Festa Folc de Vilariño
Aparencia
Festa Folc de Vilariño | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | festival de música ![]() | |||
Localización | ||||
Localización | Vilariño ![]() | |||
| ||||
Data | ||||
Fundación | 2000 ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A Festa Folc de Vilariño é un festival de música galega que se celebra na aldea de Vilariño, na parroquia do Hío do concello de Cangas do Morrazo cada ano a finais do mes de agosto.
A primeira edición da Festa Folc foi no ano 2000 e dende aquela teñen pasado polo escenario da praia grupos como Xosé Manuel Budiño, Os Diplomáticos de Monte Alto, Os Cempés, O Jarbanzo Negro, Lamatumbá, A Quenlla, Quempallou ou Ruxe Ruxe. Aínda que en moita menor medida, tamén algún grupo de fóra do país, como Terrakota ou El Combo Linga, ten tocado no festival.
A Festa Folc adoita celebrarse o sábado máis próximo ao día 23 de agosto, San Bertomeu, pois este é un día tradicionalmente festivo na aldea de Vilariño.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Música |