Fran Herbello
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 ![]() Argovia, Suíza ![]() |
![]() |
Fran Herbello, nado en Menziken (Suíza) en 1977, é un fotógrafo español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1978 trasladouse coa súa familia a Aldán. Estudou na facultade de Belas Artes de Pontevedra, licenciándose en 2000. Nese mesmo ano publicou o seu primeiro libro, A imaxe e semellanza, e o Centro de Estudos Fotográficos organizou unha exposición itinerante do mesmo nome.
Participou en exposicións colectivas coma "Imaxes maiores" ou "Poéticas fotográficas en la era digital. Nifomanías-Infomanías". Esta última foi exposta en centros como o Centro cultural Conde Duque, Madrid 2002, na feira ARCO do 2002 ou na Galería Berini de Barcelona.
Fotografías súas foron incluídas no libro BLINK. 100 Photographers, 10 Curators, 10 Writers, publicado pola editorial Phaidon (Nova York, 2002).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Folleto informativo da exposición "Mal de Corpo". Fundación Gonzalo Torrente Ballester, Santiago de Compostela 2005.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista a Fran Herbello por Xosé Manuel Lens
- Zonezero
- Alternative MuseumArquivado 17 de abril de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Sitio Web de Fran Herbello (en galego)