o 2023-12-03.
- ↑ "Cartas póstumas desde Montmartre – Gallonero" (en castelán). Consultado o 2023-12-26.
- ↑ "Apuntes de un cocodrilo – Gallonero" (en castelán). Consultado o 2023-12-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 邱妙津 (La literatura china traducida en España)