Saltar ao contido

Cantón de Glarus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCantón de Glarus
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°59′N 9°04′L / 46.98, 9.07
Estado federadoSuíza Editar o valor en Wikidata
CapitalGlarona (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación40.403 (2018) Editar o valor en Wikidata (58,96 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie685,3 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude472 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoTödi (en) Traducir (3.612 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoLinth (en) Traducir (412 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1352 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoLandsgemeinde Glarus (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2CH-GL Editar o valor en Wikidata
Código NUTSCH051 Editar o valor en Wikidata

Sitio webgl.ch Editar o valor en Wikidata
Facebook: kantonglarus Twitter: kantongl Instagram: kantonglarus LinkedIn: kanton-glarus Youtube: UC1gU0fsrXY9QtJgmSp7xmbQ Editar o valor en Wikidata

Glarus é un cantón de Suíza, a súa capital é Glarus. A superfie do cantón é de 685 km² e a poboación de 38.500 habitantes. A lingua oficial é o alemán e hai unha minoría do 6.8% de lingua italiana. O 42% da poboación é protestante e o 37% católica.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Mapa do Cantón de Glarus.

O cantón limita ao norte e ao leste co cantón de Sankt Gallen, ao sur cos Grisóns, e ao oeste cos cantóns de Uri e Schwyz.

O cantón de Glarus está dominado polo profundo val do río Linth. Gran parte do seu territorio é montañoso. O punto máis alto do cantón é o pico Tödi, con 3.614 m, situado nos Alpes Glaroneses. No norte do cantón está o lago de Walen (Walensee), que fai de fronteira co cantón de Sankt Gallen. A superficie do cantón de Glarus é de 685 km², dos cales preto da metade son considerados produtivos. A silvicultura é un sector importante da economía cantonal.

Os habitantes do val do Linth foron convertidos ao cristianismo no século VII polo misioneiro irlandés San Fridolino, quen fundou o convento de Säckingen, preto de Basilea. A partir do século IX a zona arredor de Glarus pertencía ao convento. En 1288, os Habsburgo reclamaron parte dos dereitos do convento, o que provocou en 1352 a unión de Glarus á Confederación Helvética.

Anverso dunha moeda conmemorativa do festival de tiro de Glarus de 1847 (40 batzen)

Entre 1506 e 1516 o reformador Ulrico Zuinglio foi pastor de Glarus, aínda que non puido pór fin ás desputas entre católicos e protestantes, e en 1564 todos os seus seguidores foran eliminados. Para asegurar a paz, en 1623 cada partido tiña dereito a ter cadansúa Landsgemeinde. Entre 1798 e 1803, durante a República Helvética imposta por Napoleón, Glarus pasou a formar parte do extinto cantón Linth. En 1836 a constitución foi adaptada para unir as asembleas e así poder establecer unha soa Landsgemeinde.

Economía

[editar | editar a fonte]

A xeografía do cantón axudou a fundar moitas tellerías no século XVII. Tamén as montañas circundantes foron unha vantaxe para a industrialización. A industria de filamentos de algodón foi moi importante no século XVIII.

O elevamento bovino de produción casera non foi substituído coa industrialización, sendo aínda o pastoreo na montaña unha actividade importante.

Desde xullo de 2006 o cantón de Glarus está composto por vinte e cinco comunas:

Betschwanden, Bilten, Braunwald, Elm, Engi, Ennenda, Filzbach, Glaris, Haslen, Linthal, Luchsingen, Matt, Mitlödi, Mollis, Mühlehorn, Näfels, Netstal, Niederurnen, Oberurnen, Obstalden, Riedern, Rüti, Schwanden, Schwändi e Sool.