Felipe Romero Donallo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1850 valor descoñecido |
Morte | 27 de maio de 1923 (72/73 anos) Santiago de Compostela, España |
Gobernador civil da provincia da Coruña | |
1902 – ← Fernando Soldevilla | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Premios | |
Felipe Romero Donallo, nado en 1849 ou 1850[2] e finado en Santiago de Compostela o 27 de maio de 1923[3], foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro do Partido Liberal vinculado a Montero Ríos, foi concelleiro en Santiago de Compostela (1885-1889)[4], deputado provincial, deputado polo distrito de Corcubión (1893-1896 e 1898-1899) e polo da Coruña (1905-1907 e 1907-1910) e senador pola provincia da Coruña (1910-1911). O 13 de febreiro de 1902 foi nomeado gobernador civil da Coruña, posto no que permaneceu uns meses, ata o 11 de decembro. Máis adiante, renunciou á acta do Senado en 1911 logo de ser nomeado por segunda vez gobernador civil da Coruña, cargo que desempeñou entre o 19 de novembro de 1910 e o 3 de xullo de 1913. No 12 de maio de 1911 presentou a súa dimisión por considerar que fora pouco defendido no Congreso dos Deputados de España tras unha interpelación do deputado José Lombardero Franco[5]. Non obstante, a dimisión non lle foi aceptada[6].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Javiera Nieto Rodríguez. Finou no número 1 da rúa Carreira do Conde de Santiago de Compostela.
Títulos e distincións
[editar | editar a fonte]Cabaleiro da Orde de Carlos III[7]. Foille concedida a Gran Cruz do Mérito Agrícola en marzo de 1910[8].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vida Gallega, 20-4-1919, p. 19.
- ↑ El Compostelano, 28 de maio de 1923. Ao seu falecemento contaba 73 anos de idade.
- ↑ Morreu a causa dunha "bronquitis crónica".
- ↑ BARRAL MARTÍNEZ, Margarita: A administración local en Compostela na era monterista. Foi simple rexedor de Santiago do 1 de xaneiro de 1885 ao 31 de marzo de 1887, e tenente de alcalde 2º do 1 de xullo de 1887 ao 31 de outubro de 1889.
- ↑ ABC, 13 de maio de 1911.
- ↑ El Correo de Galicia, 18-5-1911, p. 2.
- ↑ DE CÁRDENAS PIERA, E.: Propuestas, solicitudes y decretos de la Real y Muy Distinguida Orden de Carlos III.
- ↑ Gaceta de Galicia, 3 de marzo de 1910.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barral Martínez, Margarita (2006). Escola Galega de Administración Pública (EGAP), ed. A administración local en Compostela na era monterista (PDF). Monografías 05. Santiago. p. 86. ISBN 978-84-453-4402-6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de novembro de 2017. Consultado o 01 de novembro de 2018.