Cantón de Sankt Gallen
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza ![]() | ||||
Capital | Sankt Gallen ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Rheintal Constituency (en) ![]() Rorschach Constituency (en) ![]() Sarganserland Constituency (en) ![]() See-Gaster Constituency (en) ![]() St. Gallen Constituency (en) ![]() Toggenburg Constituency (en) ![]() Werdenberg Constituency (en) ![]() Wil Constituency (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 507.697 (2018) ![]() | ||||
Lingua oficial | Swiss High German (en) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.030,75 km² ![]() | ||||
Altitude | 668 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Ringelspitz (en) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Lago Constanza (395 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1803 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Cantonal Council of Sankt Gallen (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CH-SG ![]() | ||||
Código NUTS | CH055 ![]() | ||||
Sitio web | sg.ch ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |

O cantón de Sankt Gallen (en alemán: Sankt Gallen, francés Saint-Gall, italiano San Gallo, romanche: Sogn Gagl) é un cantón suízo. Atópase no nordeste de Suíza, ten unha superficie de 2.026 km.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O cantón está situado no nordeste de Suíza, limita ao norte co Lago Constanza (Bodensee). Ao leste áchase o val do Rin. Á beira contrario deste atópanse Austria e Liechtenstein. Ao sur limita cos cantóns de Grisóns, Glaris e Schwyz. Ao oeste áchase o cantón de Zürich e ao norte o cantón de Turgovia.
Os dous cantóns de Appenzell Interior e Appenzell Exterior están rodeados completamente polo territorio do cantón de Sankt Gallen.
Historia
[editar | editar a fonte]O cantón de Sankt Gallen está constituído polos territorios adquiridos pola abadía de Sankt Gallen co pasar dos séculos. Formou parte do cantón de Säntis durante a época da República Helvética. Isto só foi posible logo de haber secularizado a Abadía en 1798. En 1803 a rexión uniuse á Confederación Suíza como cantón de Sankt Gallen. A constitución cantonal foi introducida en 1890.
Economía
[editar | editar a fonte]A actividade agrícola consiste basicamente na cría de gando e a produción de queixos na área da montaña. Na planicie predomina a produción de froitas e viños, aínda que existe tamén a gandería.
A industria cantonal comprende: óptica, pirotécnica, química e farmacéutica. O turismo desempeña un papel importante en moitos lugares de vacacións, como as fontes termais de Bad Ragaz e un gran número de estacións de inverno.
Ingresos (en millóns de CHF): 18 347 fr
Distritos
[editar | editar a fonte]O cantón estaba subdividido en quince distritos, pero a partir de xaneiro de 2003 repartiuse en oito circunscricións electorais:
- Rheintal (corresponde á fusión dos distritos de Oberrheintal e Unterrheintal)
- Rorschach (corresponde ao distrito de Rorschach)
- distrito de Sankt Gallen (corresponde á fusión dos distritos de Sankt Gallen e Gossau)
- Sarganserland (corresponde ao distrito de Sargans)
- See-Gaster (corresponde aos distritos de See e Gaster)
- Toggenburg (corresponde aos distritos de Untertoggenburg, Alttoggenburg, Obertoggenburg e Neutoggenburg)
- Werdenberg (corresponde ao distrito de Werdenberg)
- Wil (corresponde aos distritos de Wil e Untertoggenburg)
Cidades
[editar | editar a fonte]Cidades do cantón (con máis de 10.000 habitantes):
- Sankt Gallen (70.000)
- Jona (17.061)
- Gossau (16.941)
- Wil (16.443)
- Uzwil (11.997)
- Altstätten (10.372)
- Buchs (10.255)