Ferdinand Maria von Senger und Etterlin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xuño de 1923 Tubinga, Alemaña |
Morte | 10 de xaneiro de 1987 (63 anos) Ühlingen-Birkendorf, Alemaña (pt) |
Actividade | |
Ocupación | career soldier (en) , xurista |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Conflito | segunda guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Ebba von Keudell (1946–) |
Fillos | Marina von Senger und Etterlin |
Pais | Fridolin von Senger und Etterlin e Hilda Margaretha von Kracht |
Premios | |
Ferdinand Maria Johann Fridolin von Senger und Etterlin, nado o 8 de xuño de 1923 en Tübingen e finado o 10 de xaneiro de 1987, foi un militar do exército alemán da Wehrmacht nazi na Segunda guerra mundial, xeneral da Bundeswehr da RFA, e Comandante en xefe das Forzas Aliadas da OTAN en Europa Central (AFCENT). Tamén foi xurista civil no servizo federal alemán e autor de numerosos libros sobre temas militares.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]Senger und Etterlin naceu no seo dunha familia con máis de 250 anos de tradición militar. O seu pai, Fridolin von Senger und Etterlin, moi condecorado antes da Primeira guerra mundial, serviu como oficial da Wehrmacht na Segunda guerra mundial ao servizo da Reichswehr e acadou o grao de Xeneral das Panzertruppe ("tropas blindadas").[1] A súa nai, Hilda Margarethe von Kracht, era filla do xeneral prusiano Ernst Alexander von Kracht.
En 1946 casou con Ebba von Keudell; tiveron tres nenos e unha nena.[2]
Wehrmacht 1940–1945
[editar | editar a fonte]Senger und Etterlin comezou a súa carreira en outubro de 1940 no 3.º Rexemento de Cabalería en Göttingen, comandada polo seu pai. En xuño de 1941, Hitler lanzou a Operación Barbarossa e Ferdinand participou na Batalla de Stalingrado, onde foi ferido e evacuado a Alemaña.
Tras a súa recuperación, ascendido a Oberleutnant, foi asignado ao norte de Italia coa 24ª División Panzer reconstituída. A súa unidade trasladada á fronte oriental, e en outubro de 1943, viuse de novo enfrontándose ao exército soviético, esta vez en Kíiv e na curva do Dnieper. As ofensivas soviéticas empuxaron ás forzas alemás de volta a Romanía; en agosto de 1944, na Segunda batalla de Jassy-Kishinev foi ferido de novo e perdeu o brazo dereito.[1]
Senger und Etterlin foi trasladado ao Oberkommando des Heeres (OKH, Alto Mando do Exército) asignado como axudante persoal do Xeneral Leo Geyr von Schweppenburg. Foi capturado polas forzas estadounidenses ao final da guerra.
Condecoracións da Wehrmacht nazi
[editar | editar a fonte]- Deutsches Kreuz en ouro [1]
- Panzervernichtungsabzeichen
- Nahkampfspange en prata
Vida civil 1945–1956
[editar | editar a fonte]Despois do período como prisioneiro de guerra, Senger und Etterlin foi liberado e comezou a estudar Dereito na Universidade de Göttingen, continuando máis tarde en Zúrich e na Universidade de Oxford (bolsa Rodhes)[3] seguindo os pasos do seu pai. En 1951 doutorouse en Dereito coa tese The State Party: a Comparison Between the Weimar and the Bonn Constitutions e foi nomeado para a Bundesamt für Verfassungsschutz ("Oficina Federal para a Protección da Constitución").
Bundeswehr 1956–1979
[editar | editar a fonte]Foi reactivado para o servizo militar coa Bundeswehr en marzo de 1956, nun grupo de traballo en cuestións de intelixencia militar relativas ás forzas armadas do Pacto de Varsovia. Despois participou en operacións da Panzerlehrbrigade 9 en Munsterlager e nun estudo do Exército sobre tácticas e planificación nucleares. En 1964, volveu como comandante do Panzerlehrbataillon 94, recibindo experiencia práctica sobre o tanque Leopard e fíxose coñecido como experto en tanques.[4]
Primeira asignación da OTAN
[editar | editar a fonte]Despois da conclusión do seu adestramento no Colexio de Defensa da OTAN en Roma, Senger und Etterlin serviu na oficina de planificación do Grupo de Exércitos do Norte (NORTHAG) en Mönchengladbach, traballando na integración e coordinación de holandeses, británicos, belgas, etc. e unidades das forzas armadas alemás.
