Fernando García Cadiñanos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1968 (56 anos) Burgos, España |
Bispo de Mondoñedo-Ferrol | |
1 de xullo de 2021 – ← Luis Ángel de las Heras Berzal Diocese: Diocese de Mondoñedo-Ferrol | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Facultade de Teoloxía do Norte de España Pontificia Universidade Gregoriana |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2021–), sacerdote católico (1993–) |
Consagración | Julián Barrio |
Fernando García Cadiñanos, nado en Burgos o 7 de maio de 1968, é un sacerdote católico español, bispo de Mondoñedo-Ferrol.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia e formación
[editar | editar a fonte]Fillo menor dunha familia sinxela e numerosa, ingresou no seminario menor de Burgos, onde cursou os estudos secundarios obrigatorios e o bacharelato. Continuou no seminario maior da diocese obtendo o grao de bacharel en Teoloxía e a licenciatura en Teoloxía Dogmática pola Facultade de Teoloxía do Norte de España. Foi diácono na parroquia de Briviesca onde mantivo unha gran relación con grupos xuvenís da parroquia como os MEN-GUIS, e que conservou despois.[2]
Sacerdote
[editar | editar a fonte]Recibiu a ordenación sacerdotal na igrexa do Carmen de Burgos o 26 de xuño de 1993. Desenvolveu o seu labor pastoral inicialmente en Aranda de Douro, como vigairo parroquial da parroquia de Santa Catalina desde 1993 a 1997. Ao mesmo tempo foi delegado de Pastoral Obreira entre 1995 e 1997.
En 1997 continuou a súa formación na Universidade Gregoriana de Roma, obtendo a licenciatura en Ciencias Sociais, especialidade en Doutrina e Ética en 2000.
Ao regreso de Roma, foi nomeado párroco de Solarana e outras nove parroquias e desde 2004 encargouse tamén da parroquia de Villalmanzo. Ao mesmo tempo exerceu como secretario do Departamento de Formación Sociopolítica da diocese de Burgos. Desde 2005 a 2014 foi arcipreste de Arlanza e secretario do Consello Presbiteral. De 2014 a 2016 foi párroco da nosa Señora das Neves de Burgos. A partir de 2015 exerceu como delegado diocesano de Cáritas e desde 2016, vigairo xeral e moderador de curia da diocese.[2]
Exerceu a docencia na sede de Burgos da Facultade de Teoloxía do Norte de España, como profesor de Teoloxía Moral Social e como director da aula de Doutrina Social da Igrexa, ditando conferencias, participando en actos e publicando artigos relacionados con Cáritas, Doutrina Social da Igrexa, pensamento do papa Francisco e outros temas da súa especialidade.[3]
Bispo
[editar | editar a fonte]O 1 de xullo de 2021 foi nomeado bispo de Mondoñedo-Ferrol polo papa Francisco. Recibiu a ordenación episcopal o 4 de setembro de mans de Julián Barrio Barrio, tomando posesión á súa vez ese mesmo día da sede mindoniense-ferro Na Conferencia Episcopal Española é, desde marzo de 2024, presidente da Subcomisión Episcopal para as Migracións e Mobilidade Humana.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (10 de julio de 2021). ""Una tarea de servicio y no de poder"". Ecclesia (4.083) (Madrid). p. 11.
- ↑ 2,0 2,1 "Fernando García Cadiñanos, obispo de Mondoñedo-Ferrol". Diócesis de Mondoñedo - Ferrol @mondonedoferrol. Consultado o 2024-05-25.
- ↑ "Fernando García Cadiñanos - Conferencia Episcopal Española" (en castelán). Consultado o 2024-05-25.