Fondant
Fondant é en repostaría xeral unha pasta feita de almibre mesto e de cor branca, elaborado con azucre cocido a punto de bóla con adición de glicosa, que se emprega como cobertura de doces e pasteis[1].
A pasta obtida é semellante á plastilina, mais comestíbel, polo que é empregada coma recubrimento de certas preparacións como bolos, pasteis, madalenas etc. Na meirande parte dos casos o fondant é unha decoración reposteira.[2] A denominación fondant (que en francés significa: que funde) fai referencia á característica física do recubrimento: que se funda na boca.[3] A forma máis simple de fondant é auga e azucre e é amplamente usada na elaboración de caramelos.
Ingredientes
[editar | editar a fonte]Os ingredientes do fondant son:
- Xelatina sen ou con sabor.
- Auga fría.
- Glicosa.
- Glicerina.
- Manteiga.
- Azucre glas.
- Esencia ou saborizante ao gusto.
Ao fondant sóeselle dar múltiples cores. Para coralo cómpre utilizar corante vexetal en xel.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Un bolo cuberto de fondant representando un kit de costura
-
Camadas de pezas de fondant feitas cun cortador de galletas para proporcionar cor e profundidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Denominación en galego e definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ The Cake Decorator's Motif Bible: 150 Fabulous Fondant Designs with Easy-to-Follow Charts and Photographs, (2007), «The Cake Decorator's Motif Bible: 150 Fabulous Fondant Designs with Easy-to-Follow Charts and Photographs», Firefly Books, ISBN 1-55407-281-6
- ↑ Marion Harris Neil, (2008), «Candies and Bonbons and How to Make Them», BiblioLife
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fondant |