Saltar ao contido

Argovia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaArgovia
Aargau (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoRío Aar Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°24′N 8°06′L / 47.4, 8.1
Estado federadoSuíza Editar o valor en Wikidata
CapitalAarau Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación678.207 (2018) Editar o valor en Wikidata (483,13 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.403,77 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude382 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoGeissfluegrat (en) Traducir (908 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Rin (260 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1803 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoGrand Council of Aargau (en) Traducir , (Escano: 140) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2CH-AG Editar o valor en Wikidata
Código NUTSCH033 Editar o valor en Wikidata

Sitio webag.ch Editar o valor en Wikidata
Facebook: kantonaargau Twitter: kantonaargau Instagram: kantonaargau Flickr: 74692776@N08 BNE: XX5443436 Editar o valor en Wikidata

Argovia (en alemán: Aargau, en francés: Argovie, en italiano: Argovia, en romanche: Argovia) é un cantón de Suíza, localizado no norte do país, facendo fronteira con Alemaña. Nos seus 1404 km² viven 581.562 habitantes, divididos en 232 concellos, Aarau é a súa capital. É un dos cantóns menos montañosos de Suíza, xa forma parte dun gran val ao norte dos Alpes e ao leste da cordilleira do Xura, comprendendo a parte baixa do río Aare, que lle dá o nome ao cantón, que significa Distrito do Aare. Forma parte oficialmente da confederación dende 1803.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A área total do cantón é de 1.404 km², a poboación é de preto de 581.562 habitantes (2007). A súa capital é Aarau. Limita ao norte con Alemaña, ao oeste co semicantón de Basilea-Campo, o cantón de Soleura e o cantón de Berna, ao sur co de Lucerna e ao leste cos cantóns de Zürich e Zug.

O cantón de Argovia é un dos menos montañosos de Suíza e forma parte da meseta suíza, un gran val ao norte dos Alpes e ao leste da cordilleira do Xura, sobre a cal se levantan pequenos outeiros. No cantón de Argovia áchanse as famosas fontes sulfuradas de Baden, mentres que en Rheinfelden atópanse as fontes salinas. En Brugg están as ruínas do castelo dos Habsburgo.

No século XV, a rexión foi gobernada polos Habsburgo, estes tiñan o seu centro de poder na rexión de Argovia, polo que aínda hoxe pódense atopar varios castelos, todos pertencentes a esa casa, así como varios ex-conventos.

En 1415 a rexión de Argovia foi gañada polos confederados aos Habsburgo. Berna obtén a parte suroccidental (Zofingen, Aarburg, Aarau, Lenzburg e Brügg). Algúns distritos chamados Freie Ämter ou Administración libre (Mellingen, Muri, Villmergen e Bremgarten) xunto con Baden pasaron a ser gobernados polos confederados. En 1798 a porción bernesa convértese no cantón de Argovia e o resto formou o cantón de Baden. En 1803, as dúas metades uníronse como cantón de Argovia, o cal se converteu nun membro de pleno dereito da Confederación. En 2003 o cantón celebrou o seu segundo centenario de existencia.

Economía

[editar | editar a fonte]

As terras do cantón de Argovia son as máis fértiles de Suíza. A cría de gando vacún, o cultivo de cereais e froitas son as principais actividades do cantón. A industria está tamén moi desenvolvida, particularmente no sector da enxeñaría eléctrica, os instrumentos de precisión, a produción de aceiro, ferro e cemento.

O cantón conta cunha central nuclear en Beznau. Un número significativo de persoas traspasan o cantón cada día para dirixirse ao centro financeiro e económico da cidade de Zürich, que se atopa moi preto das fronteiras do mesmo.

Concellos

[editar | editar a fonte]
Distritos do cantón de Argovia
Vista de Wettingen
Cidade vella de Aarau

O Cantón de Argovia ten un total de 232 municipalidades. As cidades e municipios máis importantes son:[1]

Distritos

[editar | editar a fonte]

O Cantón de Argovia conta actualmente con once distritos:

O idioma oficial do cantón é o alemán, máis outros idiomas son falados:[cando?]

Relixión

[editar | editar a fonte]

As relixións máis seguidas do cantón son:[cando?]

  1. Datos de poboación de 31 de decembro de 2008

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]