Ascenso a Xeneral
[editar | editar a fonte]Despois dun breve intervalo en Hemer recibiu ordes de presentarse ao Estado Maior do Exército en Bonn, e foi ascendido ao rango de Xeneral de brigada o 30 de setembro de 1970. Máis tarde, despois dun ascenso a Generalmajor, asumiu o mando do Distrito de Defensa 5, nas proximidades de Stuttgart. Coordinou as principais formacións aliadas da OTAN co exército da RFA e desenvolveu plans para mobilizar rapidamente aos reservistas.
En xullo de 1974, asumiu o mando da 7ª División Panzer, estacionada en Unna. Na primavera de 1978 foi ascendido ao rango de Generalleutnant e asignado como xeneral comandante do I Corpo da Bundeswehr en Münster.
Comandante en Xefe da AFCENT
[editar | editar a fonte]O 1 de outubro de 1979, Senger und Etterlin foi ascendido a xeneral substituíndo a Franz-Joseph Schulze como comandante en xefe das Forzas Aliadas de Europa Central da OTAN. Os acontecementos políticos e militares da Guerra fría levaron á planificación en 1980 do "Programa de defensa a longo prazo" e incluíu a creación de forzas de reserva europeas.[5]
Retirouse o 30 de setembro de 1983.
Senger morreu o 10 de xaneiro de 1987 en Ühlingen, Baden-Württemberg, rodeado da súa familia.
Obra
[editar | editar a fonte]- Die 24. Panzer-Division 1939-1945. Vormals 1. Kavallerie-Division, Nebel Verlag, ISBN 3-89555-186-4
- Die deutschen Panzer 1926 - 1945, Bernard & Graefe, ISBN 3-7637-0185-0
- Die deutschen Geschütze 1939-1945, Bernard & Graefe, ISBN 3-7637-5989-1
- Panzer der Bundeswehr und ihrer Verbündeten, Athenäum-Verlag 1958
- Soldaten zwischen Rhein und Weser, Verlag Wehr u. Wissen, ISBN 3-8033-0287-0
- Der Gegenschlag, Vowinckel-Verlag
- Die Kampfpanzer von 1916 - 1966, Bernard & Graefe, ISBN 3-7637-6221-3
- Taschenbuch der Panzer. Jg. 1. 1943 - 1954; Taschenbuch der Panzer. Jg. 2. 1943 - 1957; Taschenbuch der Panzer. Jg. 3. 1960; Taschenbuch der Panzer. Jg. 4. 1969
- Das kleine Panzerbuch, Lehmann
- Der sowjetische mittlere Kampfpanzer der Baureihe T-34 bis T-62, Lehmann
- Pionierpanzer, Bernard & Graefe, ISBN 3-7637-0575-9
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Some of the troops held at Special Camp 11: General der Panzertruppe Fridolin von Senger und Etterlin" Arquivado 30 de marzo de 2010 en Wayback Machine. British website about Island Farm Prisoner of War Camp. Retrieved July 4, 2010
- ↑ Marriage of Marina von Senger and Lt.-Col. Thomas Richard Hamilton-Baillie
- ↑ "Saxon Sniper, Oxford Alumni" Arquivado 29 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. Great War Forum (28 de abril de 2007). Consultado o 4 de xullo de 2010
- ↑ Bonns "Wunderpanzer: Nur bedingt kampfbereit" Spiegel Online (26 de decembro de 1977). Consultado o 4 de xullo de 2010
- ↑ Richard F. Timmons, "Lessons From The Past For NATO" (PDF) Parameters – Journal of the US Army War College Vol. XIV, No. 3. Consultado en xullo de 2010
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ferdinand Maria von Senger und Etterlin |