Farruco Sesto Novás
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco de Asís Sesto Novas 11 de outubro de 1943 (81 anos) Vigo, España |
Ministro Ministerio do Poder Popular para a Cultura | |
2005 – 2008 | |
Actividade | |
Ocupación | político, escritor, arquitecto |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Xosé Sesto |
Francisco de Asís Sesto Novás, nado en Vigo o 14 de outubro de 1943, é un arquitecto, político e escritor galego. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2011[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Neto do pedagogo Juan Novás Guillán, e fillo do intelectual galeguista Xosé Sesto, emigrou coa familia a Venezuela con 18 anos, onde estudou arquitectura. Foi profesor da Cátedra de Deseño na Escola de Arquitectura da Universidade Central de Venezuela. Foi Director Xeral Sectorial de Ordenamento Urbano do Ministerio de Infraestrutura e Director Xeral Sectorial de Planificación, Presidente do Instituto do Patrimonio Cultural e Director do Fondo Nacional de Desenvolvemento Urbano. En 2003 foi nomeado Viceministro de Cultura e Presidente do Consello Nacional da Cultura. Foi Ministro de Cultura de Venezuela ata xuño de 2008 e volveu ser nomeado ministro en febreiro de 2010.
Moi vinculado á esquerda venezolana, mantivo estreitos lazos co nacionalismo galego, especialmente coa UPG, asumiu a representación deste partido en Venezuela cando Celso Emilio Ferreiro regresou a Galicia.[Cómpre referencia] Tamén tivo un papel salientábel na literatura galega con poemarios como: Da estrela e da fouce (1967), UPG poemas (1973), Por unha muller (1976), Porta Aberta (1976) e Arte Poética. Poema de Amor a Rosalía (1985).
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Da estrela e da fouce, 1967, Santiago de León de Caracas.
- UPG poemas, 1973, edición do autor, Venezuela.
- Por unha muller, 1976, edición do autor, Venezuela.
- Porta aberta, 1976, edición do autor, Venezuela.
- Arte Poética. Poema de Amor a Rosalía, 1985, Caracas. Edición bilingüe galego-castelán.
- Isolda, 1990, Sotelo Blanco.
- Pequenos encontros, as marcas deixadas. Obra poética reunida (1967-1995), 2010, Espiral Maior.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Ensayo poético-tendencioso acerca del color y la finalidad y las circustancias de una muerte en la montaña, 1968, edición do autor, Caracas.
- Apócrifos sobre la unidad, 1980, edición do autor, Venezuela.
- La más nueva poesía de Venezuela, 1981, Venezuela.
- Relación de pérdidas, 1982, edición do autor, Caracas.
- Una pasión, 1987, Caracas.
- Libro de la luna interior (poemas, 1967-1995), 1995, edición do autor, Venezuela.
- Desnudo el tuyo, tan hermoso y, para nosotros, necesario (dibujos y poemas), 1997, Fondo Editorial Asamblea Legislativa del Estado de Miranda, Venezuela.
- Estudio de la mirada, la presencia, la belleza, la necesidad, el deseo, la desolación y la resurrección, 2002, Instituto de Cultura del Estado de Cojedes, Venezuela.
- Fatigas y fulgores, 2003, edición do autor, Venezuela.
- Dibujos con la cabeza en otra parte y diez poemas, 2006, edición do autor, Venezuela.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Una pasión, 1990.
- La clase, 2007.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Por qué soy chavista, 2002, Venezuela. Traducido ao galego por Xurxo Martínez Crespo en 2013 como Por que son chavista?[2]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- La más nueva poesía en Venezuela: antología, Ediciones del Agua Mansa. Coeditor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Membros correspondentes da RAG
- ↑ "Por que son chavista? : as seis bandeiras sobre o outeiro cultural". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Farruco Sesto Novás |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Sesto Novás, Francisco de Asís". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 242.
- "Sesto Novás, Francisco". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 414. ISBN 84-7492-465-0.
- Monteagudo Romero, Henrique (1985) "Dez anos de poesía galega". Grial. Revista galega de cultura: Tomo XXIII, núm. 89. Editorial Galaxia.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 561-562. ISBN 84-8288-019-5.