Festa da empanada
Aparencia
A festa da empanada é unha festa gastronómica celebrada en diversos lugares.
Nesta festa, de exaltación da empanada, os participantes levan varias mostras para mostrárllelas ó público. Estas confeccións son tanto de diferentes masas (millo, trigo...) como de diversos contidos (iscos con fetas de touciño, bacallau con pasas, zorza, polo, atún, zamburiñas, xoubas...).
Dada a súa tradición na gastronomía galega, existen varias festas dedicadas a este produto:
- Festa da empanada da Bandeira.
- Festa da empanada de lamprea. Celébrase en abril, en Padrón, normalmente coincidindo co Sábado Santo.
- Festa da empanada de Noia, celebrada a última fin de semana de agosto.
- Romería de Santa Margarita, (A Coruña). Último domingo de agosto. Nela celébrase un importante concurso de empanadas.
- Festa do millo corvo en Meiro (Bueu).
- Festa da empanada de Chantada.