Saltar ao contido

Quempallou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quempallou
Quempallou no Correlingua 2014.
OrixeO Incio, Galicia Galiza
Período1999 - 2016
Xénero(s)Folk galego
Selo(s) discográfico(s)Zouma Records
MembrosRoi Maceda, Guillerme Ignacio, Isaac Millán, Roi Adrio e Rubén Troitiño
Na rede
quempallou.com

Quempallou foi un grupo musical tradicional de folk galego formado por músicos do Incio e das Rías Baixas fundado na primavera de 1999 e disolto no outono de 2016.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Quempallou na Estrada.

Quempallou apareceu na escena musical galega cun proxecto folk que pretende desenvolver os ritmos tradicionais galegos tentando conservar a súa frescura orixinal. Os integrantes de Quempallou, nativos seis deles de Bueu e dous do Incio, teñen dado numerosos concertos en Galiza e Portugal entre os que cómpre salientar algúns no país coma a II Festa Folk de Vilariño (O Hío, Cangas do Morrazo), a Festa do Marisco do Grove, ou o festival organizado pola Amelga (Asociación de Músic@s en Lingua Galega) na compostelá Praza da Quintana a prol da lingua; así coma outros por terras portuguesas, coma a I Xuntança de Gaiteiros de Pinhal Novo, ou o II Festival de Música Tradicional de Macedo de Cavaleiros.

No Outono do 2000 gravaron a súa primeira maqueta, a cal lles permitiría clasificarse para a final do II Certame para Grupos Folk Noveis Radio Obradoiro. Esta final celebrouse o 26 de xaneiro do 2001 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), tendo como xurado a figuras tan importantes do folk en Galiza coma Anxo G. Pintos (Berrogüetto), Uxía Pedreira (ex-Chouteira), ou Óscar F. Sanjurjo (Os Cempés), os cales declararon por unanimidade a Quempallou gañadores do debandito certame. Así mesmo, acadan o 2º premio na final do II Concurso de Música Folk Cuartu los Valles celebrado o pasado 28 de xullo en Navelgas, Tinéu (Asturies), no cal participaron grupos de todo o estado español e Portugal.

Outro punto fundamental da súa música é buscar un estilo moi bailábel para goce tanto dos propios músicos coma do público, sexa da idade que sexa. Deste xeito, Quempallou pódese gabar de facer dos seus concertos unha festa rachada, entre pasodobres, rumbas, muiñeiras, polcas etc. O seu instrumental é fundamentalmente tradicional, só abandonado cando o consideran preciso por algún que outro instrumento alleo, como poden ser o mandocello (buzuki), o piano ou as frautas de bico.

O 25 de outubro de 2016 comunican a través da rede social Facebook a súa disolución despois de 18 anos en activo e 4 traballos orixinais.

Compoñentes

[editar | editar a fonte]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. X.M.P. (25 de outubro de 2016). "Quempallou disólvese após 18 anos de música e festa. “Marchamos ben contentos”". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2016. Consultado o 26 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]