Saltar ao contido

Fontismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira do Reino de Portugal entre 1830 e 1910
Serie
Historia de Portugal
Portugal na prehistoria
Portugal prerromano
Romanización: Lusitania e Gallaecia
Visigodos e Suevos
Dominio árabe e a Reconquista
Condado Portucalense
Independencia de Portugal
Dinastía de Borgoña
Crise de 1383-1385
Dinastía de Avis
Descubrimentos e Expansión Portuguesa
Imperio portugués
Crise sucesoria de 1580
Dinastía Filipina
Restauración da Independencia
Dinastía de Braganza
Terremoto de Lisboa de 1755
Guerra Peninsular
Revolución Liberal (24/08/1820)
Vilafrancada e Abrilada
Guerras liberais
Convención de Évora-Monte
Revolución de Setembro,
Revolta dos Marechais e Patulea
Rexeneración e Fontismo
O mapa cor-de-rosa e o ultimato británico
Revolución do 5 de outubro de 1910 e Proclamación da República
Goberno Provisorio
I República
Ditadura militar e o Estado Novo
Guerra de Ultramar
Revolución dos Caraveis
III República
Por tópico
Historia militar
Historia diplomática
Historia cultural
Categoría: Historia de Portugal

Fontismo é o nome que recibe o período posterior á Regeneração, entre 1868 e 1889, e a consecuente redución, aínda que temporal, da crónica inestabilidade política na que se sumira a monarquía constitucional portuguesa.[1]

Características

[editar | editar a fonte]
Fontes Pereira de Melo.

O período estivo marcado polas actuacións de fomento da obra pública e un intento de modernización das infraestruturas do país. O nome de fontismo deriva do nome de Fontes Pereira de Melo, a principal figura política da época, que estivo á fronte de dous gobernos: o primeiro que comezou o 13 de setembro de 1871; e o segundo dende o 29 de xaneiro de 1878 ata o 22 de xaneiro de 1887, data da súa morte.

O ambicioso programa de obras públicas iniciado naquel momento, coa construción de pontes, estradas e o inicio da construción da rede ferroviaria portuguesa, financiouse fundamentalmente mediante préstamos externos, en particular dos bancos ingleses, que acabarían provocando o colapso financeiro, e despois a política de goberno, co conseguinte retorno á inestabilidade.

Foi un período de crecemento que evitou que Portugal quedara aínda máis atrás doutros países europeos, despois das guerras liberais e da Patuleia e o período de grande inestabilidade política e militar que lle seguiu. O fontismo foi tamén un conxunto de medidas adoptadas por Fontes Pereira de Melo para mellorar os transportes e as comunicacións, co obxectivo de desenvolver a agricultura, o comercio e a industria.

Notas

  1. Sardica, José Miguel (2021-05). O Fontismo. Lisboa: Universidade Católica Editora. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]